"Lor" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 863.

  • Derivado do benceno, que contén dous átomos de cloro. Os seus tres isómeros son: o meta-diclorobenceno, líquido incoloro, soluble en alcohol e insoluble en auga que se emprega como insecticida; o orto-diclorobenceno, líquido incoloro, soluble en disolventes orgánicos e insoluble en auga que se emprega como disolvente, colorante e desengraxante; e o para-diclorobenceno, sólido cristalino, insoluble en auga e soluble en disolventes orgánicos que se emprega como insecticida e xermicida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gas incoloro, non corrosivo e ininflamable, de punto de ebulición -29,8°C, que se obtén xunto co triclorofluormetano. Emprégase moito como refrixerante e como propelente de aerosois. Tamén se coñece co nome de Freon 12.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ácido no que se substitúen dous átomos de hidróxeno do grupo metilo do ácido etanoico por dous átomos de cloro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carretilla que se emprega sobre a vía do ferrocarril. Utilízase para transportar sobre os carrís travesas e outros materiais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á planta que ten disco no receptáculo da flor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten varias cores.

    2. Aplícase á folla, ao cáliz ou aos pétalos que son de dúas ou máis cores.

    3. Aplícase á parte dun vexetal que ten a cor diferente ao resto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada a partir de outubro de 1990 na Coruña e dirixida por Manuel Romero e Ángel Fernández. Como publicación dedicada ao mundo de ultratumba, inclúe artigos referidos ás misas negras, ao vampirismo, ás tumbas ou aos cemiterios, acompañados todos eles de fotografías, poemas e cómics.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modalidade poética creada por Ramón de Campoamor e incluída entre as composicións que denomina humoradas. É un poema breve que admite distintos esquemas métricos, caracterizado por un enfoque sentimental e un ton pesimista que combina a melancolía e o humor. A miúdo adopta carácter filosófico e intencionalidade didáctica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Alacant, Comunitat Valenciana, situado á beira do delta do Segura (6.127 h [1996]). A agricultura é o principal recurso económico, pois á parte de ocupar case ao 30% dos traballadores, os cultivos de hortalizas, algodón e cereais constitúen a materia prima da que se abastecen as súas industrias, dedicadas fundamentalmente á transformación destes produtos agropecuarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Berro que marcou o comezo da independencia de México, emitido polo cura Hidalgo na cidade de Dolores en 1810.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que causa dor moral ou física.

    2. Que expresa dor moral ou física.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Iniciouse na escultura en Madrid en 1927 con J. Cristóbal e E. Barral. Foi profesor de escultura no Instituto Superior de Bellas Artes da Universidad de Tucamán. En 1960, unha bolsa do Fondo Nacional de las Artes permitiulle unha estadía na illa de Pascua, onde estudiou as súas esculturas. A súa obra partiu dun realismo esquemático para evolucionar a un clasicismo robusto, froito da súa admiración por Maillol (Olimpiada, 1937).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de periodicidade semanal que se editou na Coruña entre 1907 e 1916.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edward John Moreton Drax Plunkett.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Matemático. Iniciou a súa carreira militar na Academia de Artillería (1869-1873), pero tivo que abandonala por problemas de saúde cando xa acadara o grao de comandante. Dedicouse ao ensino das matemáticas e dirixiu un colexio preparatorio para o ingreso no exército e na Escuela General de Ingenieros y Arquitectos. Investigou no campo das matemáticas e realizou numerosos traballos que publicou en diferentes revistas, como Gaceta de Matemáticas, El Progreso Matemático, Science, Archiv des Mathematik und Physik e Journal des Mathematiques. Foi membro da Real Academia de Ciencias e da Real Academia Galega, e profesor honorario do Real Instituto de Lisboa e da Universidade Libre de Tempio (Sardeña).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soprano inglesa. Realizou estudios en París e Londres e principiou a súa carreira musical en Berlín. Posuidora dunha técnica vogal depurada, actuou con frecuencia no Metropolitan Opera House de Nova York.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Proceso mediante o que os sales hidratados perden a totalidade ou unha parte da súa auga de cristalización cando a súa presión de vapor é máis alta ca a do ambiente, nun intento de igualar as dúas. A perda das moléculas de auga provoca a ruptura do retículo cristalino.

    2. Formación dendrítica de pequenos cristais formados a rentes do chan pola evaporación de solucións salinas do solo.

    3. Calquera formación eruptiva da pel.

    VER O DETALLE DO TERMO