"BRE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 949.

  • ou de Aniano

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Documento do que se coñece a súa edición realizada en Alcalá de Henares ao redor do ano 1520.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Documento do que se coñece a súa edición realizada en Salamanca ao redor do ano 1564.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeiro libro impreso en Galicia, froito dun contrato (120 exemplares) entre o cabido de Santiago e os impresores Juan de Bobadilla e Álvaro de Castro asinado no ano 1483, orixinarios de Burgos e Villasandino, respectivamente. O traballo realizouse en papel fóra de Santiago. En 1497 realizouse outra impresión (1.000 exemplares) da man de Nicolás de Sajonia, en Lisboa, quen fora contratado o 28.7.1496 para realizar este traballo. Coñécese outra edición, a última, realizada en Salamanca en 1569. Rexistráronse oito follas en pergameo no Arquivo Histórico Notarial da Coruña, todas elas con dúas columnas e tres tipos de letra gótica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro no que se inclúen, entre outros, relatos da predicación do apóstolo Santiago na Hispania. Téñense referencias del dende o s VII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Documento impreso posiblemente cara ao ano 1489 ou 1490 do que se conserva un exemplar no arquivo da catedral de Ourense. Foi descuberto por F. J. Norton e Antonio Odriozola en 1960. Este exemplar conservado ten 280 follas en papel, ao que lle faltan 15 follas do principio e dúas do final; con elas desapareceu tamén o ano, lugar e nome do impresor encargado deste incunable. Ten unha tipografía con dous tamaños que tenden a unificarse. Cada folla está dividida en dúas columnas de trinta e cinco liñas, nunha caixa de impresión de 102x153 mm. O papel é groso e de boa fabricación, con filigrana de man e estrela. No seu contido atópase un calendario mes a mes, táboas cronolóxicas, un salterio con himnos, oficio de defuntos e horas da Virxe, un dominical, un santoral e, na parte final, un ritual e un misal, onde se encontran varios exorcismos, fórmulas para bautismo, extremaunción, defunción, prefacios, misa de defuntos, canon da misa e varias misas votivas. Á parte desta impresión, consérvase...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente as brevibacteriáceas.

    2. Bacteria da familia das brevibacteriáceas.

    3. Familia de bacterias da orde das eubacteriais integrada por pequenos bacilos Gram-positivos, curtos e a miúdo pigmentados. Son móbiles, con flaxelos perítricos ou, máis raramente, cun único flaxelo. Poden ser aerobios ou anaerobios facultativos, pero só fermentan os azucres aerobicamente. Viven de forma saprófita no solo, nas augas continentais e no mar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten o talo curto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade do que é breve.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plantas que, nun país determinado, viven só nunha área altitudinal estreita limitada por un desnivel polo xeral inferior a 1.000 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Segundo a biotipoloxía italiana, biotipo dos individuos caracterizados polo feito de teren os membros curtos, o abdome máis desenvolvido ca o tórax, graxa subcutánea abundante e peso notable. Corresponde ao tipo pícnico de Kretschmer.

    2. Individuos que teñen as proporcións corporais curtas con relación ao tipo ideal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten as plumas curtas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten o peteiro curto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mansión citada polo Itinerario de Antonino, na vía XIX de Braga a Astorga, e tamén no Anónimo de Ravenna; aparece mencionada en datas posteriores na Táboa de Peutinger e nas Táboas de barro de Astorga. Localizaríase entre a Ponte Martiae (identificando a mansión cos lugares de Marzán ou Ponte Ferreira) e Asseconia (identificando a mansión con Aixón, Sigüeiro ou A Sionlla). O problema da súa localización vese agravado polas variantes que presentan os códices en canto ás millas que separan Brevis das mansións inmediatamente anterior e posterior. Dependendo dos autores situaríase nas proximidades de Arzúa, na parroquia de Vitiríz ou Vitrís en Melide, ou nalgunha localidade á beira do río Iso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á flor de estilo pequeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Concepto da retórica clásica que supón a expresión concisa dunha idea prescindindo de elementos innecesarios. Nos estudios clásicos de retórica sublíñase a relación entre a brevidade estilística e a sutileza, considerándoa unha virtude do discurso, e recoméndase ao orador a súa aplicación adecuada para non incorrer na escuridade e na incomprensión. A obra de Baltasar Gracián considérase paradigma da brevidade como ideal estilístico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escritura libraria, ás veces semicursiva. De probable procedencia tironiana, foi usada para anotar ás marxes dos manuscritos, e así completalos e corrixilos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador inglés, fillo do tamén pintor H. W. Brewer. Formouse na West-mister Art School e no Real Instituto de Pintores e Acuarelistas. Na súa viaxe a Tanger en 1910 atravesou a Península desde Vigo a Sevilla. Expuxo na Real Academia desde 1888 e en Australia e Nova Zelanda. En 1913 recibiu a medalla de ouro da Real Sociedade das Artes e en 1914 foi elixido membro da Real Institución. Realizou gran número de obras de tema hispánico entre as que salientan: Vigo desde el mar, Catedral de Toledo (1910), Catedral de Córdoba (1910), La Alhambra desde el carro (1910), Catedral de Santiago (1911), Cuenca (1910), Granada (1910), Interior de san Pedro, Ávila (1907) e Panorámica de Segovia (1910).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade de tensión fotoelástica. A tensión fotoelástica é dun brewster se a diferenza de marcha entre as dúas compoñentes da luz que atravesa a substancia fotoelástica, despois de ter percorrido unha distancia de 1 mm, estando esta sometida a unha presión transversal de 105Pa, é dun ángstrom (1B = 10-12Pa-1).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ángulo co que debe incidir un raio de luz sobre unha superficie separadora de dous medios con índices de refracción diferentes para que na luz reflectida non haxa compoñente paralela ao plano de incidencia. Tamén se coñece como ángulo de polarización.

    VER O DETALLE DO TERMO