raio

raio

(< lat radĭu)

  1. [FÍS]
    1. s m

      Dirección en que avanza a enerxía que se propaga nunha onda luminosa e, por extensión, en calquera onda electromagnética. En cada punto, esta dirección é normal na fronte de onda do mencionado punto. Segundo a súa lonxitude de onda os raios reciben diferentes nomes. Os raios luminosos, correspondentes á luz visible, son os máis coñecidos. Nun dos seus extremos están os raios infravermellos e no outro os raios ultravioletas. Tamén cabe mencionar os raios ã e os raios Röntgen ou X.

    2. s m

      Representación convencional da traxectoria dunha radiación ou dun feixe de partículas na súa propagación polo espazo.

    3. s m pl

      Nome dado a un tipo concreto de radiación ou partícula (por exemplo, raios ou partículas á, raios â, raios ã, raios X, raios cósmicos).

    4. raio emerxente

      Raio que atravesou unha superficie de referencia.

    5. raio extraordinario

      Un dos dous raios en que se divide a luz que incide sobre un material sólido birrefrinxente e que ten dirección diferente á do eixe óptico do material.

    6. raio globular

      Raio que se presenta na forma dun globo de lume, duns 20 cm de diámetro, e que se despraza lentamente coma se flotase no aire. Cando tropeza con algún obstáculo desaparece producindo un gran ruído. É un fenómeno pouco corrente.

    7. raio incidente

      Raio que chega a unha superficie.

    8. raio ordinario

      Un dos dous raios en que se divide a luz que incide sobre un material birrefrinxente e que corresponde ao raio refractado segundo as leis da refracción.

    9. raio paraxial

      Raio de luz que forma un ángulo pequeno co eixe dun sistema óptico centrado, de xeito que lle son aplicables as fórmulas da óptica xeométrica na aproximación de Gauss.

    10. raio reflectido

      Raio emerxente dunha superficie en que a radiación sufriu unha reflexión.

    11. raio refractado

      Raio emerxente dunha superficie en que a radiación sufriu unha refracción.

    12. raios corpusculares

      Radiación de natureza corpuscular. Entre os máis coñecidos están os raios á e â emitidos polas substancias radioactivas, os raios catódicos e os raios cósmicos. Tamén cabe mencionar os raios ä, que están formados por electróns, e os raios positivos ou raios canais.

    13. raios X

      Radiación electromagnética, de lonxitude de onda 10.000 veces menor ca a lonxitude de onda da luz visible, que se obteñen por impacto sobre un branco metálico (de platino ou tungsteno) de electróns acelerados nun tubo de baleiro, que pode ser de cátodo frío ou de cátodo quente. Os primeiros son tubos de raios catódicos nos que hai intercalado entre o cátodo e o ánodo un anticátodo en que se producen os raios X. Nos segundos, denominados tubos de Coolidge, os electróns que se producen por efecto termoiónico inciden no ánodo, que fai de anticátodo. No espectro das ondas electromagnéticas, os raios X atópanse na franxa de lonxitudes de onda comprendida entre os 100 e os 10 -6 . Os raios X foron descubertos por W. C. Röntgen en 1895 e empréganse en medicina para a exploración do corpo humano. Desde 1912, grazas a M.Von Laue e W. H. Bragg, utilízanse no estudo dos retículos cristalinos das substancias. En 1913 H. G. Moseley iniciou a espectroscopia dos raios X. OBS: Tamén se denominan raios Röntgen.

  2. s m [FÍS/METEOR]

    Descarga eléctrica automantida do tipo aluvión e análoga á chispa, que se produce entre dúas nubes, entre diferentes partes dunha mesma nube ou ben entre unha nube e o solo. As nubes de tipo cumulonimbo dos ceos tempestuosos adoitan presentar acumulacións de cargas, que orixinan diferenzas de potencial. Cando son moi elevadas, iníciase a descarga que adoita presentar a forma dun arco luminoso alongado e con ramificacións laterais. O resplandor producido (alustro, lóstrego, relampo ou relustro), vai acompañado dun trono. Os alustros están constituídos por unha sucesión de descargas parciais.

    1. s m [MAT]

      Distancia desde o centro dun círculo ou unha esfera ata calquera punto da circunferencia do círculo ou da superficie da esfera.

    2. raio covalente [QUÍM]

      Distancia característica de cada elemento nun tipo particular de hibridación, definida como a metade da distancia interatómica nun composto binario homonuclear covalente.

    3. raio de xiro [TECNOL]

      Raio mínimo da circunferencia descrita pola roda directriz exterior dun vehículo automóbil ao efectuar unha viraxe permitida polo seu sistema de dirección. OBS: Tamén se denomina raio de viraxe.

    4. raio iónico [QUÍM]

      Raio da esfera, nunha estrutura iónica, que ten no centro o ión que contén, en primeira aproximación, a totalidade da súa carga.

    5. raio metálico [QUÍM]

      Raio da esfera, nunha estrutura metálica, que pode ser asimilado a un átomo metálico.

    1. s m

      Espazo circular definido polo seu raio xeométrico.

    2. raio de acción [AERON]

      Distancia que unha aeronave pode percorrer sen proverse de combustible en voo, en condicións definidas de peso inicial e carga de combustible. É función dos pesos inicial e final, dos coeficientes de sustentación e de resistencia total da aeronave, do consumo específico de combustible e do rendemento do grupo propulsor.

  3. s m [TECNOL/TRANSP]

    Cada unha das barras ou variñas, que unen o cubo dunha roda coa súa circunferencia, especialmente nas rodas das bicicletas e dalgunhas motocicletas.

  4. s m [BOT]
    1. Cada un dos pedicelos ou pedúnculos que sosteñen unha flor ou unha umbélula.

    2. Lígula dun capítulo raiado.

  5. raios crepusculares [ASTRON/METEOR]

    Iluminación difusa debida á presenza de diminutas partículas de po e humidade no aire, que precede á aurora e segue á posta de sol. A duración da luz crepuscular prolonga a duración da luz diúrna dun xeito notable.

  6. raio medular [BOT]

    Banda radial de tecido parenquimático que está situada entre os feixes condutores, na raíz e no talo.

  7. raio verde [ASTRON/METEOR]

    Lampexo luminoso e instantáneo de cor verde que se observa algunhas veces en días moi claros no punto en que o disco solar está a punto de saír (á alba) ou de desaparecer (ao solpor) polo horizonte do mar. É orixinado pola diferente desviación (dispersión) que os raios da luz adoitan experimentar ao atravesar a atmosfera terrestre.

Frases feitas

  • Coma un raio. De forma moi rápida.

Palabras veciñas

Rainis, Janis | Rainwater, James | Rainy | raio | raiola | Raiola | 1 raión