"Dal" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 544.

  • Relativo ou pertencente ás gónadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Etóloga británica. Sen formación universitaria doutorouse en Etioloxía pola Universidade de Cambridge (1965). Desde 1960 traballou cos chimpancés na reserva natural de Gombe (Tanzania), o que lle permitiu demostrar que son animais altamente evolucionados e sociais. Creou o Jane Goodall Institute dedicado á conservación dos chimpancés en África. Recibiu numerosos premios e distincións, entre eles o título de Cabaleiro do Imperio Británico, o de Mensaxeiros da Paz da ONU, a Medalla Benjamin Franklin e o Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica de 2003, este último pola súa contribución á comprensión das raíces do comportamento e a cultura humanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao trigo temperán.

    2. Aplícase a unha variedade de mazás.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilarmaior baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Castela-A Mancha, capital da provincia homónima (68.248 [2001]). Situada no paso natural que comunica a Meseta e o val do Ebro, a proximidade con Madrid converteuna nun satélite industrial desta. De orixes iberos, foi conquistada polos romanos durante as campañas de Sertorio. Foi unha importante poboación musulmá do reino taifa de Toledo, e conquistárona os cristiáns en 1085. Desde o s XV estivo vinculada á casa do Infantado. Do seu patrimonio cultural destacan parte da muralla e ponte musulmana, as igrexas mudéxares de San Gil e Santa Clara (s XIV), a gótica de San Francisco (s XV) e San Ginés, con portada de A. de Covarrubias, e o palacio dos duques do Infantado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Jalisco, México (1.646.319 h [2000]). Está situada no centro-oeste do país, no val de Atemajac, a 1.589 m de altitude. Constitúe o núcleo comercial das tres principais rexións económicas do país: a depresión Chapala, gran produtora de cereais; a Sierra Madre Occidental, importante polos xacementos mineiros, e a costa do Pacífico. Entre 1940 e 1950 a poboación aumentou máis do 65%. Nacida como un núcleo colonial, o río San Juan de Dios divide en dúas partes a cidade, que constitúe o mercado principal do O da República. Ten industrias téxtiles, de alimentación, cerámicas, de pezas do automóbil, etc. Fundada inicialmente por Cristóbal de Oñate en 1529 co nome de Espíritu Santo, foi trasladada ao seu lugar actual en 1542 e convertida na capital do Reino de Nueva Galicia. Trala independencia, pasou a ser a capital do estado de Jalisco. Do seu patrimonio cultural destacan a catedral (1571-1618), as igrexas barrocas de San Francisco e Santa Teresa, o teatro Degollado e o palacio...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Castela-A Mancha (143.124 km2; 174.999 h [1996]). A capital é Guadalajara. A maior parte dos núcleos de poboación localízanse no extremo NL da submeseta meridional. A base da súa economía é de tipo agropecuaria, destacan os cultivos de cereais, legumes, vide, olivo e patacas, e a gandería ovina, caprina, porcina e avícola. Posúe industrias metalúrxicas, de materiais de construción, de transformación, químicas, alimentarias e de electricidade. Foi a provincia española pioneira na produción de enerxía nuclear.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Guadalajara ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Guadalajara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa volcánica do Océano Pacífico, no arquipélago das Salomón (6.470 km2; 60.692 h [1991]). Nela está a capital do estado, Honiara (43.643 h [1996]). Durante a Segunda Guerra Mundial foi escenario de durísimos combates entre os xaponeses e os estadounidenses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado ao S de Sierra Morena, limítrofe cos Llanos de Llerena (3.095 h [1996]). Posúe agricultura (cereais e legumes) e gandería (porcina e caprina). De orixes árabes, no s XVI foron descubertos varios xacementos de ouro e prata, que por causa dunha explotación ineficaz tiveron que ser abandonados no s XVIII. Do seu patrimonio cultural destacan as igrexas da Asunción (ss XIV-XVIII) e a de Santa Ana (s XVI), o convento do Espírito Santo (s XVII) e o hospital do Milagro (s XV).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Andalucía (157 km de lonxitude e 3.088 km2 de conca). Recolle as augas dos regatos de Grazalema (Cádiz) e transpórtaas ata o Atlántico polo Puerto de Santa María (10 m3 de caudal). Nel construíronse os encoros de Bornos e de Arcos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfrontamento militar que sostiveron en xullo do 711 as tropas do rei visigodo Rodrigo e o exército musulmán liderado por Tāriq ibn Ziyād. A vitoria musulmá supuxo a fin do reino visigodo e o inicio da ocupación árabe do territorio peninsular. A localización do lugar do combate continúa a ser moi discutida e os historiadores dubidan en situalo entre o río Barbate, a lagoa de La Janda e a beira do río Guadalete.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Andalucía (116 km de lonxitude e 3.127 km2 de conca). Recolle as augas da depresión de Bobadilla e transpórtaas ata o Mediterráneo, poucos quilómetros ao S de Málaga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Andalucía, afluente do Guadalquivir (144 km). Recibe as augas do Guadalmena e do Guadalén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de Madrid, á beira do encoro de El Vellón, situado na vertente S da serra de Guadarrama (3.533 h [2001]). Fundado en tempos de Afonso X o Sabio, pertenceu entre os ss XIV-XX a Manzanares del Real. Do seu patrimonio cultural destaca a igrexa gótica de San Juan Bautista (ss XV-XVI).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Andalucía, afluente do Guadalquivir pola dereita (103 km). Nace en Sierra Morena e recibe as augas do Guadalbarbo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da Península Ibérica, no límite entre Catalunya e Aragón, afluente do Ebro pola dereita (160 km de lonxitude e 3.399 km2 de conca). Nace en Villarroya de los Pinares, e recibe o Bergantes, preto de Aiguaviva de Bergantes. Desemboca no Ebro, preto de Caspe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Andalucía, colector do gran val que se abre entre a Meseta sur, limitada pola gran falla do pé de Sierra Morena e as cordilleiras béticas (680 km de lonxitude e 57.120 km2 de conca). Nace na unión da serra de Cazorla coa do Pozo, desde onde o seu curso adopta a dirección NL. No canón do Tranco cambia de orientación cara a poñente ata Villa del Río; de aí vira cara ao O-SO ata preto de Sevilla, e finalmente desemboca no Atlántico en Sanlúcar de Barrameda. A súa pendente é regular, e desde Sevilla é tan feble que dá lugar a terreos de hidrografía imprecisa (Las Marismas), onde o río se divide en brazos (caños). Este tramo final está formado por aluvións recentes. O seu caudal en Cantillana, 30 km augas arriba de Sevilla, é de 164 m3/s. Os afluentes principais son, pola dereita, Guadalimar, Jándula, Yeguas, Guadalmellato, Guadiato, Bembézar, Vilar, Ribera de Huelva e Guadiamar; pola esquerda, Guadiana Menor, Guadalbullón, Guadajoz, Genil, Corbones e Guadaira....

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Guadalupe ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Guadalupe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa das Pequenas Antillas, que constitúe un departamento francés de ultramar xunto coas pequenas illas veciñas (1.703 km2; 426.000 h [estim 2000]). A capital é Basse-Terre (12.410 h [1999]). A illa está dividida en dúas partes por un brazo de mar (Rivière Salée): a Basse-Terre, de formación volcánica, e a Grande-Terre, de terreos calcarios. Ten cultivos de cana de azucre, plátanos e industrias azucreiras e de destilación de ron. Descuberta por Colón (1493), foi ocupada polos franceses (1635) e explotada especialmente pola Compañía das Indias Occidentais, que implantou unha economía azucreira, do café e algodoeira, baseada na escravitude. En 1946 converteuse nun departamento de ultramar da República Francesa.

    VER O DETALLE DO TERMO