Cereixo
Cereixo
[ONOM]
Apelido que ten a súa orixe nun topónimo ou nun alcume. O étimo ao que remite é o latín vulgar cerĕsĭu, derivado do latín clásico cerăsĭu ‘cerdeira’. O alcume é o latín de tipo caracterizador e aplicóuselle a individuos que sobresaían pola cor rubia do seu cabelo ou por ter a cara redonda e con fazulas coloradas. Documéntase no s XV: “Johan Cereyjo” (doc ano 1454 en X. Ferro Couselo, A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI, vol II, 1967, p 63). No s XVII tamén se documentaba en feminino, feito que demostra que, nalgúns casos, a súa orixe está nun alcume: “Maria Cereija” (doc ano 1609 en E. Rivas Quintas, Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 545).