"Rus" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 386.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga denominación dos cianuros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga denominación do ácido cianhídrico.
-
PERSOEIRO
Médico estadounidense. Entre os seus primeiros traballos destacaron as investigacións sobre hipotermia e sobre o tecido adiposo marrón dunha especie de roedores mediante flourescencia. Pero as investigación máis importantes foron as referidas a enfermidades dexenerativas, tras a morte dunha paciente súa debido a enfermidade dexenerativa de Creutzfeltd-Jakob. Descubriu que esta e outras enfermidades, como a encefalopatía esponxiforme bovina, eran causadas por un axente infeccioso, de caracter proteico, ao que denominou prión (1982). Posterioremente en 1984 deu a coñecer o xene que codificaba esa proteína. En 1997 recibiu o premio Nobel de Medicina polo descubrimento dos prións.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río de América meridional, un dos afluentes máis longos e caudalosos do Amazonas (3.210 km). Nace en Perú, ao L da Cordillera Oriental, penetra en Brasil e atravesa os estados de Acre e Amazonas.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Nodar (Friol). O seu cumio acada os 654 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas arbóreas da familia das rosáceas, con follas simples caducifolias, ramas a miúdo con espiñas, flores en corimbo e froito de tipo pomo. As especies máis coñecidas son P. communis (pereira), P. cordata (pereira brava) e P. calleryana (pereira de flor).
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo querusco.
-
Individuo do pobo querusco.
-
Pobo xermánico establecido entre os ríos Weser e Elba. Enfrontáronse a miúdo cos romanos, que os someteron (12? a C), aínda que no ano 9 se levantaron contra Roma, que os volveu vencer (16).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pierre de la Ramée.
-
FILOSOFOS
Filósofo alemán. Considerado o máximo defensor do deísmo, se ben foi tamén un home da ilustración, escribiu Allgemeine Betrachtungen über die Triebe der Tiere, hauptsächlich über ihren Kunsttrieb (Consideracións xerais sobre os instintos dos animais, especialmente sobre o seu instinto artístico, 1760) e Apologie oder Schutzschrift für die vernünftigen Verehrer Gottes (Apoloxía ou defensa dos adoradores racionais de Deus, 1862).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de virus de ARN bicatenario, icosaédrico e sen envoltura lipoproteica. Son saprófitos do aparato respiratorio e dixestivo e provocan unha serie de enfermidades infecciosas graves en animais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de virus ARN de infección lenta que se caracterizan por transcribir o seu xenoma de ARN a ADN. Realízano grazas ao enzima transcriptase inversa, como primeiro paso da infección celular, despois da que o virus é fixado e o xenoma vírico se introduce no xenoma celular, onde se replica utilizando o mesmo mecanismo celular ou se mantén en forma latente durante un tempo variable e indefinido. O máis coñecido dos virus deste grupo é o da inmunodeficiencia humana, causante da SIDA.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso revolucionario que puxo fin á autocracia dos tsares e levou á instauración dun réxime socialista en Rusia. Levado a cabo durante 1917 diferéncianse dúas fases: a Revolución de Febreiro, que forzou a abdicación do Tsar Nicolao II, e a Revolución de Outubro, que deu o poder ao partido dos bolxeviques. O movemento revolucionario de 1905 amosou que Rusia era unha “polvoreira”, e a Primeira Guerra Mundial coas repetidas derrotas do exército ruso e a desfeita da economía, foi o detonante que a fixo estoupar. A finais de febreiro de 1917 a insurrección xeneralizouse nas principais cidades, onde xurdiron movementos revolucionarios e soviets, co que o goberno imperial tivo que dimitir. O comité executivo da Duma converteuse nun goberno provisional con predominio liberal, baixo a presidencia do príncipe G. E. L’vov. Nicolao II abdicou en favor do seu irmán o gran duque Miguel, quen non tentou reinar, e a monarquía quedou en suspenso. O goberno provisional preconizou a continuación da guerra...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento revolucionario que tivo lugar en Rusia en 1905, que comezou co Domingo Vermello. Entre finais de 1904 e principios de 1905, mentres as derrotas dos exércitos rusos a mans dos xaponeses minguaban a confianza no tsar, o éxito da folga dos traballadores do petróleo en Bakú fortaleceu o movemento obreiro. O domingo 22 de xaneiro (9 de xaneiro, segundo o calendario xuliano vixente en Rusia), unha gran manifestación pacífica tentou entregarlle ao Tsar Nicolao II un memorial onde se demandaban melloras nas condicións de vida, liberdades democráticas e a convocatoria dunha asemblea constituínte. A manifestación foi disolta con brutalidade e deseguido comezaron folgas en numerosos centros industriais, que evolucionaron en auténticos movementos revolucionarios. A inminencia dunha folga xeral forzou o Tsar Nicolao II a anunciar a convocatoria dunha Duma polo Manifesto de Outubro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Protagonista da novela escrita por Daniel Defoe e titulada Life and Strange Surprising Adventures of Robinson Crusoe (1719). O protagonista, despois de naufragar o barco que o levaba, convértese no único habitante europeo dunha illa descoñecida, preto da desembocadura do Orinoco. Alí convive con Viernes, un indio, quen o axudará nas súas relacións cos caníbales.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Carballo baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, situado ao SL de Linares, delimitado ao N polo Guadalimar e ao S polo Guadalquivir (3.759 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura, gandaría e nas industrias derivadas.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Carballo. Construída entre os ss XVII e XVIII en estilo barroco, ten planta de cruz latina con capelas laterais. A nave está dividida en tramos e está cuberta cunha bóveda de canón erixida sobre arcos faixóns. O cruceiro cúbrese cunha cúpula rematada en lanterna. A fachada principal está enmarcada por catro pilastras xigantes que sustentan un friso. Sobre a porta ábrese unha fornela coa imaxe da Virxe. Remata nun frontón circular e nunha torre-campanario de dous corpos: o inferior formado por catro arcos de medio punto e o superior pechado cunha pequena cúpula de media laranxa rematada nun pináculo.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa ortodoxa baixo o patriarcado de Moscova. Rusia recibiu o cristianismo de Constantinopla, pero baixo a influencia eslava, que xa se establecera en Bulgaria. O intento de unión con Roma por parte do metropolita Isidoro de Kiev no Concilio de Ferrara-Florencia (1437-1439) levou á separación de Constantinopla (1444) e ao nomeamento de Xonás de R’azan como metropolita de Moscova e de toda a Rusia (1448). Coa toma de Constantinopla polos turcos (1453), foi confirmada a independencia da nova igrexa e formulada a teoría de Moscova como a terceira Roma. En tempos de Pedro I de Rusia o Grande (1682-1725) suprimiuse o patriarcado (1700), que foi substituído polo Santo Sínodo, un órgano puramente administrativo, coa presenza dun procurador imperial. A restauración do patriarcado (1917) non significou a emancipación pois malia a separación entre a Igrexa e o Estado (decreto dos bolxeviques de 1922), o nomeamento do patriarca quedaba supeditado ao goberno. En 1988 tivo lugar a celebración...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das ánimas das mozas que, na mitoloxía eslava, morreron de maneira non natural, sobre todo afogadas, e que viven dentro das augas e nas beiras dos ríos e lagos, danzando e xogando.
-
PERSOEIRO
Escultor. A súa obra insírese na estética barroca de G. L. Bernini. Realizou as estatuas dos Apóstolos de San Giovanni in Laterano (1708-1718), e o monumento a Gregorio XIII (1725), na basílica vaticana.
VER O DETALLE DO TERMO