"Apo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 488.

  • Apelido de orixe toponímica formado sobre a base léxica ponte e mais a contracción da, indicadora de lugar de procedencia, residencia ou nacemento do individuo a quen se lle aplicou na súa orixe. Documéntase no s XIII: “Clemenço da Ponte” (doc ano 1281 en Miguel Romaní, A Colección diplomática do Mosteiro Cisterciense de Santa María de Oseira (1025-1399), vol II, 1990-1993, p 1099). Tamén se grafa Da Ponte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor grego. Continuador do espírito de Bizancio, as súas obras mesturan notas autobiográficas con exemplos históricos e míticos. Da súa produción destacan Kathréptēs gynaikōn (O espello das donas) e Kēpos Kharitōn (O xardín das Gracias).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae como armas, en campo de goles, seis vieiras de ouro, postas unha, dúas e tres.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos decápodos.

      1. Crustáceo da orde dos decápodos.

      2. Orde de crustáceos que se caracteriza por presentar cinco pares de patas torácicas das que o primeiro par, e tamén ás veces o segundo, pode presentar no extremo unha pinza. Tamén se distinguen por ter os tres primeiros pares de apéndices do tórax asociados ao aparato bucal. A este grupo pertencen a maioría dos crustáceos, con máis de 10.000 especies, e tamén os de maior tamaño, xa que aínda que algunhas especies de cangrexo chícharo non superan os 2 mm, hai outras -como o cangrexo araña- que supera os 4 m de envergadura. A maior parte dos decápodos son mariños pero existen unhas poucas especies que se adaptaron a vivir en augas salobres de marismas, na auga doce de ríos e lagos, e mesmo algunhas en terra. A división do corpo dos artrópodos en tres partes (cabeza, tórax e abdome) preséntase simplificada a un cefalotórax, produto da fusión nun único escudo da cabeza (que consta de 6 segmentos) co tórax (de 8 segmentos) e un abdome (de 6 segmentos articulados). A casca quitinosa ou calcaria...

      1. Molusco da orde dos decápodos.

      2. Denominación que reciben os moluscos cefalópodos que presentan oito brazos e dous tentáculos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONFEDERACIONS

    Confederación de dez cidades do N de Palestina situadas ao L do Xordán. Creouse trala campaña de Pompeio en Oriente (64 a C - 63 a C) co obxectivo de preservar a cultura helenística e protexerse contra os hebreos e as tribos árabes beduínas e perdurou ata o século II d C. Estaba constituída polas cidades de Damasco, Filadelfia, Rafana, Escitópolis, Gadara, Hippos, Dion, Pella, Gerasa e Canata. O gobernador romano de Siria exercía o control sobre os seus negocios, e as cidades pertencentes á liga tiñan a obriga de prestar servicios militares e pagarlles impostos aos romanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liga de dez cidades constituída en Alsacia no s XIV e formada por Mülhausen, Colmar, Münster, Turckheim, Kaysersberg, Schletsstadt, Oberehnheim, Rosheim, Hagenau e Weissemburg. No s XVI Landau substituíu a Weissemburg. Dividiuse logo da Reforma en tres cidades protestantes, cinco católicas e dúas mixtas, aínda que se mantivo fiel aos Habsburgo. Malia que polo Tratado de Münster pasaron ás mans dos franceses (1648), non se incorporaron dun xeito efectivo á soberanía francesa ata 1679. Durante a Revolución Francesa (1789) integráronse definitivamente en Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Orientalista francés. Escribiu os ensaios La Mésopotamie, les civilisations babylonienne et assyrienne (Mesopotamia, as civilizacións babilonia e asiria, 1923) e Manuel de langue hittite (Manual de lingua hitita, 1929-1933).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Quitar a alguén aquilo que posuía ou do que se apoderara.

    2. Desposuír a alguén do poder ou poderes que posúe sobre algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer baixar as galiñas do poleiro.

    2. Baixar a alguén dun lugar alto.

    3. Baixarse as galiñas do poleiro.

    4. Descender dun lugar elevado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sacar o xugo ao gando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de desapoñer ou desapor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Quitar o capote.

    2. Descubrirse o ceo de nubes.

    3. Quitar alguén o capote que leva posto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica audiovisual que consiste na proxección dunha serie de diapositivas en sincronización co son. Os instrumentos que se usan normalmente son: os proxectores de diapositivas, como medio para presentar as imaxes, e o magnetófono, que serve como soporte do son. A presentación do guión da historia compleméntase coas secuencias ou imaxes que van aparecendo simultaneamente. A clave dun diaporama de calidade radica na integración das diferentes linguaxes que emprega, de tal xeito que non se estorben entre si, nin sexan redundantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos, da subdivisión ascomicotina, que constitúen importantes fitopatóxenos para especies de interese agrícola que se manifestan en cancros vexetais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fotografía positiva realizada sobre un soporte transparente que se pode proxectar coa axuda de aparellos axeitados. Poden ser en cor ou en branco e negro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constitución eclesiástica, de orde práctica ou disciplinaria, escrita durante a primeira metade do s III para uso da comunidade cristiá xurdida do xudaísmo. O autor, quizais un bispo da Siria setentrional, utilizou a Didakhé e outros escritos cristiáns. O orixinal grego perdeuse, pero consérvanse traducións siríacas e unha versión latina incompleta de finais do s IV. O núcleo teórico do libro constitúeo a discusión sobre o valor da lei xudaica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo francés. Profesor na Bibliothèque Royale, especializouse en iconografía cristiá. Entre as súas obras destacan Bulletin archeológique du comité des arts et monuments (Boletín arqueolóxico do comité das artes e monumentos, 1840-1847), Histoire de Dieu, iconographie des personnel divines (Historia de Deus, iconografía de personaxes divinas, 1843) e Manuel d’iconographie chrétienne, grecque et latine (Manual de iconografía cristiá, grega e latina, 1845). Fundou os Annales archèologiques (Anais arqueolóxicos, 1844-1887).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo grego. Discípulo de Anaxímenes, nas súas ideas físicas achegouse a Arquelao, pero destacou pola súa preocupación polas causas das pequenas cousas. Consideraba o aire como elemento primordial e constitutivo de todos os seres tanto animados como inanimados, e outorgoulles unha calidade divina. Levou a doutrina xónica a Atenas e mantivo contactos con Sócrates. Considerado como un dos ateos tradicionais en Atenas, sufriu persecución. Consérvanse algúns fragmentos da súa obra De Natura (A Natureza).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e urbanista grego. Licenciouse como arquitecto e enxeñeiro na Universidade Técnica de Atenas (1935) e doutorouse na Universidade de Charlottenburg, Berlín (1937). Regresou a Grecia e traballou nos planos de reconstrución e desenvolvemento urbanístico do Town Planning. En 1951 fundou a Doxiadis Associated, sociedade dedicada á planificación urbanística de cidades en todo o mundo, entre outras Islamabad e Bagdad. Foi ministro de Desenvolvemento en Bulgaria (1945-1948) e construíu 3.000 novas poboacións de 200.000 habitantes. A súa actividade teórica estaba encaminada ao estudo das instalacións humanas, con métodos científicos que denominou Ekistica. A súa sociedade traballou en España co nome de Dioxiadis Ibérica. Realizáronse programas urbanísticos, entre outros lugares, en Pontevedra, A Guarda e Tui.

    VER O DETALLE DO TERMO