raiola

raiola

(< raio)

  1. s f

    Feixe de raios de luz que aparecen entre as nubes cando o ceo está cuberto.

    Sinónimos: candelo.
  2. s f

    Breve intervalo de sol nun día chuvioso.

    Sinónimos: raxeira, razada.
  3. s f

    Calor morna do sol na primavera ou no inverno.

  4. s f

    Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘estrada’.

    Sinónimos: raiona.

Palabras veciñas

Rainwater, James | Rainy | raio | raiola | Raiola | 1 raión | 2 raión