Cereixo, San Xurxo de
Cereixo, San Xurxo de
Romaría que se celebra o 23 de abril na parroquia de Cereixo, no concello da Estrada. A sona de milagreiro de san Xurxo converteuno en protector do gando e propiciou a venda de varas benditas, empregadas tradicionalmente para intentar sandar os animais domésticos.