"Bia" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 440.
-
-
Relativo ou pertencente aos microbios.
-
Que está causado por microbios.
-
-
PERSOEIRO
Príncipe de Serbia (1839-1842 e 1860-1868), fillo pequeno de Miloš I de Serbia. Sucedeu a seu irmán Milan II. Foi asasinado polos sicarios dos Karadjordjević. Sucedeuno o seu neto Milan IV, que se converteu no primeiro rei de Serbia co nome de Milan I de Serbia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Príncipe (Milan IV, 1868-1882) e rei (1882-1889) de Serbia. Pertencía á dinastía dos Obrenović e accedeu ao poder á morte do príncipe Miguel III de Serbia. Despois das guerras con Turquía (1876 e 1877) acadou a independencia no Congreso de Berlín (1878). A súa política autoritaria e impopular provocou a súa abdicación no seu fillo Alexandre I de Serbia en 1889.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Príncipe de Serbia (1815-1839 e 1858-1860). Participou na rebelión contra os turcos (1804-1813) pero despois aliouse con eles e recoñecérono príncipe herdeiro en 1830. Polo seu goberno tiránico tivo que abdicar e retirado en Valaquia, foi novamente proclamado pola Skup~stina (Parlamento) co título de pai da patria.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Medo a estar só e á soidade.
-
GALICIA
Cantautor. Director da produtora Articket. Comezou cantando na Escolanía da Catedral de Santiago, para estudar logo solfexo e guitarra. Foi un artista predisposto a abordar unha arte urbana, cun folk de estilo progresivo con influencias psicodélicas. Formou parte de Voces Ceibes pouco antes de se desfacer como colectivo. Membro da Sociedad General de Autores, do xurado dos Premios da Crítica e dos Premios Reconquista, desde a década de 1990 dedícase á produción musical. Da súa discografía en solitario cómpre salientar Estamos chegando ao mar (1976), Alcabre (1978) e Aluminio (1979).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Comunidade de mozárabes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á variedade de faba que ten pintas.
-
ENTRADA LARGA
Estado do SO de África, que limita co Océano Atlántico ao O, con Angola e Zambia ao N, con Bostwana ao L e coa República Sudafricana ao L e ao S (825.118 km2; 1.788.000 h [estim 2001]). A súa capital é Windhoek.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Atravesado polo trópico e situado na fachada occidental africana, o país está case totalmente comprendido dentro das rexións áridas (zona árida). Paralelo á costa atópase un longo barranco que cae verticalmente desde as terras altas do interior á chaira litoral do deserto de Namib. Pódense distinguir tres zonas en dirección N-S: o Namib, unha zona desértica extremadamente árida que se estende ao longo da costa, ao pé do barranco que o limita coas terras interiores; o altiplano central, entre 1.000 e 2.000 m de altitude, que ten grandes chairas onduladas e algunhas rexións montañosas; e a depresión de Kalahari. O aproveitamento das reducidas precipitacións é escaso a causa da grande evaporación, da irregularidade... -
VER O DETALLE DO TERMO
namibio.
-
-
Relativo ou pertencente a Namibia ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Namibia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Medo esaxerado aos mortos ou á morte.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Temor morboso ante o novo e o descoñecido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Medo obsesivo á escuridade, sobre todo nocturna.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Medo obsesivo ás enfermidades, que a miúdo comporta un exceso de precaucións para evitar posibles contaxios, xeralmente só imaxinarios.
-
REXIÓNS
Rexión de África nororiental que se estende desde a primeira catarata do Nilo ata a cuarta. Dentro dela distínguense a Baixa Nubia (Exipto), somerxida en parte polo lago Nasser, desde a primeira catarata á segunda, e a Alta Nubia (norte de Sudán), desde a segunda catarata ata a cuarta. Na antigüidade faraónica, a primeira recibía o nome de Uauat e a segunda o de Kuš. Para o seu estudo as fontes documentais adoitan ser externas e durante dous milenios (3100?-1080 aC), só se dispoñen de textos exipcios. Ao comezo do s II a C, apareceron os textos en meroítico, máis inaccesibles, xa que aínda non foron descifrados. A historia nubia comeza case ao mesmo tempo que a exipcia, posto que xa desde a dinastía I os faraóns interviñeron na Baixa Nubia ou Uauat. As razóns que moveron aos faraóns a intervir no sur foron comerciais, para adquirir produtos exóticos, como plumas de aves e marfil; militares e mineiras, para conseguir a diorita das canteiras de Toška e o ouro do Uauat e de Kuš. Durante o...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Deserto do NL de África, situado en Sudán (400.000 km2). Esténdese desde o uadi Halfā’, ao N, ata Abū Ḥ amad, ao S, e desde o Nilo, ao O, ata a serra costeira do Mar Vermello, ao L. A parte oriental é pedregosa e de rochas volcánicas, mentres que na occidental abundan as extensións areosas. As precipitacións son escasas.
-
-
Relativo ou pertencente a Nubia, aos seus habitantes ou ás lingua nubias.
-
Natural ou habitante de Nubia.
-
Subgrupo de linguas sudánicas orientais do phylum nilo-sahariano que se falan en Exipto e en Sudán. Á beira do Nilo (nubio do Nilo) fálase o kenuzi-dongola e o mahas; nos outeiros de Nuba (nubio dos outeiros) fálase o midobi e o birked (extinta). Historicamente pódense sinalar tres etapas no desenvolvemento das linguas nubias: o vello nubio, o nubio medio (do s VIII ao principio do s XIV) e o nubio moderno, que se escribe empregando unha forma modificada do alfabeto copto.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Temor esaxerado á dor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade grega de Escitia fundada polos milesios a mediados do s VII a C na costa NO do Mar Negro. Converteuse rapidamente nun núcleo comercial importante grazas ao intercambio de produtos entre gregos e escitas. Caeu en decadencia no s III a C e pasou ao control de Mitridates VI do Ponto, pero en 250 os godos tomárona e destruírona. As escavacións proporcionaron un extraordinario material arqueolóxico do s VII a C e seguintes.