"PL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1539.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Plasto que contén soamente pigmentos non asimiladores, polo xeral amarelos ou vermellos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de algas da familia das deleseriáceas, caracterizadas por ter talos con veas ou nervaduras moi patentes. Destaca a especie C. ramosa, de ata 15 cm de lonxitude e de cor avermellada ou apardazada, que vive fixa ao substrato por medio dun disco basal en fendas de rochas ou sobre outras algas do xénero Laminaria nos niveis mesolitoral inferior e infralitoral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
tetraplexía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que tomou a Tripla Alianza en 1718, ao adherirse Austria. O acordo supuxo a renuncia de Carlos VI de Austria aos reinos hispánicos, o paso de Sicilia á xurisdición austríaca e de Sardeña a Savoia, o recoñecemento do futuro Carlos III de España como o sucesor dos ducados de Parma e Plasencia e do gran ducado de Toscana, así como a devolución de Xibraltar. Non obstante , o cardeal Alberoni, ministro de Filipe V, non aceptou estas condicións e os británicos atacaron Sicilia (1718) e os franceses invadiron España polos Pireneos (1719). En 1719, Filipe V expulsou a Alberoni e en 1720 adheriuse á Cuádrupla Alianza (1720). Pola Paz da Haia, o Emperador Carlos VI renunciou á Coroa española e Filipe V renunciou á posesión de Sardeña e Sicilia, ao tempo que acadaba os ducados de Parma, Plasencia e Toscana para os seus fillos. Para concluír unha paz definitiva, os membros da Cuádrupla Alianza convocaron o Congreso de Cambrai (1721-1727).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo establecido entre Austria, Prusia, Rusia e Reino Unido en 1815 coa finalidade de manter a orde establecida no Congreso de Viena. Permaneceu en vigor ata 1822.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado asinado en Londres o 22 de abril de 1834 entre Reino Unido, Francia, España e Portugal para poñer fin ás guerras civís da Península Ibérica, expulsar os pretendentes absolutistas de España (Carlos María Isidro de Borbón) e de Portugal (o infante Miguel), e aniquilar os seus partidarios. A axuda material foi inexistente pero o soporte diplomático e a chegada de voluntarios contribuíron ao éxito da causa liberal.
-
-
Que está formado por catro cousas iguais ou semellantes.
-
Que é catro veces maior ca outra cousa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos elementos dun produto cartesiano de catro conxuntos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema de transmisión e recepción de dúas mensaxes a través dunha mesma canle.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de cuadruplicar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Multiplicar por catro.
-
-
Que está formado por catro cousas iguais ou semellantes.
-
Que é catro veces maior ca outra cousa.
-
Catro veces unha cantidade dada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Canción breve e de contido normalmente erótico que gozou de gran popularidade no primeiro terzo do s XX en teatros e noutros espacios nos que se ofrecían espectáculos teatrais e musicais. Caracterízase pola súa intencionalidade maliciosa, derivada tanto da xesticulación, entre inocente e sensual das intérpretes, como dos dobres sentidos das letras que case sempre agochan unha interpretación de orde erótica ou directamente sexual. Entre outras cupletistas, foron moi populares na época Raquel Meller, Pastora Imperio, La Goya, Conchita Piquer e Olga Ramos. Nos anos trinta, deixou paso á revista e á canción de varietés, pero púxose novamente de moda na década dos cincuenta, durante a ditadura franquista, da man de cantantes como Sara Montiel. Exemplos de cuplés son os coñecidos Tápame, con letra de Francisco Yust e música de Ricardo Yust; La violetera, con letra de Eduardo Montesinos e música de José Padilla; Las tardes del Ritz, con letra de Retana e música...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Intérprete de cuplés.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma de introducir o ensino individualizado na escola. Helen Parkhurst, discípula de M. Montessori, iniciou este método en 1904 e realizou as súas experiencias ata 1915. O plan desenvolveuse enteiramente na High School de Dalton (Massachussetts), localidade que lle deu nome e, dende alí, estendeuse a outros países. Este plan baseábase en tres principios pedagóxicos: liberdade do alumno para escoller e organizar o seu propio traballo, xa que cada un deles organiza as súas unidades didácticas; fomentar as relacións sociais mediante a cooperación, inspirada en Dewey; e aumentar a independencia e individualidade do alumno para manifestarse tal como é, e interpretar o mundo baixo o seu punto de vista. Segundo o plan de traballo, este organizábase en fraccións, é dicir, cada alumno debía dominar unha fracción do programa para pasar á seguinte, empregando nese obxectivo todo o tempo que lle fose necesario segundo o seu ritmo de aprendizaxe. As tarefas organizábanse en seis laboratorios (lingua,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de dinosauros da familia dos tiranosauros de ata 8,5 m e 3,6 toneladas de peso, mandíbulas curtas de dentes moi grandes e de bordo serrado, con garras moi grandes. Depredaba grandes dinosauros herbívoros, como os ceratopsios. Propios de finais do Cretáceo, os xacementos máis importantes están en Norteamérica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Informe elaborado en 1923 por Charles Gates Dawes, e publicado ao ano seguinte. Acordado no Tratado de Versailles, a súa finalidade era estimar a capacidade de pagamento de Alemaña e determinar tanto os medios de reparación económica coma as correspondentes obrigas. Supuxo, de feito, a redución no importe dos pagos impostos a Alemaña en concepto de reparacións de guerra, xunto á colaboración económica dos EE UU na súa recuperación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Templo exipcio situado no lugar do antigo Cuartel del Parque del Oeste en Madrid. Doouno en 1968 o goberno exipcio a España en agradecemento pola axuda prestada na recuperación dos monumentos do val do Nubia, que ían ser sepultados pola presa de ‘Aswān, e reedificouse en 1972. Construíuno no s IV a C o Rei Adijalami de Meroe e ampliouse na época da dinastía ptolemaica e dos emperadores Augusto e Tiberio. Dedicado aos deuses Amón e Isis, consta duns pilonos que forman unha vía que conduce ao templo, que ten o santuario na súa parte traseira. No seu interior destacan as columnas de fuste monolítico con capiteis papiriformes e os baixorrelevos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Facer que unha cousa sexa dez veces maior.
-
-
Que contén dez veces unha cousa.
-
Cantidade que é dez veces maior ca outra.
-