"EGU" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 415.

  • Título concedido en 1643 por Filipe IV a Baltasar de Sequeiros Soutomaior Zúñiga Silva , señor da casa e morgado de San Tomé (Freixeiro, Vigo), Torre da Silva (Portugal) e Vila de Priegue (Pontevedra). Herdouno a súa primoxénita, Isabel de Sequeiros Soutomaior Silva , nai da III condesa, Mariana Ozores Sequeiros Soutomaior . O fillo desta, Mauro Ozores Sequeiros Soutomaior Silva , IV conde de Priegue, foi rexedor de Santiago de Compostela e propuxérono en 1705 para mestre de campo dun dos terzos de Galicia. O condado pasou ao seu fillo Xosé Ozores Soutomaior , V conde, que lle deixou o título ao seu fillo Xoán Antonio Ozores de Silva Sequeiros , VI conde desde 1754 e rexedor perpetuo de Santiago de Compostela. O VII conde foi Xoán Nepomuceno Ozores Silva Sequeiros Soutomaior (?- 1847), que herdou o título en 1786 e participou na Guerra da Independencia. O VIII conde...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de proseguir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Continuar o que se empezara a facer ou a dicir.

    2. Seguir ou continuar como se estaba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, situado na confluencia do Guadalimar e o Trujala (2.607 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura, a gandaría e as industrias derivadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Piñeira de Arcos (Sandiás). O seu cumio acada os 758 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Turinxia 520? - Poitiers 587) Raíña dos francos, muller de Clotario I. Despois de que o seu pai asasinase ao seu irmán, fíxose monxa (555) en Noyon e despois fundou un mosteiro en Poitiers. A súa festividade celébrase o 13 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo asinado en 1684 entre Francia, Austria e España, que puxo fin á guerra de España con Francia (1683-1684) e á polémica levada por Versailles sobre os dereitos de reunión que derivaban dos tratados de Westfalia e Nimega (1681). Recoñecía as anexións que Francia fixera con anterioridade a agosto de 1684 e cedía a Francia as cidades de Estrasburgo, Luxemburgo, Beaumont e Chimay.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen fai unha reaseguranza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Volver asegurar.

    2. Facer unha reaseguro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Contrato polo que un asegurador toma ao seu cargo, total ou parcialmente, un risco xa cuberto por outro asegurador sen alterar o que foi convido entre este e o asegurado. Adóitase facer en casos en que o risco é demasiado elevado en relación co total da aseguranza subscrita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratados de Contraseguro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte pertencente á serra da Cova da Serpe, situado na parroquia de Grixalba (Sobrado). O seu cumio acada os 734 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Bola de pan feita con trigo, ovos, caramelo, azucre e outros ingredientes, que se elaboraba para o xantar da voda. Posteriormente, adornábase con fitas de cores, froitas confeitadas, tiras de papel e outro tipo de adobíos.

      1. Baile tradicional galego que se acompaña con música de muiñeira. É un baile de voda en que a noiva ou a madriña coloca sobre a cabeza unha bola de pan adornada (regueifa), que despois do baile se reparte entre os convidados. Caracterízase pola forma lenta de bailar da muller, á que non lle pode caer a bola de pan da cabeza. O home, mentres, executa os puntos máis vistosos que coñece e compite con outros bailadores para conseguir a regueifa e repartila.

      2. Modalidade de canto tradicional galego composto pola sucesión de coplas de desafío ou de loanza. Toma o nome, igual ca o baile, da bola de pan que se repartía na celebración da voda. Despois do xantar nupcial tiña lugar o baile e logo algúns convidados lanzaban coplas improvisadas en que se referían ás virtudes dos noivos ou dos padriños, e tamén introducían críticas contra algún dos amigos ou familiares. Esta iniciativa era contestada por outro cantante que respondía con outra copla e así se establecía a regueifa, de forma alternativa, entre dous bandos. Ao final gañaba aquel que era máis enxeñoso e que conseguía responder a todas as coplas sen quedar en branco. As coplas de regueifa adoitan estar compostas por estrofas de catro versos octosílabos con rima consonante nos pares. A melodía é variable, pero existen unha serie de esquemas melódicos comúns en toda Galicia. Esta modalidade de canto conservouse sobre todo na zona litoral, especialmente en Bergantiños. Na zona interior de Galicia...

    2. Discusión ou enfrontamento entre dúas ou máis persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Carballo a partir de xuño de 1983. Cesou en maio de 1992 (nº8). Subtitulada “Revista cultural de Bergantiños”, foi promovida pola agrupación cultural Lumieira. Aínda que tivo unha periodicidade moi irregular, a partir de 1988 saíu en maio, como contribución aos actos das Letras Galegas. De distribución gratuíta, pretendeu ser foro de debate sobre numerosos temas, como a historia, a toponimia, a ecoloxía, o feminismo e a saúde, ademais de incluír crítica e colaboracións literarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Santiago de Compostela a partir de maio de 1991. Cesou en maio de 1993 (nº3). Subtitulada “Revista de filosofía, psicoloxía e pedagoxía”, foi unha publicación cultural promovida pola Comisión Cultural da Facultade de Filosofía, Psicoloxía e Pedagoxía, e coordinada por Marcial Gondar. Ademais dos artigos sobre as materias propias da facultade, tamén tratou temas de actualidade e cine, cunha especial atención á poesía, aos relatos e ao teatro galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que participa en regueifas ou é amiga de facelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Canle por onde discorre a auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Goiriz, Vilalba 07/07/1958. Filólogo.
    Licenciado en Filoloxía Románica pola USC (1982), en 1983 entregou a memoria de licenciatura titulada O exordio estacional na lírica galorrománica medieval. Foi lector de castelán e galego na Universidade de Colonia (1985-1987). Regresou en 1987 á Universidade de Santiago de Compostela como axudante e en 1989 obtivo o título de Doutor en Filoloxía Románica coa tese titulada A fala do Norte da Terra Chá: estudio descritivo, dirixida por Antón Santamarina. En 1994 obtivo a praza de profesor titular e en 2008 a de catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela, onde continúa exercendo. Foi director do Departamento de Filoloxía Galega de 2005 a 2009. 
    É tamén investigador do Instituto da Lingua Galega (ILG) desde 1981 do...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Rodeiro 10. 3.1943) Filósofo. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidad de Salamanca (1967), foi presidente do Ateneo de Pontevedra e fundador e presidente de Honra da Aula Castelao de Filosofía de Pontevedra. Alentou e dirixiu un grupo de filósofos en Lugo para realizar unha filosofía en galego e para Galicia, que reflectiu en Introdución á Filosofía (1979) e Historia da Filosofía (1980). Tamén escribiu X.V. Viqueira: teoría e praxe (1992) e Xosé Neira Vilas: narrador, poeta, xornalista, historiador da nosa emigración (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO