Cereixo, pazo-torre de
Cereixo, pazo-torre de
Construción situada no concello de Vimianzo. É un edificio de planta en L cunha fachada enmarcada entre dúas torres ameadas. Construído a comezos do s XVI, conserva os brasóns dos Moscoso, Caamaño, Grisamonde, Montenegro e Carantoña; na fachada principal figura o escudo de armas dos Maceda e Taboada. Rehabilitado en 1987, é unha vivenda particular. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1994.