dígrafo

dígrafo

(< 2 di- + -grafo)

s m [LING]

Grupo de dúas letras que representa un só son. En galego son dígrafos: <ch>, che, [t? "Stone Sans PhoneticIPA" >ʃ ] (chafariz, chandarme); <gu>, gue u, [g] (ou [ô]) (regueifa, guindastre); <ll>, elle, [¥] (ou [J]) (burbulla, illa); <nh>, ene hache, [?] (unha); <qu>, cu u, [k] (queixo, quilo); e <rr>, erre dobre, [r] (torre, correo). Os dous elementos dun dígrafo non se poden separar, por constituíren a representación dun son único (al-gu-nha e non *al-gun-ha).

Palabras veciñas

dignitónimo | digno -na | Digno/Digna | dígrafo | digrama | digresión | Dihang