digresión

digresión

(

  1. s f

    Parte dun discurso que se desvía do asunto principal para tratar doutro tema relacionado ou suxerido por este.

    Ex: Na charla sobre a obra de Castelao, fixo unha digresión para explicar o Grupo Nós.

    Confrontacións: divagación, evasión, rodeo.
  2. s f [ASTRON]
    1. Máxima desviación angular dun astro con relación a un plano de referencia, xeralmente, o plano meridiano do lugar de observación. No movemento das estrelas circumpolares hai dúas posicións nas que a súa separación respecto a este polo é máxima en acimut: a digresión oriental, cara ao leste, e a digresión occidental, cara ao oeste.

    2. Elongación máxima dun planeta.

  3. s f [LIT]

    Figura retórica de pensamento que consiste na detención ou ruptura do fío argumental dun discurso para tratar temas secundarios ou complementarios máis ou menos relacionados con el. Os modos máis empregados de digresión son a introdución de comparacións, anécdotas, lembranzas, exemplos e as presentacións de espacios, personaxes ou vestiarios; na narrativa as evocacións, as prolepses da historia, as analepses, a intercalación de novos relatos na trama principal e, en xeral, toda intervención do narrador. Entre as súas funcións, destacan a de complicar a acción, crear unha pausa na acción principal, presentar os antecedentes dun personaxe ou documentar o tempo histórico e costumes.

Palabras veciñas

Digno/Digna | dígrafo | digrama | digresión | Dihang | dihelia | dihibridismo