"Das" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 542.
-
ILLAS
Arquipélago de Reino Unido, situado fronte as costas occidentais de Escocia. O estreito de Minch divídeas en dous subgrupos: as Outer (Lewis, Harris, North e South Uist, Benbecula, Barra e Stikilda) e as Inner (Skye, Mull, Jura e Islay). O total é dunhas 500 illas e illotes, moitos deles deshabitados. Morfoloxicamente, constitúen o complexo máis antigo de materiais cristalinos (gneis) de Reino Unido. A agricultura, con cultivos de cereais (orxo) e forraxe, a gandería e a pesca son a súa riqueza. Producen tamén unha boa parte do tecido escocés (tweed).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que reciben os sete fillos de Helios e da ninfa Rodo. Eran expertos astrólogos e atribuíaselles a división do ano en estacións e do tempo en días e horas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cadeas montañosas formadas durante o Herciniano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cúmulo aberto da constelación de Tauro. Contén 132 estrelas coñecidas, que se arredan do centro do cúmulo. As estrelas máis brillantes adoptan a forma de V e pertencen á clase espectral K.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enzima da clase dos hidrolases que aumenta a permeabilidade dos tecidos pola acción lítica que exerce sobre o ácido hialurónico do tecido conxuntivo.
-
PERSOEIRO
Papa (514-523). Estableceu a professio fidei, denominada tamén fórmula de Hormisdas (519), que propuña unha volta á doutrina dos concilios de Nicea e Calcedonia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Home máis forte e ousado segundo a Ilíada. É curmán dos dióscoros e participou na expedición dos argonautas a carón de Xasón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Espacio natural e artístico situado na ribeira do Lérez, en Pontevedra. O proxecto, ideado por Xosé Antón Castro e Rosa Olivares, reúne obras de doce artistas nunha área de 70.000 m2 que se mantén sen urbanizar, coa flora e fauna autóctonas, e á que se accede por medio de pontes e pasarelas. Baseándose nas propostas da land art (‘arte da terra’), as obras relaciónanse coa paisaxe, as tradicións autóctonas, a historia da escultura, a pedra e a relación das persoas coa natureza. Xunto a outros artistas internacionais, atópanse obras dos galegos Fernando Estarque Casás, Francisco Leiro e Enrique Velasco.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo creado en 1989 pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia coa finalidade de potenciar manifestacións escénicas como o teatro, a danza e a música. Na súa estrutura organizativa conta cun Consello Rector no que están representadas as forzas políticas do Parlamento de Galicia e outras persoas de libre designación, amais dun xerente e un presidente. As súas actividades están moi diversificadas. Conta con estruturas permanentes, como o Centro Dramático Galego, o Ballet Galego Rei de Viana, o Centro de Documentación Teatral e a Escola de Altos Estudios Musicais. Organiza o Premio Álvaro Cunqueiro de textos dramáticos, patrocina a edición de varias coleccións de teatro, subvenciona a produción e distribución de espectáculos de teatro, música e danza e promove e coordina a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Centro estatal español, con carácter científico e técnico, creado en 1942 e dedicado a tarefas de estudio, desenvolvemento, inspección e normalización en temas aerospaciais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Congregación relixiosa fundada en Reims (1682) por Jean-Baptiste de La Salle. Foi aprobada en 1725, suprimida en 1792 e restaurada definitivamente en 1802. Dedicada sobre todo ao ensino primario, secundario, técnico e profesional, estendeuse por numerosos países de Europa e América. Introduciuse no Estado español en 1878 e con poucos meses de diferenza fundaron casas en Madrid e Barcelona.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mostra de teatro, organizada polos integrantes da compañía Esperpento Teatro Joven e dirixida por Xulio Lago e Dorotea Bárcena, que contaba co apoio financeiro da Caixa de Aforros Municipal de Vigo. Entre 1972 e 1977 por Vigo pasaron compañías de teatro independente, como Aquelarre, Els Joglars, Els Comediants, Esperpento de Sevilla, Teatro de la Ribera, Caterva, TEI de Madrid, PTV de València, Ditirambo ou Teatro del Mediodía. A Mostra complementábase con seminarios de formación, coloquios e conferencias. A súa desaparición estivo motivada pola oposición do movemento nacionalista galego ao uso do castelán como idioma de representación dos espectáculos.
-
PERSOEIRO
Poeta e dramaturgo indio. Entre as súas obras, que representan a culminación da literatura sánscrita e de temática predominantemente amorosa, cómpre salientar Meghaduta (A nube mensaxeira), Malavikagmímitra Raghuramsa (A estirpe de Raghu) e, sobre todo, Abhijńasakuntala e o drama Vikramórvasi.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Obra de Karl Marx subtitulada Kritik der politischen Oekonomie (Crítica da economía política) É a principal obra económica de Karl Marx (1818-1883). O primeiro volume publicouse en 1867, o segundo e o terceiro publicounos F. Engels postumamente en 1885 e en 1894. Entre 1905 e 1910 Karl J. Kautsky publicou, a partir de manuscritos de Marx, Teorías sobre a plusvalía, que para algúns está considerada como o cuarto volume da obra. O estudo que realiza do capital, a propiedade territorial, o traballo asalariado, o estado, o comercio exterior e o mercado mundial, constitúe o corpo central da teoría económica do marxismo. Analizou a estrutura da sociedade capitalista traballando nun amplo volume de documentación histórica, nos que, usando un método analítico, estableceu as bases da crítica científica da economía política clásica, da sociedade e das superestruturas capitalistas. Estableceu os conceptos de mercadoría, valor, forza do traballo, salario e plusvalía, descubriu as...
-
PERSOEIRO
Rei visigodo (642-653). Fíxose proclamar rei ao destronar a Tulga. Reduciu a nobreza e obtivo do Concilio de Toledo (646) a excomuñón de todos os que conspirasen contra el. En 649 asociou ao trono o seu fillo Recesvinto.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Ilustrado. Comezou a traballar no Real Consulado da Coruña en 1787, do que foi secretario en 1802. Intérprete do xefe do Estado Maior das tropas francesas na Coruña durante a invasión napoleónica, foi secretario da Junta Censora constituída polos liberais (1820). Secretario da Deputación Provincial de Ourense (1822), en 1823 reintegrouse no Real Consulado da Coruña como secretario. Destaca a súa obra Expostulatio cum morte ob interitum Rmi. Patris Martini Sarmiento e Descripción económica del Reyno de Galicia (1804), onde definiu o seu pensamento económico, presentou a xeografía e a economía intimamente ligadas e denunciou o atraso económico de Galicia, a inxustiza social e o parasitismo administrativo ao tempo que reivindicou diversas reformas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pequeno afluente pola dereita do río Xallas, que nace e desemboca na parroquia de Mallón (Santa Comba).
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Lexo (Baralla). O seu cumio acada os 929 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Libro da Biblia, atribuído tradicionalmente a Xeremías, en que se recompilan cinco elexías sobre a destrución de Xerusalén en 586 a C. Agás a derradeira, cada unha consta de 22 estrofas que comezan por orde alfabética coas letras hebreas.