"Mos" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 604.

  • FILOSOFOS

    Filósofo alemán. Adepto da Aufklärung, propugnou unha relixión espiritualista capaz de facer acceder aos homes á cultura humanista universal. Traduciu a Biblia ao alemán, e na súa obra fundamental, Jerusalem oder über religiöse Macht und Judentum (Xerusalén ou sobre poder relixioso e xudaísmo, 1783), definiu o clima espiritual do xudaísmo. Desde o punto de vista filosófico a súa obra principal foi Phädon (Fedón, 1767), onde defendeu, con argumentos leibnizianos a inmortalidade da alma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Sarria. Fundouse, segundo a tradición, por dous monxes italianos a principios do s XIII, co fin de atender os peregrinos que se dirixían a Santiago de Compostela. O Papa Pío V en 1568 concedeulles a oficialidade, pero baixo a regra agostiña. Abandonaron o lugar coa exclaustración de 1835, e retornaron en 1896. O edificio ten planta rectangular que alberga un claustro e dous patios laterais. A primeira edificación, a capela de San Lourenzo, é de estilo románico-gótico. No s XVI realizáronse reformas, pero foi no s XVIII cando experimentou a maior transformación en estilo barroco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Lorena, Francia (5.241 km2; 713.779 [1999]). A súa capital é Nancy.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade infecciosa producida por bacterias do xénero Mycoplasma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mundo de pequenas dimensións.

    2. Ser humano considerado como reflexo e compendio do universo en correspondencia e, ao mesmo tempo, en contraposición ao macrocosmos.

      1. Comunidade que se atopa illada ou nun medio extremo, constituída por poucas especies e de baixa especialización.

      2. Dispositivo experimental, xeralmente pequeno, como por exemplo un acuario, un frasco de laboratorio ou unha placa de Petri, que permite seguir a evolución dunha comunidade de organismos, cos cambios que se queren estudar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filóloga e política. Foi alcaldesa de Ares (1983-1987), deputada ao Parlamento de Galicia (1989-1993), membro da Comisión Executiva Nacional Galega do PSdeG-PSOE (1987-1994) e secretaria de Movementos Sociais e Participación Cidadá (1988-1995). Foi asesora na delegación social española no Parlamento Europeo (1995-1999) e deputada europea desde 1999.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome común que reciben diversas especies da familia das mimosáceas, que se cultivan a miúdo como plantas ornamentais.

    2. Arbusto perennifolio, monoico, de ata 15 m de altura, follas compostas, bipinnadas, cun gran número de folíolos un pouco pubescentes, flores hermafroditas de cor amarela formando cabezolas globosas que ao mesmo tempo se agrupan en inflorescencias en panícula e froito en legume oblongo. Florece ao final do inverno e principios da primavera a partir de xaneiro ou febreiro en bordos de camiños ou lindeiros de bosques. Habita de forma natural en toda Australia, excepto ao N, incluída a illa de Tasmania. Nalgunhas zonas da Península Ibérica, especialmente en Galicia, naturalizouse o que pode resultar ás veces unha praga, dado o seu carácter invasor, xa que despraza a vexetación natural, sobre todo despois dos incendios.

    3. Árbore ou arbusto caducifolio, de ata 45 m de altura, aínda que normalmente non supera os 25 m, que presenta espiñas vermellas no seu tronco e pólas, follas alternas, pecioladas, pinnadas ou bipinnadas nos exemplares novos, flores unisexuais ou hermafroditas de pequeno tamaño e cor verde-amarelada, dispostas en acios axilares, e froito en legume de gran tamaño. Florece entre abril e maio en bordos de camiños ou soutos. Emprégase como planta ornamental en parques e xardíns. En Galicia pódense observar exemplares no Campus universitario de Santiago de Compostela e na illa de San Simón, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de arbustos, plantas leñosas ou excepcionalmente herbáceas, da familia das mimosáceas, que presentan as follas opostas e as flores regulares e de estames libres. Consta dunhas 400 especies, a maioría delas americanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás mimosáceas.

    2. Planta da familia das mimosáceas.

    3. Familia de fabáceas constituída por arbustos, árbores e raramente herbáceas. As follas son xeralmente bipinnaticompostas, con estípulas foliáceas ou espiñosas, as flores son pequenas, agrupadas en espigas ou glomérulos, a miúdo unisexuais e pentámeras, de androceo haplóstomo, diplóstomo ou poliandro e de xineceo súpero, e os froitos son en legume. Son plantas tropicais e subtropicais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deusa grega, personificación da memoria. De acordo coa Teogonia de Hesíodo era filla de Urano e Xea, e da súa unión con Zeus durante nove noites seguidas naceron as nove musas. Simboliza o triunfo do espírito sobre a materia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Monforte de Lemos onde se atopa a capital municipal, no lugar homónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Terra de Lemos, situado no centro-L de Galicia. A súa posición xeográfica é 42° 31’ 00’’ de latitude N e 7° 30’ 07’’ de lonxitude O. Limita ao N co concello de Bóveda (comarca de Terra de Lemos), ao L co da Pobra do Brollón (comarca de Terra de Lemos), ao S cos de Castro Caldelas (comarca de Terra de Caldelas), Ribas de Sil (comarca de Quiroga) e Sober (comarca de Terra de Lemos) e ao O con Pantón, O Saviñao e Sober (comarca de Terra de Lemos). Abrangue unha superficie de 199,5 km 2 , en que acolle unha poboación de 19.311 h (2007), distribuída nas parroquias de Baamorto, Bascós, Caneda, O Chao do Fabeiro, Chavaga, Distriz, Fiolleda, Gullade, Guntín, Marcelle, Monforte de Lemos, Moreda, As Nocedas, A Parte, A Penela, Piñeira, Reigada, Ribas Altas, Rozavales, San Xillao de Tor, Santa Mariña do Monte, Seoane, Sindrán, Tor, Valverde, A Vide e Vilamarín. A capital está en Monforte de Lemos, na parroquia homónima. Atópase a 127 km de Santiago de Compostela...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Monforte de Lemos. Datada a finais do s XIII e comezos do XIV e construída polos condes de Lemos, reforzouse no s XVI despois das Guerras Irmandiñas. Da primitiva fortaleza consérvase a torre de homenaxe, de 30 metros de altura, con muros de cantaría e planta cuadrangular, e parte dos muros que rodeaban o monte. Da segunda etapa conserváronse restos da muralla e dos cubos cadrados e semicirculares que a reforzaban, e dúas portas de acceso ao recinto. A principal ten os seus lados dúas torres de planta cadrada entre as que se abre un arco de medio punto coroado polos escudos dos Osorio e os Castro. A porta de Alcazaba ten catro pisos, os tres primeiros con vigas apoiadas en impostas e o derradeiro cunha bóveda de canón apuntada. No terceiro piso ten unha ventá aximezada con arcos trebolados coñecida como a ventá da raíña. A torre remátase con ameas voadizas. Ao seu lado atópase outra torre posterior. Foi declarado Ben de Interese Cultural (BIC) en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Demarcación administrativa de xustiza que abrangue os concellos de Bóveda, Folgoso do Courel, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, O Saviñao e Sober.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Cabe, en Monforte de Lemos, no camiño antigo de Santiago de Compostela a Castela. Realizada en cantaría con arcos de medio punto lixeiramente rebaixados e tallamares triangulares, ten catro vans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Convento dominicano situado en Monforte de Lemos. Realizado en estilo renacentista con elementos barrocos, foi fundado en 1623 pola viúva do VII conde de Lemos. Destaca o seu patio que ocupa dous pisos, con pilastras que o abarcan en altura, dándolle monumentalidade. A igrexa ten unha soa nave presidida por unha capela maior, cuberta cunha cúpula renacentista. Destaca o artesoado formado por seis panos dispostos de xeito lonxitudinal e divididos en sete partes. O retablo da capela maior, de estilo plateresco, pretendía xustificar a presenza da orde dominicana no concello, fomentar a devoción pola Virxe María e o rezo do Rosario. No retablo da Virxe do Rosario atópase unha imaxe da Virxe co neno atribuída á escola de Valladolid do s XVII. Nas mesmas dependencias atópase o arquivo parroquial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hospital e ermida situada en Monforte de Lemos. A primeira nova documental coñecida refírese a un documento de 1592 escrito na sala De profundis do desaparecido convento franciscano de Santo Antonio de Padua. Trátase dun templo de orixe medieval pero con numerosas reformas posteriores. Conta con muros de cachotaría, un pórtico sustentado por piares cuadrangulares e un retablo dedicado a san Lázaro. Só se conserva o templo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Convento situado en Monforte de Lemos. Foi fundado por Pedro Fernández de Castro Andrade e Portugal, VII conde de Lemos, e a súa muller, dona Catarina de la Cerda, en 1622. Destaca polo seu claustro de estilo clasicista, realizado en cantaría nun estilo sobrio a base de pilastras. A igrexa, reconstruída na década de 1920, realizouse en estilo gótico e ten unha soa nave terminada en ábsida. No convento sitúase o Museo da Arte Sacra das Clarisas de Monforte de Lemos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro situado sobre o outeiro homónimo (519 m) situado entre Nápoles e Roma, ao lado da cidade de Cassino. Foi fundado por san Bieito, arredor do 529, sobre o emprazamento dun antigo templo de Apolo. Destruído polos longobardos arredor de 580, foi reconstruído en 717 e novamente a mediados do s X, despois de ser destruído polos sarracenos en 883. Arredor de 949 os moxes volveron a el e durante século seguinte, baixo o goberno do futuro Papa Víctor III, o mosteiro converteuse nun gran centro cultural e artístico, moi influínte na política da época. Destruído por un terremoto en 1349, poucos anos despois iniciouse a reedificación, pero durante a Segunda Guerra Mundial, o mosteiro foi practicamente arrasado por un bombardeo aliado (1944). Comezados os traballos de reconstrución en 1945, o Papa Paulo VI consagrou a súa basílica en 1964.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cáceres, Extremadura, situado na beira N do río Alagón, ao NO da cidade de Plasencia (5.491 h [2001]). A agricultura é a base da súa economía con cultivos de algodón, tabaco, millo e pemento no regadío e cultivos tradicionais no secaño; ademais conta cunha certa actividade gandeira.

    VER O DETALLE DO TERMO