"Obre" (Contén)
Mostrando 16 resultados de 296.
-
SEMANARIOS
Semanario publicado en Vigo a partir do 1919. Voceiro semanal do “Ateneo Sindicalista de Vigo, de la Federación Local de Tui y portavoz de la CNT de España”. Tivo unha segunda etapa entre maio e agosto de 1922, en que exerceu como voceiro da CNT da provincia de Pontevedra, substituíndo ao periódico Despertad!, editado polos membros do grupo libertario de idéntica denominación. Deixou de editarse en Vigo por acordo do 1º Congreso da CRG, celebrado nesa cidade en agosto de 1922, e trasladouse á Coruña como voceiro da Confederación Galaica da CNT.
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario publicado na Coruña a partir de agosto de 1922. Como voceiro da CRG tivo tres etapas. A primeira foi entre agosto de 1922 e decembro de 1924, baixo a dirección de Xosé Suárez Duque. Á súa morte, en setembro de 1923, substituíuno Ricardo García Lago. Na segunda etapa trasladouse a Santiago de Compostela. Alí, Ezequiel Rey foi o seu director, e mantívose a tiraxe ata 1927, ano en que foi pechado pola censura. Nunha terceira etapa, entre novembro de 1930 e outubro de 1934, retornou á Coruña. Neste período dirixiu o semanario Xosé Villaverde, pero debido a un enfrontamento co réxime republicano en 1933 deixoulle o posto a Claro Xosé Sendón, quen o dirixiu ata a súa desaparición.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de sociedades obreiras non afiliadas a UGT que simpatizaban coa práctica da acción directa e o apoliticismo. Uníronse nunha xuntanza celebrada promovida polo Centro de Sociedades Obreras de Vigo en 1911 co nome de Confederación Regional Solidaridad Obrera de Galicia. O seu comité tiña sede na Coruña. Despareceu despois da folga xeral promovida pola CNT en outubro dese mesmo ano e tras a que o goberno suspendeu diversos colectivos integrados nela.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Salvaterra de Miño baixo a advocación de santa Comba.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Betanzos baixo a advocación de san Martiño.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa situada en Tiobre (Betanzos). Construída en estilo renacentista (1568-1601), ten unha soa nave con cruceiro e ábsida. O presbiterio cóbrese cunha bóveda de terceletes. No cruceiro están as capelas de San Caetano e Santo Antón, cubertas cunha bóveda de cruzaría.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Betanzos. Ten planta rectangular cunha soa nave e ábsida. O arco triunfal é apuntado e sostense con semicolumnas. Na portada principal destacan as arquivoltas semicirculares apoiadas en columnas acobadeladas con capiteis con decoración vexetal. A fachada remata nunha espadana de dous vans rematada nun corpo triangular.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Barcelona, Catalunya (3.759 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura e na gandaría. Destaca o cultivo de cereixas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización fundada a raíz dos encontros que desde 1901 reuniron a traballadores galegos e do norte de Portugal para solucionar o problema da contratación dos portugueses polos patróns galegos como man de obra máis barata e pouco consciente do ideario obreiro. Entre as sociedades galegas afiliadas, a maior parte delas tiñan a súa orixe no sur da provincia de Pontevedra, cun marcado predominio dos socialistas. No segundo congreso (1902) adoptáronse unha serie de acordos que revelaron a súa orientación internacionalista e prosocialista. Entre os seus líderes destacou Heraclio Botana. O proceso de decadencia iniciado despois do congreso de Braga (1903), levou á súa desaparición en 1904.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade de socorros mutuos integrada por obreiros e artesáns, constituída no seo da Asociación Tipográfica en Santiago de Compostela en 1892. Cofundada polo canteiro socialista Nicolás Pardo e polo tipógrafo republicano Santiago Fraga, entre os seus obxectivos figuraban proporcionar asistencia médica e pensións temporais aos seus socios, no caso de enfermidade ou accidente de traballo. As súas actividades perderon importancia coa xeneralización da Seguridade Social, e desapareceu oficialmente en 1973.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sindicato obreiro, fundado en Asturias en 1960 a raíz do aumento do nivel de conciencia obreira producido pola conflitividade laboral nas minas asturianas. Malia a incorporación de sectores de militancia cristiá (Juventud Obrera Católica), foi sempre un sindicato aconfesional. Inicialmente colaborou con Comisiones Obreras. Deu moita importancia á autonomía sindical con relación aos partidos políticos, e impulsou un socialismo de autoxestión que intentou recoller unha corrente socialista diferenciada do PSOE e de UGT. En 1977 conseguiu a legalidade e celebrou en Madrid o seu primeiro congreso federal. Pese a unha escisión, dirixida polo antigo secretario xeral, José María Zufiaur, integrouse en UGT (1977).
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Teruel, Aragón, situado ao NL da capital provincial (1.945 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal publicado na Coruña entre 1912 e 1914. De carácter anarquista e obreirista, tivo unha saída irregular e funcionou como voceiro das sociedades obreiras coruñesas. Informou dos movementos sindicalistas en España e no estranxeiro, ademais de incluír biografías, noticias e enquisas.
-
GALICIA
Parroquia do concello de Pobra do caramiñal, a. baixo a advocación de Santa maría.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Parroquia do concello da Pobra do Caramiñal baixo a advocación de santa María.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Morto en Xobre (A Pobra do Caramiñal). Trátase dunha ponte de cantaría do s XVI con vans oxivais e ancheada con trabes de formigón. Atópase no camiño da Pobra a Xobre.