"ICE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 774.

  • GALICIA

    Político, pai de Antolín Faraldo. De tendencia absolutista, foi deportado a Canarias durante o Trienio Constitucional e, ao regreso de Fernando VII, foi proposto como capitán do Batallón de Voluntarios Realistas. En 1832 foi nomeado, por designación real, secretario contador do Hospital Real de Santiago de Compostela, cargo do que foi destituído tras ser acusado de conspiración (1839).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tipógrafo e dirixente obreiro. Foi uns dos creadores da Dirección Central das Sociedades Obreiras (outubro de 1868) e o principal animador, a partir de 1869, do Centro Federal de Sociedades Obreiras de Barcelona (1869). Ao principio estivo moi ligado ao republicanismo federal, pero posteriormente converteuse nun dos máis destacados anarquistas de Catalunya. Foi membro da Alianza da Democracia Socialista (1869), secretario da sección barcelonesa da I Internacional e director do xornal La Federación, de Barcelona. Participou nos congresos obreiros de Barcelona (1870), Córdoba (1872) e na Internacional da Haia (setembro de 1872). Formou parte dun consello federal clandestino da Federación Rexional Española da Asociación Internacional do Traballo (AIT) e participou na fundación da Federación de Traballadores da Rexión Española (1881).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Constructor aeronáutico francés. Iniciado no automobilismo, cara 1910 deseñou un biplano co que Eugène Renaux aterrou no cumio do Puy-de-Dôme. Durante a Primeira Guerra Mundial equipou cos seus aparellos á aviación francesa. Despois asociouse co seu irmán Henri.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sufraxista británica. Presidenta da National Union of Women Suffrage Societes (1897-1919), fundou en 1871 o Newnham College, primeiro colexio inglés só para mulleres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Licenciado en Medicina (1837), exerceu en Allariz e posteriormente en Baiona. Colaborador de El Eco de Galicia, escribiu obras en prosa e o poema “Á boa memoria de Azara” (1851).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xenios acuáticos femininos, semellantes ás sereas, que viven no río Miño entre Arbo e Melgaço e meten medo ás persoas dunha e outra beira. Cando alguén está a coller peixe nas pesqueiras ou a cruzar o río, se contesta ás preguntas destes seres afoga e fica nas augas profundas para sempre, por teren rachado o silencio ritual requirido nestes casos. Daquela, representan un gran perigo que hai que combater co silencio e nunca se debe contestar ás súas preguntas. Para evitar a tentación, débese cruzar cun obxecto apertado entre os dentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que practica a feiticería.

    2. Curandeiro da tribos primitivas.

    3. Que exerce unha atracción irresistible.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de realizar feitizos ou encantamentos.

    2. Conxunto de prácticas máxicas para poñer ao servizo do home as forzas sobrenaturais, a cargo de individuos que se moven impulsados polos espíritos. O feiticeiro vela polos intereses da súa comunidade, para o que queda moi ligado aos bos espíritos, a diferenza dos bruxos que, aínda que empregan técnicas análogas, actúan protexidos polos espíritos malignos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás feofíceas.

    2. Alga da clase das feofíceas.

    3. Clase de algas que presentan como característica máis salientable a cor parda que amosan debido á presenza de gran cantidade duns pigmentos pardos (as xantofilas), aínda que algunhas especies poden amosar debaixo da auga unha forte iridiscencia azulada, tal é o caso de Cystoseira tamariscifolia. Nos restantes caracteres son moi variables, xa que a este grupo pertencen as algas que presentan maior tamaño e complexidade anatómica. A maioría viven en augas salgadas ou salobres. Algunhas especies do Pacífico Norte (Macrocystis) poden medir 25 ou máis metros de lonxitude, e medrar ata 6 cm/día; sen embargo, as especies galegas máis grandes, que pertencen aos xéneros Laminaria e Saccorhiza, non chegan a acadar eses tamaños. Son as que forman as grandes praderías mariñas, ás veces case bosques, polo que teñen un elevado interese na cría e reprodución de moitos peixes e pequenos moluscos, tanto pola protección que lles dan como pola achega nutricional que poden atopar entre elas. Tamén nas algas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista. Doutor en Xurisprudencia e en Filosofía e Letras, e catedrático de Latín e Lingua castelá no Instituto de Santiago de Compostela. Publicou Gramática latina (1879), Ejercicios de tradución latina convenientemente dispuestos, que contienen [...] (1882) e Gramática castellana (1887).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Economista e político. Doutor en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela (1990), é profesor titular de economía aplicada. As súas investigacións centráronse na demografía e no estudo do capitalismo transnacional, do desenvolvemento e das finanzas públicas. Foi director do IDEGA (1998-1999). Militante de ERGA (1978-1984), en 1981 foi elixido o seu secretario nacional. Formou parte da comisión xestora do Bloque Nacionalista Galego (BNG) trala súa fundación (1982). Primeiro tenente de alcalde do concello de Noia (1987), exerceu posteriormente o cargo de vicerrector económico na Universidade Compostelá (1990-1994). Alentou a formación do Colectivo Avante no BNG e integrouse en Unidade Galega cando esta entrou a formar parte do BNG (1994). Coas eleccións locais (1999) en Santiago de Compostela ocupou o cargo de concelleiro de Facenda, Orzamentos, Patrimonio e Mercados e foi membro da comisión de goberno. En 2002 foi elixido secretario de finanzas do BNG, pero dimitiu en outubro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo. Traballou no comercio e na imprenta que instalara o seu pai, esta última especializada en fotogravado. Especializado en imaxes etnográficas, percorreu a xeografía galega na procura de escenas de campo, monumentos, feiras e outros acontecementos sociais nos que os labregos, en xeral, eran os protagonistas. Tamén cómpre salientar as súas fotografías sobre a vida cotiá da cidade da Coruña, tal e como aparece na serie Por las calles. Editou Vistas de La Coruña e Portfolio de Galicia (1904). A súa obra apareceu publicada no libro As imaxes do traxe tradicional en Galicia (1992) e difundíronse na I Fotobienal celebrada en Vigo (1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Vicente Ferrer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filántropo. Fundador e presidente da Fundación Vicente Ferrer. En 1944 ingresou na Compañía de Xesús e estableceuse na India, onde se incorporou ás misións de Bombai (1952). Foi ordenado sacerdote en 1956 e emprendeu dende 1964 un importante labor social cos campesiños e cos pobres desta rexión da India. En 1970 abandonou a Compañía e comezou a traballar cun grupo de voluntarios laicos a través da fundación que leva o seu nome. En 1998 recibiu o Premio Príncipe de Asturias da Concordia e a Gran Cruz de la Orden Civil de la Solidaridad Social no 2002.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos ficomicetos.

    2. Fungo do grupo dos ficomicetos.

    3. Grupo de fungos de talo unicelular ou formado por un micelio filamentoso sen septos. É un grupo primitivo e heteroxéneo, posiblemente orixinado a partir de flaxelados heterotróficos. Habitan no medio acuático ou no solo húmido, como saprófitos ou parasitos, pero nos grupos máis evolucionados teñen tendencia a adaptarse ao medio aéreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar irlandés. Liderou a flota, composta por mariños galegos e italianos, que saíu de Ferrol e desembarcou en xuño de 1579 na baía de Dingle; tiña como obxectivo acabar co dominio inglés da illa de Irlanda e restaurar nela o catolicismo romano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo irlandés. Recreou nas súas pezas a natureza máxica das lendas, contos e tradicións populares da Irlanda gaélica. Entre as súas obras destacan The Country Dressmaker (Un xastre de aldea, 1907), The Magic Glasses (Os vasos máxicos, 1913) ou The Enchanted Land (A terra encantada, 1957), nas que desenvolve unha visión entre máxica e grotesca do drama de costumes irlandés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revolta que tivo lugar en Irlanda entre 1579 e 1583, liderada por James Fitzmaurice Fitzgerald e, posteriormente, por Gerald Fitzgerald. Iniciouse co desembarco dunha flota, composta por galegos e italianos procedentes de Ferrol, na baía de Dingle (1579) co fin de acabar co dominio inglés da illa e reinstaurar o catolicismo romano. Tivo o apoio do papado e da monarquía hispana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás florideofíceas.

    2. Alga da clase das florideofíceas.

    3. Clase de algas vermellas á que pertencen aos xéneros Ceramium, Corallina, Chondrus, Gelidium e Gigartina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e escultor. Entre as súas esculturas destaca un crucifixo de madeira de buxo que expuso en San Martiño Pinario (1875) e en San Clemente (1909). No eido da pintura destacan Autorretrato e Mesa revolta.

    VER O DETALLE DO TERMO