"ROM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1150.
-
VER O DETALLE DO TERMO
crom(a/ato/o)-.
-
-
Que está recuberto de cromo, especialmente aplicado a metais ou obxectos metálicos.
-
Recubrimento de cromo sobre unha superficie metálica realizado mediante técnicas electrolíticas, para protexela da atmosfera.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo aplicado ás estruturas que teñen unha grande afinidade para os sales de cromo, especialmente ás células que hai nos ganglios simpáticos e na medula suprarrenal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Recubrir un metal con cromo depositado electroliticamente co fin de protexelo da atmosfera. O metal base é, normalmente, aceiro ou carbono. A capa de cromo ten un grosor de entre 0,01 e 0,6 mm.
-
-
Calidade colorimétrica dunha luz determinada. Para definila acostúmase empregar as chamadas coordenadas tricromáticas ou de cromaticidade, mais tamén ás veces vén expresada polas dúas magnitudes colorimétricas: a lonxitude de onda dominante (to) e a saturación. Graficamente, emprégase o diagrama de cromaticidade ou das cores, comprendido dentro dun triángulo, coñecido como triángulo das cores.
-
Capacidade dunha estrutura biolóxica, como orgánulos, células e tecidos, de reter determinados colorantes.
-
-
-
Relativo ou pertencente á cor ou ás cores.
-
Relativo ou pertencente ao cromatismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos dous filamentos formados pola duplicación lonxitudinal dun cromosoma que se fai visible na profase da mitose e da meiose. As dúas cromátidas de cada cromosoma están unidas polo centrómero. Despois de que o centrómero se divide, sepáranse as cromátidas e convértense, cada unha delas, nun cromosoma.
-
-
Material xenético do núcleo celular durante a interfase. Ten carácter basófilo e está formado principalmente por ADN, e tamén por ARN e proteínas. Cando a célula se vai dividir, a cromatina condénsase e forma os cromosomas. Distínguense dúas variedades: unha menos densamente empaquetada, chamada eucromatina, e outra máis densamente empaquetada, chamada heterocromatina, que non se expresa xeneticamente.
-
Pequeno corpúsculo de heterocromatina, redondo ou ovado, adherido á membrana nuclear. Dáse no 60-80% das células dos individuos de sexo feminino e raramente nos de sexo masculino, polo que se emprega para a diagnose citolóxica do sexo. Denomínase tamén corpúsculo de Barr.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á cromatina.
-
-
Calidade de cromático.
-
Coloración anormal das estruturas vexetais que normalmente son verdes ou brancas.
-
Procedemento musical consistente na alteración nun semitón descendente ou ascendente dunha nota ou máis dunha escala diatónica. Pode presentarse tanto na harmonía como na melodía. Con Gesualdo e Monteverdi, conseguiu unha complexidade e unha riqueza comparables só á dalgúns compositores románticos, especialmente Wagner, Liszt e Strauss. Posteriormente, Schönberg deulles ás doce notas da escala cromática o mesmo valor; deste xeito, estableceu o total cromático, base do método dodecatónico.
-
-
-
Anión de fórmula CrO 4 -2 que se pode considerar derivado do ácido crómico por perda dos hidróxenos.
-
Calquera sal do ácido crómico. En disolución, os cromatos teñen cor amarela, por mor da presenza do ión cromato. A disolución acuosa dun cromato ten carácter básico, debido ao paso de cromato a dicromato por hidrólise, segundo a reacción: 2CrO 4 -2 ⇋Cr 2 O 7 -2 +2OH - . En solución ácida o equilibrio está completamente desprazado cara á dereita, 2CrO 4 -2 +2H + ⇋Cr 2 O 7- 2 +H 2 O. Por esta razón, obtéñense os dicromatos tratando un cromato con ácido.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
crom(a/ato/o)-.
-
-
Cada unha das células dérmicas cheas de pigmentos que hai en determinados animais e que se contraen controladas polo sistema nervioso central, feito que orixina cambios de cor.
-
Na citoloxía botánica, calquera clase de plastidio sobre todo cando a súa cor non é verde.
-
Orgánulo arredondado, de estrutura non lamelar, onde se concentran os pigmentos asimiladores nas bacterias fotosintetizadoras.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método de separación baseado no diferente grao de retención que presentan os compoñentes dunha mestura problema, disolta nunha fase líquida ou gasosa, ao interaccionar ao longo dunha fase estacionaria, que pode ser sólida ou ben líquida, impregnando un soporte inerte. Empregouna por primeira vez M. S. Tswett en 1903 na separación de pigmentos vexetais. Nos anos trinta esta técnica xeneralizouse e, desde aquela, a súa evolución foi ininterrompida por mor da súa gran potencialidade para a separación de mesturas complexas de substancias orgánicas de interese farmacolóxico, bioquímico ou ambiental, e dalgunhas substancias inorgánicas, detectables en canto á súa concentración por debaixo dos mg/l. As técnicas cromatográficas en columna poden dividirse, segundo a natureza da fase móbil empregada, en cromatografía de gases e cromatografía de líquidos. Dentro da cromatografía de gases, segundo o tipo de interacción entre os solutos e a fase estacionaria, distínguense dous tipos: a cromatografía...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á cromatografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato necesario para levar a cabo unha separación cromatográfica. A súa estrutura xeral (de gases ou de líquidos) consta dun inxector, a través do que se introduce a mostra que se transporta pola fase móbil (gas portador ou líquido, segundo o caso) á columna que contén a fase estacionaria, onde se separan os compoñentes da mestura. A corrente que sae da columna chega a un sistema de detección que pode ser: de ionización de chama, de captura de electróns e outros, en cromatografía de gases; e de UV-VIS ou electroquímico, entre outros, en cromatografía de líquidos. O rexistro do sinal deste detector constitúe a curva de elución a partir da que é posible identificar e cuantificar cada compoñente da mostra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gráfica producida polo cromatógrafo (curva de elución) que permite identificar e cuantificar os compoñentes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte periférica do citoplasma das cianobacterias onde se localizan os pigmentos asimiladores.
-
-
Capacidade visual de percibir as cores.
-
isión na que os obxectos se perciben coloreados de xeito anormal.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tubo de raios catódicos de deflexión electromagnética empregado nos receptores de televisión. Tamén se coñece como cromoscopio ou tubo de imaxe.