"Rei" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1485.

  • Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia política que asume, ao mesmo tempo, algúns conceptos do centro e da dereita. A miúdo pode estar identificada coa dereita moderada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma castelanizada correspondente ao apelido galego Cereixo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. A súa obra lírica en galego foi publicada postumamente nunha edición de Lois Vázquez (1986), dividida en tres partes: “Íntimas”, “Tornade os que estades fóra” e “Cantigas”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que fabrica ou vende produtos de cera, como poden ser cirios ou exvotos. Na tradición oral recóllense ditos como: “Na casa do cereiro ninguén se deita ás escuras”.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Froito da cerdeira, de forma arredondada, duns dous centímetros de diámetro e de pel lisa vermella escura, aínda que pode variar de amarela a negra nas distintas variedades de cultivo. Está unido á árbore por un pedúnculo delgado e longo, e ten sabor doce ou agridoce. A cereixa branca é unha variedade de gran tamaño e de cor case branca; a cereixa brava é pequena e de sabor acedo; a cereixa pataqueira é grande e de pouco sabor; e a picota é de cor vermella escura e sabor moi doce, que se adoita comercializar sen pedúnculo. É un froito rico en potasio e vitaminas A e C, e ten efectos laxantes. Emprégase para obter extractos e destilados que se usan como saborizantes. Consómese fresca ou en marmelada e utilízase frecuentemente en preparacións pasteleiras e confiteiras e na elaboración de licores (Chesky, Kirsch, Marrasquino, Rocher e outros). En Galicia celébranse varias festas gastronómicas da cereixa, a máis importante é a de Beade (Vigo). Na tradición...

      1. Froito semellante a unha cereixa.

      2. cereixa de raposo

        Froito da hedra.

      3. cereixa do can

        Froito do espiño.

      4. cereixa dos paxaros

        Froito do acivro.

    2. Que ten cor vermella escura, semellante á que adquiren algunhas clases de cereixas cando están maduras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Pobra de Brollón baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Parroquia do concello de Pobra do brollón, a. baixo a advocación de San pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Becerreá baixo a advocación de san Xosé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cervantes baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Fonsagrada baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Quiroga baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • lumbrigante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou río da Briña Río afluente do Miño pola dereita. Nace na vertente oriental da serra da Groba, no límite entre as parroquias de Pinzás e Barrantes, do concello de Tomiño. O seu curso adopta en principio unha dirección O-L, coa que drena as parroquias de Tebra e Vilameán. No límite entre esta última e a de San Salvador de Tebra vira cara ao S e prosegue polos límites das parroquias de Taborda, Tomiño, Amorín e Forcadela; desemboca entre as dúas últimas, preto do lugar da Aldea (Forcada), logo dun percorrido duns 10 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Estrada baixo a advocación de san Xurxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vimianzo baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que recibiu o concello da Estrada dende a súa constitución en 1836 ata o 8 de febreiro de 1841, data na que adoptou a denominación actual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido que ten a súa orixe nun topónimo ou nun alcume. O étimo ao que remite é o latín vulgar cerĕsĭu, derivado do latín clásico cerăsĭu ‘cerdeira’. O alcume é o latín de tipo caracterizador e aplicóuselle a individuos que sobresaían pola cor rubia do seu cabelo ou por ter a cara redonda e con fazulas coloradas. Documéntase no s XV: “Johan Cereyjo” (doc ano 1454 en X. Ferro Couselo, A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI, vol II, 1967, p 63). No s XVII tamén se documentaba en feminino, feito que demostra que, nalgúns casos, a súa orixe está nun alcume: “Maria Cereija” (doc ano 1609 en E. Rivas Quintas, Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 545).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada no concello de Vimianzo. É un edificio de planta en L cunha fachada enmarcada entre dúas torres ameadas. Construído a comezos do s XVI, conserva os brasóns dos Moscoso, Caamaño, Grisamonde, Montenegro e Carantoña; na fachada principal figura o escudo de armas dos Maceda e Taboada. Rehabilitado en 1987, é unha vivenda particular. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO