"RIM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 390.

  • Relativo ou pertencente á primavera.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen nunha serie ocupa o lugar número un.

    2. Que ou quen é o mellor ou de máis importancia nunha serie.

    3. Marcha ou velocidade curta dun vehículo.

    4. Antes de todo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Festa internacional do traballo. Foi instituída como unha xornada de loita do proletariado internacional na derradeira sesión do Congreso Internacional Socialista, celebrado na sala Pétrelle de París do 14 ao 20 de xullo de 1889. Tiña por finalidade reunir, nunha xornada de loita internacional, a clase obreira fronte ao capital. A institucionalización deste día polos diferentes estados transformouna de xornada de loita reivindicativa do proletariado en festa do traballo. En Galicia, esta data estivo vinculada ás tácticas legalistas do obreirismo socialista, que aproveitou a ocasión para darlle pulo á súa implantación en Lugo, Pontevedra, Vigo, Ourense e Ferrol, no devalo do s XIX. Ao redor da Primeira Guerra Mundial, a celebración consistía nun paro máis ou menos simbólico, un mitin e unha manifestación posterior para entregar as conclusións ás autoridades, finalizando cunha festa campestre. Por aquel entón, a conmemoración fíxose extensiva ás vilas que contaban con sociedades obreiras...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é primeiro ou superior en calidade ou rango.

    2. Alto dignatario do Baixo Imperio Romano e do Imperio Bizantino.

      1. Alto dignitario eclesiástico. En orixe designaba o xefe dos notarios pontificios e o prefecto da chancelaría apostólica, así como o crego que se atopaba por riba dos diáconos, subdiáconos e cregos menores.

      2. Persoa que presidía o coro en mosteiros ou colexiatas.

    3. Graduado elixido anualmente na Universidad de Salamanca, alternando entre as facultades, que exercía funcións económicas e gobernativas relativas á capela. Ocupaba un lugar inmediato ao reitor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Primeiros froitos de algo, especialmente unha colleita. OBS: Adoita empregarse en plural.

    2. Dereito de recibir os primeiros froitos da terra ou do gando que os fieis ofrecían a Deus na persoa dos ministros da Igrexa. A diferenza do décimo, non tiña cantidade fixa e só se satisfacía unha vez ao ano. Foi suprimida por lei en 1837. OBS: Adoita empregarse en plural.

    3. Noticia ou feito que se ofrece ou se sabe por primeira vez e que constitúe unha novidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ás primicias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tegumento externo do primordio seminal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á femia que pariu por primeira vez.

    2. Aplícase á muller que pariu por primeira vez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeiro dos centurións dunha lexión romana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Condición ou calidade de primitivo.

      1. Imitación dos pobos primitivos.

      2. Inxenuidade finxida.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao comezo ou á orixe de algo.

      2. Que se formou antigamente.

      3. Referido a un pobo ou a unha civilización, que están pouco desenvolvidos en relación a outros.

      4. Que está feito sen perfeccionamento nin refinamento.

      5. estado primitivo CULT

        Sistema de integración política máis centralizado e estratificado, que se caracteriza pola presenza dunha forma especial de control baseada na continua ameaza da forza por parte dun conxunto de persoas lexitimadas para usala, o que o distingue da caudillismo. Foi o caso da civilización azteca.

      6. sociedades primitivas CULT

        Pobos ou grupos étnicos que non pertencen á civilización industrial occidental. Este termo foi introducido en antropoloxía polo evolucionismo. Os datos etnográficos desmenten a pretensión de identificar a cualificación de primitivo coa de simple.

      1. Que non derivada de nada

      2. Aplícase á palabra non derivada doutra da mesma lingua.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Bos Aires a partir do 1 de decembro de 1905. Subtitulada “Revista mensual: Propiedad del Orfeón Gallego Primitivo”, estivo editada por esta sociedade cunha periodicidade mensual. Pretendeu achegar a realidade de Galicia aos seus asociados e defender os seus intereses. Incluíu artigos sobre a historia e a cultura galegas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Segundo a tradición era fillo do centurión san Marcelo, polo que tería orixe galaica. Xunto co seu irmán xemelgo san Facundo foi martirizado e decapitado polo cónsul Ático en época de Adriano por se negaren a adorar o deus Febo. Segundo a tradición morreron preto de Cea e están enterrados na catedral de Ourense, para outros en Sahagún. A súa festividade celébrase o 27 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que provén da forma latina primitivus, derivado de primitus ‘en primeiro lugar, por primeira vez’, que á súa vez vén de primus ‘primeiro’, nome que se lle daba ao primeiro nacido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é primitivo ou orixinario.

    2. Mestura de metano, hidróxeno, amoníaco e dióxido de carbono que habería na Terra hai 4.600 millóns de anos. S. L. Miller demostrou, mediante un experimento no que introduciu unha mestura destes gases nun tubo de vidro e a someteu a descargas eléctricas, calor ou a radiacións ultravioletas, que se obtiñan aminoácidos dos que, posteriormente, podería saír a vida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que deriva do latín primus ‘o primeiro’, alcume da Idade Imperial que se lle daba ao primeiro dos fillos dun matrimonio (da serie secundus, tertius, etc).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. curmán.

      2. primo segundo

        Fillo dun curmán ou curmá do pai ou da nai, respecto a unha persoa.

    1. Aplícase ás diversas letras iguais empregadas nunha figura xeométrica ou nunha expresión alxébrica que son diferenciadas das outras cun acento á dereita, como é a’, que tamén se le “a primo”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de militares e políticos españois. José Primo de Rivera y Ortiz de Pinedo (Algeciras 1777-Sevilla 1853), foi ministro de Mariña, Comercio e Ultramar (1839) e de Facenda (1839), senador e capitán xeneral de Cádiz (1848-1849). O seu fillo Rafael Primo de Rivera y Sobremonte (Montevideo 1813-Cádiz 1902) foi gobernador militar de Huelva, comandante militar en Trinidad (Puerto Rico) e no castelo de La Cabaña (Cuba). Posteriormente ascendeu a capitán xeneral de Andalucía (1868-1869), València (1869) e Puerto Rico, así como conselleiro de estado (1870) e director xeral de Artillaría. O seu irmán Fernando Primo de Rivera y Sobremonte (Sevilla 1831-Madrid 1921), primeiro marqués de Estella, foi capitán xeneral de Castela a Nova (1880 e 1890-1893) e de Filipinas (1880-1883 e 1897-1898), capitán xeneral do exército, ministro da guerra (1907-1909 e 1917) e presidente do Consello de Guerra e Mariña (1920-1921). O seu sobriño Miguel...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político, segundo marqués de Estella. Ingresou no exército en 1884, tomou parte nas guerras de Cuba e Filipinas e foi capitán xeneral de Madrid e de Catalunya (1922). A Desfeita de Annual (1921) e a situación política xeral determinaron o predominio da corrente intervencionista no exército e, o 13 de setembro de 1923, rebelouse para “salvar o país dos profesionais da política”. O goberno dimitiu o día 14, e o Rei Afonso XIII chamouno a Madrid. Ao día seguinte nomeou un Directorio Militar, co que comezou a Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930). Ademais de presidir o Consello de Ministros, exerceu como ministro de Estado (1927-1928) e de Exteriores (1928-1930). O 26 de xaneiro de 1930, para reafirmarse no poder, pediu aos capitáns xenerais que lle ratificasen a súa confianza. A consulta foi negativa e o 28 de xaneiro dimitiu. Días despois trasladouse a París.

    VER O DETALLE DO TERMO