"Anda" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 490.

    1. arento.

    2. ara de madeira suxeita á cabeza do rodicio que xira sobre a pedra fixa, que se utiliza para detectar os puntos nos que esta non está a nivel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nome co que se coñece o pintor Domenico Bigordi. As súas primeiras obras recibiron a influencia de Andrea del Castagno e de Domenico Veneziano; entre outras destacan os frescos da Storie di Santa Fina da colexiata de San Gimignano (1475). Nunha segunda etapa, é notorio o contacto coa obra de A. Verrochio, a influencia de Leonardo da Vinci e o coñecemento da pintura flamenga de Van der Goes en Cenacolo no claustro da igrexa de Ognissanti (1480). Colaborou na Capela Sixtina. En Florencia en 1485 comezou o fresco coa Storie della Virgine e di San Giovanni na capela maior de Santa Maria Novella. Realizou tamén retratos femininos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e xornalista. En Montevideo fundou Revista Española e colaborou con outros medios informativos. Ademais, foi consultor honorario da legación española e fundou o Club Ibérico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte que serve de límite ás parroquias (e concellos) de Eirón (Mazaricos) e Campolongo (Negreira). O seu cumio acada os 422 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao trigo temperán.

    2. Aplícase a unha variedade de mazás.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilarmaior baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio do Principado de Asturias, na comarca do Alto Navia, á beira do río Navia (1.271 h [2001]). Localízase á beira do camiño asturiano de peregrinación a Santiago. En 1945 comezaron as obras de construción do encoro de Salime, que, inaugurado en 1954, asulagou a vila homónima, capital do concello desde 1836 ata daquela.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Coroa tecida con flores e ramas.

    2. Motivo decorativo formado por follas, flores e froitos unidos por cintas de maneira que forman un todo continuo que colga por un dos seus extremos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de Cantabria, situado á beira do encoro do Ebro e no límite coa Comunidade Autónoma de Castela-León (1.877 h [2001]). A capital municipal é Espinilla. Destacan os bosques de faias e carballos e os pastos, que favorecen a gandería. O cultivo de cereais e patacas centra a actividade agrícola. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de Santa María la Mayor de Villacantid, declarada Ben de Interese Cultural (BIC) en 1982, o castelo e a torre medieval de Proaño, declarada BIC en 1984.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade fundada en 1642 como corporación relixiosa e laboral dos mestres. En 1647 aprobáronse as primeiras ordenanzas, que se renovaron en 1703 e 1719. Como gremio profesional e de carácter pedagóxico, obtivo o seu recoñecemento en 1668 e, posteriormente, o Real y Supremo Consejo de Castilla renovou as súas ordenanzas. A Hermandad fundada na Corte tiña categoría de cabeceira respecto a outras filiais. A chegada de Carlos III e, sobre todo, a maior puxanza do Colegio Académico de Profesores Maestros del Noble Arte de las Primeras Letras, do que se aprobaron os estatutos en 1780, aconsellaron a disolución da Hermandad, tamén esixida pola política reformista dos gobernadores do despotismo ilustrado. As funcións principais da Hermandad eran a de propoñer os examinadores de mestres, sinalar os requisitos para o exame de sufficientia e de vita et moribus, propoñer os mestres leccionistas para as escolas e regular as axudas e fondos para a enfermidade e xubilación dos mestres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada en Caracas a partir de 1970 pola Hermandad Gallega de Venezuela e dirixiuna Juan A. Iglesias. Cunha periodicidade irregular, chegou a ter unha tiraxe de 15.000 exemplares. Incluíu información gráfica e escrita sobre as actividades culturais e sociais da Hermandad, reproducións de textos da literatura galega e algunhas viñetas humorísticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultora. Doutora en Belas Artes e catedrática de Escultura na Univesidade de Vigo desde 1998, fundou e dirixiu a revista Aira e foi membro da cátedra Caixanova de Estudios Feministas da Universidade de Vigo. Realizou diversas exposicións en Pontevedra, Madrid, Salamanca e outras cidades e participou noutras colectivas. Ten obra no CGAC de Santiago de Compostela e no Museo de Arte Moderno Salvador Allende de Managua.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tecido fino de liño que se emprega especialmente para facer sabas ou roupa interior.

    2. Augardente obtida por destilación directa de viños puros e sans cunha graduación de 65°.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión occidental dos Países Baixos, dividida en dúas provincias: Holanda Meridional e Holanda Setentrional. Situada á beira do mar do Norte, e cun territorio maioritariamente baixo o nivel do mar, está resgardada por sistemas de cordóns dunares litorais reforzados por diques (polders). É unha das rexións máis intensamente industrializadas e máis densamente poboadas de Europa, con case que 800 h/km2. Antigo territorio dos batavos, que habitaron no territorio comprendido entre o Rin, o Wahal e o Mosa. Incorporouse aos dominios de Carlomagno e durante a Alta Idade Media estaba formado por un conxunto de condados, ducados e dioceses do Sacro Imperio. Considérase que o fundador da dinastía holandesa foi o conde frisio Dirk I, que recibiu os bens da abadía de Egmont en 922. Posteriormente Dirk III, conde de Holanda, fundou a cidade de Dordrecht cara a 1015 e, despois de derrotar ao duque de Lorena, impuxo a recadación de impostos en Mosa e en Waal (1018). Os condes de Holanda...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación inexacta que recibe nalgunhas ocasións o conxunto dos Países Baixos cando se fai referencia ao seu estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Países Baixos (3.446 km2; 3.397.744 h [2000]). A súa capital é A Haia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Países Baixos (4.059 km2; 2.518.354 h [2000]). A súa capital é Haarlem.

    VER O DETALLE DO TERMO