Guadalajara

Guadalajara

Provincia de Castela-A Mancha (143.124 km2; 174.999 h [1996]). A capital é Guadalajara. A maior parte dos núcleos de poboación localízanse no extremo NL da submeseta meridional. A base da súa economía é de tipo agropecuaria, destacan os cultivos de cereais, legumes, vide, olivo e patacas, e a gandería ovina, caprina, porcina e avícola. Posúe industrias metalúrxicas, de materiais de construción, de transformación, químicas, alimentarias e de electricidade. Foi a provincia española pioneira na produción de enerxía nuclear.

Palabras veciñas

Guadajoz | Guadalajara | Guadalajara | Guadalajara | guadalaxareño -ña | Guadalcanal | Guadalcanal