"RL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1468.

  • PERSOEIRO

    Lingüista alemán. En 1876 publicou un artigo sobre as nasais silábicas indoeuropeas que revolucionou as concepcións ata entón admitidas e abriu unha polémica da que naceu o grupo Junggrammatiker (Neogramáticos) e o debate sobre a regularidade das leis fonéticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Exiptólogo. Foi profesor en Göttingen en 1868 e, entre 1870 e 1879, director da Escola de Exiptoloxía do Cairo. A súa obra, moi vasta, orientouse preferentemente cara aos estudios demóticos e xeográficos: Grammaire démotique (Gramática demótica, 1855), Ditionnaire hiéroglyphique et démotique (Dicionario xeroglífico e demótico, 1867-1882), Geographische Inschriften altägyotischer Denkmäler (Inscricións xeográficas dos monumentos do Antigo Exipto, 1857-1860), Ditionnaire géographique de l’ancienne Egypte (Dicionario xeográfico do Antigo Exipto, 1879). En 1863 fundou a revista Zeitschrift für ägyptische Sprache und Altertumskunde (Revista de lingua e arqueoloxía exipcia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médica e política. Entre 1965 e 1969 ocupou diversos cargos no ministerio de Sanidade e, entre 1974 e 1979, foi ministra de Medio Ambiente. De 1981 a 1992 asumiu a dirección do grupo parlamentario do Partido Laborista Noruegués. Dende 1981 ata 1996, cando dimitiu do seu cargo, foi primeira ministra en catro ocasións. En 1994 recibiu o Premio Carlomagno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e historiador alemán. Membro destacado da nova escola histórica alemana. Estudiou a evolución da poboación de Frankfurt nos ss XIV e XV e outros temas de historia medieval. Seguindo a Johann Karl Rodbertus, configurou tres fases da historia económica: o período do ο → κος ‘casa, vivenda’, a economía das cidades medievais e a economía moderna, que lle serviron para criticar a pretensión da teoría económica clásica. Afirmaba que o tratamento xenético dos fenómenos debe completarse cunha análise teórica dos seus resultados. Escribiu Die Entsehung der Volkswirtschaft (O nacemento da economía política, 1893) e Beitrage zur Wirtschafts Geschichte (Contribución á historia económica, 1922).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico norteamericano. Coñecido como Charles Bronson, despois de desempeñar numerosos oficios dedicouse plenamente ao cine. Interpretou numerosos papeis en westerns pero deuse a coñecer coa serie Eu son a xustiza, de Michael Winner. Traballou nos filmes: You´re in the Navy Now (Ti estás na Armada agora, 1950), The Magnificent Seven (Os sete magníficos, 1960), The Great Escape (A gran fuxida, 1963), Death Hunt (Caza salvaxe, 1980), Murphy’s Law (A lei de Murphy, 1985) e The Sea Wolf (O lobo de mar, 1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista. Educouse en China onde ambientou moitas das súas novelas. Publicou, entre outras obras, The Good Earth (A boa terra, 1931), A House Divided (A casa dividida, 1935), Letter from Peking (Carta desde Pequín, 1957) e Death in the Castle (Morte no castelo, 1964). Asinou algunhas das súas obras baixo o pseudónimo de John Sedges. Obtivo o Premio Nobel de Literatura en 1938.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psicólogo e lingüista alemán. Foi profesor en Múnic, Dresden e Viena, onde ocupou a cátedra de Psicoloxía da facultade de Filosofía, e emigrou a Pasadena (California) para exercer a docencia en varias institucións. Influído polas investigacións da escola de Würzburg, orientouse cara ao estudo experimental do pensamento e da linguaxe, e seguiu as teorías biopsicolóxicas da escola da Gestalt. Nunha primeira etapa, dedicada á psicoloxía, realizou diversas investigacións sobre as percepcións de formas ou estruturas e sobre o desenvolvemento psíquico do neno. Posteriormente, xa dentro do campo da lingüística, analizou as funcións expresiva, apelativa e representativa e os fenómenos da linguaxe falada. Bühler consideraba que o obxecto total da lingüística estaba formado por catro campos: a acción verbal, o produto lingüístico, o acto verbal e a forma lingüística. É autor de Gestaltwahrnehmungen (A percepción da forma, 1913), Die Geistige Entwicklung des Kindes (O desenvolvemento...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. A súa obra recolle os problemas do home contemporáneo enfrontado á sociedade alleante, da que tenta escapar a través da plasmación dun mundo violento e marxinal, dentro dunha certa estética do malditismo. Publicou poemarios como At Terror Street and Agony Way (Na rúa do terror e no camiño da agonía, 1968) e The Days Run Away like Wild Horses over the Hills (Os días fuxiron como cabalos salvaxes nos outeiros, 1969) e, como narrador, as obras Tales of Ordinary Madness (Contos dunha loucura ordinaria, 1967), Notes of a Dirty Old Man (Notas dun home sucio e vello, 1969), Factotum (1976), Women (Mulleres, 1979), Shakespeare never did this (Shakespeare nunca fixo isto, 1979) e Hollywood (1988), entre outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. As súas obras, de tendencia neoclásica e ao mesmo tempo romántica, constitúen as primeiras manifestacións dunha arquitectura nacional. É autor dos capitolios de Boston, Hartford e Augusta, e dirixiu unha etapa das obras do capitolio de Washington (1817-1830).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político alemán e príncipe de Bülow. Foi embaixador en Bucarest (1888-1893) e en Roma (1893). Guillerme II nomeouno secretario de estado de Asuntos Exteriores (1897) e chanceler do Imperio (1900-1909). Mantivo unha política favorable á orientación do emperador diante da Entente Cordiale (1904). Defendeu o desenvolvemento do exército e dunha mariña de guerra potente que garantise a expansión comercial alemana. Enfrontouse coa oposición socialdemócrata e buscou o apoio dos conservadores, os católicos do centro e os liberais nacionais. A crítica ao kaiser Guillerme II, quen revelou segredos diplomáticos a un periodista no curso dunha entrevista, separouno do poder. Rematou a carreira diplomática como embaixador en Roma (1914-1915).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Orientalista, teólogo e diplomático alemán, barón de Bunsen. Foi embaixador de Prusia no Vaticano entre 1823 e 1838 e en Londres entre 1842 e 1854. Propuxo a reconciliación entre as diversas igrexas evanxélicas. Entre os seus traballos, de temas tan variados como exiptoloxía, patrística, filosofía e historia das relixións, destaca Die Zeichen der Zeit (Os signos do tempo, 1855), no que defende a liberdade de conciencia. Fundou o Instituto Arqueolóxico de Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fisiólogo alemán. Dedicouse ao estudo do sistema nervioso e describiu o fascículo e o núcleo nervioso que levan o seu nome: fascículo de Burdach.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Municipio da Comunidad Foral de Navarra, situado ao L de Iruña-Pamplona, na marxe esquerda do río Arga (15.366 h [1996]). Está integrado na área urbana de Iruña-Pamplona, coa que mantén estreitos vínculos funcionais. Atópanse neste concello mananciais de aguas minerais. É un punto xacobeo de gran relevancia, atravesado polo camiño navarro de peregrinación a Santiago.

    2. Acción, palabras ou xestos que se lle fan a unha persoa ou cousa co obxecto de convertela en motivo de risa ou escarnio.

    3. Engano que se lle fai a alguén aproveitándose da súa confianza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción, palabras ou xestos que se lle fan a unha persoa ou cousa co obxecto de convertela en motivo de risa ou escarnio.

    2. Engano que se lle fai a alguén aproveitándose da súa confianza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Foral de Navarra, situado ao L de Iruña-Pamplona, na marxe esquerda do río Arga (15.366 h [1996]). Está integrado na área urbana de Iruña-Pamplona, coa que mantén estreitos vínculos funcionais. Atópanse neste concello mananciais de aguas minerais. É un punto xacobeo de gran relevancia, atravesado polo camiño navarro de peregrinación a Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que realiza burlas.

    2. Home que gosta ou se gaba de seducir e enganar as mulleres.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lograr evitar alguén unha acción que vai no seu prexuízo.

    2. Malograr, frustrar as esperanzas de alguén.

    3. Facer ou dicir cousas que ridiculizan a alguén ou a algunha cousa.

    4. Enganar ou facer crer a alguén o que non é certo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que fai burla de alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe de orixe asturiana que fundou varias casas en Galicia. Relaciónase tamén con esta caste o apelido Bustenza. As súas armas levan, en campo de goles, unha banda de prata, cargada dunha cruz flordelisada de goles como a de Calatrava.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que implica burla.

    2. Composición musical de carácter humorístico. Dedicada en principio á escena, máis tarde converteuse nun xénero instrumental.

    3. Xénero literario nacido en Italia no s XVI e moi cultivado na Idade Media. Ridiculiza costumes, institucións ou persoas por medio dunha imitación incongruente na que se contrastan o fondo e a forma, presentando os temas triviais con severidade irónica ou tratando con lixeireza temas serios; en definitiva, amosa unha visión crítica da realidade social e dos seus valores.

    VER O DETALLE DO TERMO