"RAI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 377.
-
ARQUIPELAGOS
Arquipélago de Canadá situado no Océano Ártico ao N dos estreitos de Lancaster e Melville.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da costa da Antártida comprendida entre o mar de Davis e o Océano Índico. Foi descuberta por Douglas Mawson (1911-1914).
-
MONTAÑA
Aliñación montañosa da Antártida, situada no extremo interior da barreira de Ross. Acada a súa máxima altitude no monte Nansen, con 4.070 m.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión da Antártida, situada ao N do centro polar, a 16° 30’ O e 49° 30’ L. Foi descuberta en 1930 polo noruegués Hjalmar Rüser-Larsen.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Discípulo de G. L. Bernini, foi o autor da igrexa de Santa Maria in Campitelli de Roma (1663-1667) e colaborou con Domenico Fontana nas dúas igrexas de Santa Maria del Montesanto e Santa Maria dei Miracoli na Piazza del Popolo de Roma. O seu pai, Girolamo Rainaldi (Roma 1570-1655), tamén arquitecto, traballou en Boloña, Parma, Modena e no Palazzo Pamphili de Roma.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poetisa. A súa obra é, en boa parte, unha exaltación da paisaxe escocesa, da que cómpre destacar Stone and Flower (1943), The Year One (1952), Collected Poems (1956), The Lost Country (1971), On a Deserted Shore (1973), The Oval Portrait and Other Poems (1977), ademais dos seus libros de memorias. Dedicouse tamén á crítica literaria, que reflectiu en Blake and Tradition (1969), L’imagination créatrice de William Blake (1986) e Yeats the Initiate (1986).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo e artista plástico. Formado na Escola de Artes e Oficios de Villach, foi catedrático da Academia de Belas Artes de Viena (1981). Tras coñecer o surrealismo e o realismo fantástico, fundou con Fuchs, Bauer e Lehmden o colectivo Hundsgruppe (1950) onde realizou as Sobrepinturas (1953-1965). Participou na Bienal de Venecia (1978) e expuxo no Centro Pompidou (1984), ademais de outras cidades. Recibiu o premio Bechmann (1982) e fundou o Museo Arnulf Rainer en Nova York (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto austríaco. Impulsor do movemento moderno en Austria, en Viena foi profesor da Kunstakademie (1956) e urbanista da cidade (1958). Construíu a Sala Municipal (1954-1958) e revestiu a súa estrutura de aceiro con aluminio. Con K. Auböck creou unha colonia de chalés prefabricados.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que provén do xermánico Raganhar ou Raginhar, composto por ragin e hari co significado de ‘exército divino, exército forte’. A súa festividade celébrase o 30 de decembro.
-
PERSOEIRO
Príncipe de Mónaco, duque de Valentinois, marqués de Les Baux e conde de Carladès (1949), fillo do conde Pierre de Polignac e da princesa Carlota de Mónaco. Tras a renuncia da súa nai, en 1944 converteuse en herdeiro do trono e sucedeu en 1949 ao seu avó Luís II. En 1956 casou coa actriz de cine estadounidense Grace Kelly. Sucedeuno o seu fillo Alberte II.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
olcán apagado, de 4.392 m de altitude, que constitúe o cumio máis alto da Cascade Range, situado ao SO do estado de Washington, EE UU.
-
PERSOEIRO
Poeta letón. De nome Janis Plieksans, foi redactor xefe do diario Dienas Lapa (O cotián), órgano do movemento Jauna strava (A nova corrente), ao que lle deu unha dirección marxista. Arrestado polos rusos (1897), escribiu en prisión o seu primeiro libro de poemas (1903). Poeta popular, influíu na loita pola independencia de Letonia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico. Colaborou no proxecto Manhattan (1942), que creou á bomba nuclear. Profesor do departamento de física da Columbia University, en 1975 recibiu o Premio Nobel de Física, xunto a A. Bohr e B. Mottelson, polos seus traballos sobre os núcleos atómicos e as súas partículas e o desenvolvemento dunha teoría da estrutura do núcleo atómico.
VER O DETALLE DO TERMO -
LAGOS
Lago situado na fronteira entre o estado de Minnesota, EE UU, e a provincia de Ontario, Canadá, cunha extensión de 840 km2.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
-
Dirección en que avanza a enerxía que se propaga nunha onda luminosa e, por extensión, en calquera onda electromagnética. En cada punto, esta dirección é normal na fronte de onda do mencionado punto. Segundo a súa lonxitude de onda os raios reciben diferentes nomes. Os raios luminosos, correspondentes á luz visible, son os máis coñecidos. Nun dos seus extremos están os raios infravermellos e no outro os raios ultravioletas. Tamén cabe mencionar os raios ã e os raios Röntgen ou X.
-
Representación convencional da traxectoria dunha radiación ou dun feixe de partículas na súa propagación polo espazo.
-
Nome dado a un tipo concreto de radiación ou partícula (por exemplo, raios ou partículas á, raios â, raios ã, raios X, raios cósmicos).
-
raio emerxente
Raio que atravesou unha superficie de referencia.
-
raio extraordinario
Un dos dous raios en que se divide a luz que incide sobre un material sólido birrefrinxente e que ten dirección diferente á do eixe óptico do material.
-
raio globular
Raio que se presenta na forma dun globo de lume, duns 20 cm de diámetro, e que se despraza lentamente coma se flotase no aire. Cando tropeza con algún obstáculo desaparece producindo un gran ruído. É un fenómeno pouco corrente.
-
raio incidente
Raio que chega a unha superficie.
-
raio ordinario
Un dos dous raios en que se divide a luz que incide sobre un material birrefrinxente e que corresponde ao raio refractado segundo as leis da refracción.
-
raio paraxial
Raio de luz que forma un ángulo pequeno co eixe dun sistema óptico centrado, de xeito que lle son aplicables as fórmulas da óptica xeométrica na aproximación de Gauss.
-
...
-
-
-
Feixe de raios de luz que aparecen entre as nubes cando o ceo está cuberto.
-
Breve intervalo de sol nun día chuvioso.
-
Calor morna do sol na primavera ou no inverno.
-
Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘estrada’.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xardín de infancia fundado en 1973 no Castiñeiriño en Santiago de Compostela por iniciativa do párroco Antón Gómez Vilasó. O centro escolar inclúe lugares de xogo no exterior e un bosque. Na súa liña educativa destaca o interese por asegurar o benestar dos nenos e nenas, por estimular o seu desenvolvemento máis alá dos simples coidados e polo uso normal da lingua galega (Premio Manuel Beiras 2001). Tivo sempre unha forte orientación pola equidade social, que se manifestou nun sistema de cotas económicas, determinadas polos ingresos das familias. O seu equipo de educadores está moi comprometido na súa xestión, levada pola xunta directiva da Asociación de Nais e Pais e que, desde 1979, é a súa titular.
-
VER O DETALLE DO TERMO
raia bicuda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico das fibras e filamentos artificiais de celulosa rexenerada ou de ésteres de celulosa. O seu propósito inicial era a imitación da seda natural, polo que recibiron o nome, logo prohibido, de seda artificial. O seu primeiro tipo foi feito a base de nitrocelulosa, ou seda Chardonnet, e era extraordinariamente inflamable, polo que se dixou de fabricar. Os modernos tipos de raión son o cuproamoniacal, o de viscosa e o acetato. Empréganse en roupa interior, medias e tecidos en xeral. O tipo de raión de viscosa de alta tenacidade aplícase na fabricación da carcasa dos pneumáticos. O seu uso vai sendo substituído polas fibras sintéticas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde ás voces ‘estrada’ e ‘vía’ (do tren).