"ONG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 454.

  • GALICIA

    Político. Vicepresidente da Federación Comarcal da UGT de Ferrol (1931), foi elixido deputado pola Coruña en 1936. Durante a Guerra Civil Española foi comisario inspector de prisións do Estado e vogal do tribunal de responsabilidades civís. Trala guerra exiliouse en México, onde participou na reunión de parlamentarios no exilio celebrada en 1945.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lamelibranquio moi parecido á navalla, aínda que de maior tamaño (mide entre 100-230 mm de ancho de cuncha), de cor entre amarelenta e rosa e coa marxe dorsal recta e a ventral lixeiramente curvada.

    2. Lamelibranquio de marxes rectas e paralelas, de cor entre alaranxada e marrón, que mide entre 100-130 mm de ancho de cuncha

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Québec, Canadá (127.977 h [1996]). Situada na ribeira do río San Lourenzo, fronte a Montréal, constitúe unha importante área suburbana residencial e industrial, e ten construcións aeronáuticas. Coa anexión de Montréal Sur (1961) cuadruplicou a súa poboación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘botella’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘centeo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dimensión maior dunha superficie, en oposición a largo.

    2. A maior das dúas dimensións horizontais nun corpo tridimensional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Fujian, China, situada na rexión montañosa do SO de Fukien, á beira do río Chiu-lung Chiang (134.481 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da República Democrática do Congo (208 km), afluente do río Congo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Changwat de Tailandia (12.681 Km2; 208.835 h [2000]). A capital é Mae Hong Son (7.197 h [1993]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Monarca que, no s XV, exercía o poder sobre os distintos reinos que compoñían as actuais República Democrática do Congo e República do Congo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e revolucionario chinés. Foi cofundador do Partido Comunista Chinés (PCCh). Como xefe de propaganda do partido (1925-1926), marchou a Hunan e organizou o campesiñado como forza revolucionaria. Opúxose aos dirixentes comunistas, que seguían na crenza de que o proletariado urbano era a base da revolución chinesa. Estableceu en Jiangxi un goberno soviético, pero en previsión de que non podería resistir a ofensiva de Chiang Kai-shek, encabezou a Longa Marcha (1934). Conseguiu chegar a Shanxi e estableceu un novo goberno soviético con capital en Yan’an (1935-1949). A finais de 1947, fixo un esquema da política económica futura do goberno comunista: requisa das propiedades feudais e distribución entre os campesiños, nacionalización do capital burocrático e control da banca, da industria e do comercio exterior. O 1 de outubro de 1949 foi proclamada en Pequín a República Popular de China. Mao foi sucesivamente presidente do Consello, da república e secretario do partido. A partir de 1958...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe bentónico de corpo anguiliforme e comprimido lateralmente. Ten as aletas anais e dorsais continuas, cabeza sen escamas e coa fendedura branquial ancha. Os ollos están cubertos pola pel, e as aletas pélvicas están na gorxa. Vive en augas de ata 150 m de profundidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación musical creada en Vigo a principios da década de 1990. Estaba fomada por Carlos Núñez, Anxo Lois Pintos, Santiago Cribeiro, Pancho Álvarez, Diego Bouzón e Isaac Palacín, músicos que procedían, na súa maior parte, do Grupo Didáctico da Universidade Popular de Vigo. Editaron o disco Matto Congrio (1993). Deste grupo saíron outras formacións musicais, como Berrogüetto e o gaiteiro Carlos Núñez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psicólogo austríaco. Foi profesor de psicoloxía experimental en Graz desde 1899. Discípulo, con Edmund Husserl, de Franz Brentano, orientou o seu pensamento nunha dirección paralela á fenomenoloxía, en particular na teoría do obxecto coñecido fóra de toda existencia. Escribiu de Über die Annahmen (Sobre as asuncións, 1902) e Untersuchungen zur Gegenstandtheorie und Psychologie (Investigacións sobre a teoría do obxecto e a psicoloxía, 1904).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río do SL de Asia (4.180 km). Nace nos montes Tanglha, no L do Tibet, corre por profundos vales e, despois de atravesar o altiplano de Yunnan, forma fronteira entre Myanmar e Laos e, máis adiante, entre Tailandia e Laos. Continúa en dirección S, a través de Camboxa e República de Vietnam, e desemboca, formando un gran delta, no mar da China meridional. Ten fortes variacións estacionais. En Phnom Penh divídese en dous ramais e comeza o gran delta, que constitúe unha das rexións arroceiras de Asia. As cidades máis importantes situadas no delta son Phnom Penh e Can Tho. Thanh Pô Hô Chí Minh sitúase ao L. Ofrece poucas condicións para a navegación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Canción sudamericana de ritmo binario (2/4), lenta e xeralmente acompañada de guitarra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Lesotho (4.075 km2; 100.300 h [estim 1995]). A súa capital é Mokhotlong (3.063 h [1986]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de tripas e bandullo dos animais cando se abren, especialmente do porco.

    2. zorza.

    3. Conxunto de chourizos, longaínzas e outros embutidos que se poñen a curar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido de orixe galega asentado na zona de Monforte de Lemos.

    VER O DETALLE DO TERMO