"Mac" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 595.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae por armas un escudo partido: primeira partición, en campo de prata, con dúas flores de lis, de azul, colocadas en pao; segunda partición, en campo de prata, con media aguia de goles, armada de sable, nacente da liña da partición. Outra variante leva, en campo de goles, dúas estrelas de prata, de oito raios, colocadas en banda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ponte situada sobre o río Tambre, entre os concellos de Negreira e Ames, e moi preto da ponte Nova de Ponte Maceira. Foi construída entre os ss XIV e XV, para comunicar Santiago de Compostela coas terras do N do Tambre. A mitra compostelá cobrou a portaxe, xa que era o camiño máis cómodo para dirixirse a Fisterra, Muxía e Bergantiños. Foi restaurada no s XVIII, e conserva cinco arcos de cantería e un tramo de acceso con dúas arcadas máis de aliviadoiro. A bóveda central ten arco oxival, e os pilares teñen tallamares triangulares augas arriba e abaixo.
-
GALICIA
Bispo de Mondoñedo (1853-1855) e Tui (1855). Doutor en Teoloxía, foi cóengo maxistral da catedral de Santa María de Tui. Recibiu moitos ataques debido ás súas ideas políticas. Emprendeu a reforma administrativa da diocese de Mondoñedo e fundou o Boletín Eclesiástico (1859), primeira publicación periódica de Tui. Foi cabaleiro da Real Orden de Carlos III.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Actriz. Comezou lendo teatro en Radio Nacional de España e, posteriormente, traballou coas compañías Teatro do Atlántico en Non se chora (1993), Tolos de amor (1995) e Casa de bonecas (1995); co Centro Dramático Galego en A fiestra valdeira (1994); e con Espello Cóncavo en Vapores (1996), Bailando en Verán (1996) e As troianas (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
ferreiriño real.
-
pimpín.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que en certas celebracións solemnes porta a maza.
-
PERSOEIRO
Político croata. Presidiu o Hrvatska seljačka stranka (Partido Campesiño Croata) desde 1928, e participou na loita contra o centralismo serbio. Estivo encarcerado (1920-1930 e 1033- 1934) e, cando Croacia se independizou (1939), asumiu o cargo de vicepresidente do consello ata 1941.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Nome que reciben diversas especies dos xéneros Anacyclus, Anthemis, Chamaemelum e Matricaria, da familia das asteráceas.
-
macela brava [Anthemis arvensis, Fam das asteráceas]
Planta herbácea anual ou bianual, que presenta talos de ata 50 cm de altura, follas bipinnadas e flores dispostas en capítulos solitarios. Florece entre maio e agosto, e pode atoparse por toda Galicia.
-
macela común [Matricaria chamomilla, Fam das asteráceas]
Planta herbácea anual, de ata 60 cm de altura, que presenta talos glabros e erectos, follas alternas de cor verde intenso, divididas en lóbulos dentados e flores dispostas en capítulos redondos e froito en aquenio. Florece a partir da primavera en terreos secos e soleados e na marxe de camiños. É orixinaria de Europa. Emprégase como planta medicinal, principalmente polas súas propiedades dixestivas.
-
macela dourada/galega [Chamaemelum nobile, Fam das asteráceas]
Planta herbácea perenne, aromática, que presenta talos de ata 30 cm de altura, follas alternas oblongas, bi ou tripinnatisectas e flores dispostas en capítulo pedunculadas. Florece entre xuño e setembro nos prados. É moi utilizada en infusión como tónico estomacal.
-
macela mariña [Matricaria maritima, Fam das asteráceas]
Planta herbácea perenne, que presenta talos de ata 80 cm de altura, follas alternas bi ou tripinnatisectas e flores dispostas en capítulos. Florece entre xuño e outubro na beiramar de toda Galicia.
-
macela tola [Anacyclus clavatus, Fam das asteráceas]
Planta herbácea anual, de 20 a 50 cm de altura, con follas bipinnatipartidas, con capítulos de disco amarelo e lígulas brancas, e con froitos en aquenio. Medra nas beiras dos camiños e en terreos incultos da rexión mediterránea.
-
-
Infusión medicinal que se fai cos capítulos florais da planta de macela, e que se toma como tónico estomacal.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Manchar ou quitar a honra a alguén.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Crendes (Abegondo). Realizado en cachotería de granito recebada e encalada, os esquinais, vans e as liñas dos forxados están encintados en cantería. Ten planta rectangular alongada, co corpo central máis elevado, ao xeito de torre.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Castrelo de Miño baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión de Guinea (8.708 km2; 193.109 [1983]). A súa capital é Macenta (6.500 h [1965]).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción e efecto de macerar.
-
Operación que consiste en poñer en contacto cun líquido unha substancia orgánica (vexetal ou animal) para extraer os seus principios activos. O líquido da maceración pode ser auga ou unha mestura de alcohol e auga a temperatura ambiente, na que se une un ácido ou un álcali para facilitar a súa extracción. A maceración constitúe tamén a primeira etapa da lixiviación.
-
Abrandamento e descomposición dos tecidos ou órganos en auga ou noutro líquido.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produto que resulta da maceración dunha substancia cun disolvente.
-
-
Que serve para macerar.
-
Recipiente pechado onde ten lugar a maceración. Emprégase principalmente na industria cervexeira.
-
-
-
-
Meter algunha cousa certo tempo nun líquido ou nunha substancia, co fin de disolver os seus elementos solubles ou abrandala.
-
Somerxer unha substancia nun líquido para disolver os seus principios activos.
-
-
Mortificar o corpo con penitencias.
-
Abrandarse algo por estar somerxido durante moito tempo nun líquido ou nunha substancia.
-
-
CAPITAIS
Capital da provincia homónima, en Marcas, Italia (41.020 h [2001]). Está situada entre os vales do Potenza e do Chienti, e é o centro comercial e agrícola de toda a provincia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia da rexión de Marcas, Italia (301.302 h [2001]). A capital é Macerata.