"RAF" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 981.

  • Proceso que elimina dos aceites de engraxado os hidrocarburos que constitúen a parafina e que se solidifican a temperatura ordinaria. Consiste en filtrar o aceite a temperaturas de entre -35 e -40°C, en presenza dun disolvente que produce que o aceite se disolva e a parafina sólida quede no filtro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Separar a parafina dos aceites.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento de debuxo que serve para transportar sobre o papel a representación dun obxecto mediante un punto de mira móbil e un cursor provisto dun lapis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo. Membro da congregación da Santísima Trindade, foi nomeado bispo de Mondoñedo o 26 de novembro de 1618. Na súa única visita á diocese celebráronse catro sínodos. Estableceu reparticións gratuítas de cera para a Candelaria e o pago dunha milicia para a defensa de Ribadeo contra os ingleses. No verán de 1630, Filipe IV promoveuno como bispo de Tui, aínda que non chegou a ocupar este cargo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Coñecida como Rafaela Aparicio, debutou no teatro en 1931. Interpretou papeis secundarios nos anos cincuenta e sesenta. O seu primeiro gran papel foi en El extraño viaje (1964), seguido de Ana y los lobos (1972), Mamá cumple cien años (1975), El Sur (1983) e El año de las luces (1986), entre outras. Foi galardoada cun Premio Goya en recoñecemento á súa carreira profesional (1988) e co de mellor actriz (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra de Pascual Madoz publicada en Madrid entre 1845 e 1850 e agrupada en dezaseis volumes. Contén datos sobre as entidades de poboación de España e as súas características xeográficas, onde se recollen aspectos sociais, demográficos e económicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proxecto do ilustrado Xosé Andrés Cornide Saavedra Folgueira do que se conservan preto dun milleiro de folios inéditos no Arquivo Histórico de Galicia, en Betanzos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Foi o sétimo fillo do matrimonio formado pola uruguaia de orixe brasileira Olegaria Gonçalves Silveira e o padronés Eladio Dieste Muriel, e recibiu no bautismo os nomes de Rafael, Francisco, Antonio, Olegario e Xoán. A familia regresara da emigración en Uruguay en 1888 e logo dunha estadía en Pontevedra entre 1888 e 1893, instalouse en Rianxo, onde o seu pai desempeñou o cargo de xuíz municipal. Rafael Dieste recibiu a súa formación inicial de mans do seu pai, quen lle ensinou as primeiras letras e francés, para asistir despois a varias escolas locais. Recibiu tamén instrucción de seus irmáns maiores: da súa irmá Olegaria as clases de piano, unha afección que o acompañará toda a vida, e de Eduardo, daquela xa escritor, o interese pola literatura, ao tempo que co seu amigo Castelao comezou a realizar os seus primeiros debuxos. Outras coordenadas da súa aprendizaxe están nos parladoiros aos que asistía co seu pai, no coñecemento dos vellos mariñeiros da súa vila e, sobre todo, nunha...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de dúas letras que representa un só son. En galego son dígrafos: <ch>, che, [t? "Stone Sans PhoneticIPA" >ʃ ] (chafariz, chandarme); <gu>, gue u, [g] (ou [ô]) (regueifa, guindastre); <ll>, elle, [¥] (ou [J]) (burbulla, illa); <nh>, ene hache, [?] (unha); <qu>, cu u, [k] (queixo, quilo); e <rr>, erre dobre, [r] (torre, correo). Os dous elementos dun dígrafo non se poden separar, por constituíren a representación dun son único (al-gu-nha e non *al-gun-ha).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta finlandés. Cofundou as revistas vangardistas Ultra e Quos ego. Da súa produción destacan as obras Hårda Sånger (1922), Brödet Och Elden (1922), Tassiga lågor (1924), Stenkol (1927), Stark men mörk (1930), Janne Kubik (1932), Jordisk Öhmet (1938), Annorlunda (1948), Dikter (1955) e Meningar (1957).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Repetición, por erro, dunha frase, palabra ou sílaba que comeza ou remata igual ca a anterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ciencia encargada de ordenar e clasificar os discos fonográficos e demais rexistros sonoros en musicais ou literarios.

    2. Conxunto dos rexistros sonoros musicais ou literarios relacionados cunha época, materia, autor ou cun grupo determinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa que edita calquera tipo de gravación fonográfica. A nivel mundial cómpre destacar, entre outras, Polygram, Virgin, Warner e Decca Records.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á discografía.

    2. selo discográfico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trastorno na capacidade de expresar as ideas por medio da escritura en persoas de intelixencia normal, sen problemas sensoriais nin lesións cerebrais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Erro cometido polo copista dun texto, frecuente nos manuscritos antigos, que consiste na repetición dunha letra, dunha sílaba, dunha palabra ou mesmo dun período enteiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico e historiador de arte. Estudiou dereito e belas artes en València, onde foi profesor de historia da arte na Escola de Belles Arts. Foi profesor da Escuela Especial de Pintura de Madrid e en 1913 nomeárono director do Museo Nacional de Artes Industriales y Decorativas de Madrid. Dirixiu a Biblioteca de Arte Español e publicou, entre outros traballos, Sorolla, su vida y su arte (1909) e El nacionalismo en arte: notas sobre la vida contemporánea (1928). Foi membro da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Axudante do tamén fotógrafo Manuel Álvarez Bravo entre os anos 1973 e 1976, colaborou con diversas revistas de Europa e dos EE UU. Exerceu como membro do xurado de fotografía no Consejo Nacional para la Cultura y las Artes e participou no comité de selección da Galería Metropolitana da Universidad Autónoma de México. Editou diversos libros fotográficos, entre eles: Sobre algunos lenguajes subterráneos (1979), Ayuntamiento de Juchitán (1983) e Casa Santa (1986). Ademais, ilustrou diversos libros de arte; unha serie titulada Arte Prehispánico; dous tomos da Historia de las Indias de la Nueva España, de frei Diego Durán; outra serie titulada El Mundo Mixteco-Zapoteco, El Mundo Huaxteco-Totonaco e El Mundo Azteca; e sete libros da colección Novohispano e México Indio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra que recolle fragmentos de doutrinas e opinións de carácter filosófico, normalmente ordenados a partir de criterios temáticos ou autoriais. A primeira compilación recollida é a obra perdida de Teofrasto Φυσικ ῶ ν δόζαι (Das opinións dos físicos). O seu interese reside en que contribúe a reconstruír períodos históricos pouco documentados. Pode clasificarse en: obras doutrinais, organizadas por temas; biográficas, por autores; e sucesións, que compilan series de autores de varias escolas. Tamén cultivaron este xénero Cicerón, Plutarco e Simplicio. OBS: A grafia <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente aos doxógrafos e á doxografía. OBS: A grafia <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO