"RDA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 499.
-
PERSOEIRO
Compositor italiano. Foi director do Theatre Royal en Crow Street e autor de óperas como Perseverance (1788).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano. Foi discípulo de J. Ribera en Nápoles e axudante de Pietro da Cortona en Roma. Asumiu as tendencias da pintura italiana dos ss XVI e XVII. Traballou en Milán, Venecia (frescos de Santa Maria della Salute), Florencia (Apoteose dos Medici, 1682) e, por encargo de Carlos II, en El Escorial (bóveda da escaleira do claustro) e Toledo (sancristía da catedral). Foi un dos máximos expoñentes da exuberancia decorativa barroca.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor italiano. Estudiou no conservatorio de Nápoles e cultivou a ópera dentro do campo do verismo. Da súa produción destaca Andrea Chenier (1896), Fedora (1898) e Il re (1929).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Valido de Filipe III (1618-1621), primeiro duque de Uceda (1609) e marqués e duque de La Cea, fillo do duque de Lerma. Trala caída do seu pai (1618) ascendeu ao cargo de valido. Durante o seu goberno, influenciado por Luis de Aliaga e Baltasar de Zúñiga, reanudou a política bélica exterior, coa participación de Castela na primeira fase da Guerra dos Trinta Anos, e apoiou os intereses da nobreza latifundista. Á morte de Filipe III (1621), foi procesado e desterrado da corte polo novo monarca.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Foi un dos fundadores do Partido Radical Socialista e ministro de Industria e Comercio co goberno de Martínez Barrio (1933). Durante a Guerra Civil foi embaixador do goberno republicano en México e Cuba e ocupou o cargo de presidente do consello de goberno da República no exilio (1951-1960).
VER O DETALLE DO TERMO -
DISTRITOS
Distrito de Portugal, na Beira (5.540 km2; 179.963 h [estim 2001]). A capital é Guarda (25.520 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filántropo. Fillo dun artesán portugués, formouse como piloto e ingresou na mariña mercante. Posteriormente traballou co armador Xoán Menéndez e acadou para A Coruña a representación dos vapores de Antonio López e da Compañía Transatlántica Española. Xunto coa súa dona, Modesta Goicouría, reuniu unha gran fortuna que empregou na construción de grandes edificios. Realizou a reconstrución da igrexa de Santo Andrés, convertida en capela castrense, e construíu o Instituto de Segunda Ensinanza, as Escolas da Guarda, xunto á praza de Pontevedra, e o mercado da praza de Lugo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de santa María que lle dá nome ao concello da Guarda.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca do Baixo Miño, situado na provincia de Pontevedra no SO da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N co concello do Rosal (O Baixo Miño), ao S e ao L co río Miño, que o separa de Portugal, e ao O co Océano Atlántico. Abrangue unha superficie de 20,5 km 2 cunha poboación de 10.356 h (2007), distribuída entre as tres parroquias do concello: Camposancos, A Guarda e Salcidos. Camposancos constitúe unha entidade local menor, rexida pola súa xunta veciñal e o seu alcalde pedáneo. A capital municipal é a vila da Guarda, situada a 41° 54’ de latitude N e 8° 52’ de lonxitude O, 49 km ao S de Vigo e 134 km ao S de Santiago de Compostela. Está adscrito ao partido xudicial de Tui e á diocese de Tui-Vigo.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O concello da Guarda atópase baixo o dominio climático oceánico húmido. As temperaturas son benignas ao longo de todo o ano, e cunha temperatura media anual de 13,6°C. No mes máis cálido, xullo, acádase unha media de 19,6°C.... -
VER O DETALLE DO TERMO
Capela situada na Guarda. Protectora dos navegantes da vila, a súa confraría creouse no s XVI. A capela puido ser construída no s XV. Nela destaca o pórtico de entrada de madeira, sostido por catro columnas erixidas sobre podios. O campanario, que presenta volutas e pináculos, é de época posterior. O 8 de setembro celébrase a súa festa cunha procesión que parte da igrexa parroquial ata a capela.
-
IGREXAS
Igrexa situada na Guarda. Pertenceu a un mosteiro de monxas beneditinas fundado en 1558 pola familia Ozores de Soutomaior. O convento restaurouse en diversas épocas e nel destacou o claustro. Foi escola pública trala supresión da vida monacal en 1868 e converteuse nun establecemento hoteleiro en 1990. A igrexa construíuse no s XVI e conserva, entre outros, o sepulcro de Álvaro Ozores e Soutomaior. A fachada destaca pola sobriedade. A porta é de arco de medio punto apoiada en pilastras planas. O conxunto remata con pináculos nas esquinas e campanario central.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada na Guarda. Atópase no terreo que ocupou unha igrexa prerrománica do s X. Construída en 1576, ten planta rectangular. A fachada é barroca e nela sobresaen as cornixas curvas rematadas en volutas e a ventá central. No lado N conserva pegada a torre do s XIX formada por tres corpos separados por balcóns de balaústres con pináculos con bólas nas esquinas.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Alacant (8.227 h [1996]). A economía local baséase no turismo, que permite que o sector turístico xere o 57% do emprego. Antiga fortificación islámica, foi conquistada por Xaime I para o Reino de Castela e repoboada con cataláns. Do seu patrimonio cultural destacan o xacemento arqueolóxico da Rápita Califal de las Dunas, declarado Ben de Interese Cultural (1990), e o castelo (ss XIV-XIX).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento idiófono en forma de lira que se suxeita cos dentes e se fai soar axitando co dedo unha lingüeta de aceiro, que coa súa vibración xera o son que se pode modular na cavidade bucal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fiorde da costa sudoccidental de Noruega, no fylke de Hordaland. Ábrese cara ao interior nunha lonxitude de 180 km.
-
PERSOEIRO
Cantautor estadounidense. Coñecido como Stevie Wonder, é cego de nacemento. Debutou en 1962 en Detroit tocando o piano e a harmónica e, máis tarde, actuou tamén en conxuntos de gospel e cantos espirituais negros. Entre os seus discos destacan Tribute to Uncle Ray (1962), With A Song In My Heart (1963), The Woman in Red (1984) e At The Close Of a Century (1999). Recibiu numerosos premios Grammy.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos hemicordados.
-
Invertebrado da rama dos hemicordados.
-
Rama de organismos bilaterais deuteróstomos, co corpo vermiforme ou en forma de saco, e unha corda neural curta en posición dorsal. É un grupo exclusivamente mariño que inclúe formas solitarias e coloniais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode herdar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Propiedade rústica que pertence a unha persoa.
-
-
-
Dereitos, obrigacións e bens que, unha vez morto o titular, poden ser transmitidos a un terceiro, herdeiro ou legatario. Os dereitos e as obrigacións (activas ou pasivas) deben ser persoais. O sucesor recibe o nome de herdeiro ou legatario, dependendo de se a sucesión leva un título universal ou particular. Unha vez declarada a sucesión hai unha chamada ao sucesor, coñecida como delación, en que o herdeiro pode aceptar ou repudiar a herdanza. Desde o momento da morte ata que alguén se fai cargo da herdanza dise que a herdanza está xacente. OBS: Tamén se denomina herdo.
-
herdanza mutual
Institución contractual recíproca de herdanza entre os esposos a favor de quen sobreviva.
-
-
Aplícase ao que procede do pasado e que se transmite á posteridade.
-
Fenómeno de transmisión dun conxunto de caracteres conxénitos entre os individuo dunha determinada especie. Cada grupo de seres vivos presenta unhas características moi estables, que son os definidores de grupos, e que tansmite aos descendentes. Dentro dunha especie determinada hai unha variabilidade nos caracteres non específicos susceptible de perpetuarse nos descendentes a través duns mecanismos de transmisión chamados xenes. A herdanza mendeliana explica que cada carácter está controlado por unha parella de factores, e cada factor preconiza un aspecto determinado deste carácter. Se un individuo ten dous factores iguais para un determinado carácter chámase homocigoto ou raza pura, e se os ten diferentes, heterocigoto ou híbrido. Hai que distinguir a herdanza dominante, en que os individuos heterocigotos presentan o aspecto do carácter preconizado por un só factor, e a herdanza intermedia, en que os indiviudos heterocigotos presentan...
-