"URA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1529.

    1. Acción e efecto de catar.

    2. Aspecto ou calidade dunha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Membro dunha familia de artistas, o seu pai Federico Caulonga foi mestre na Escola de Artes e Oficios Artísticos de Santiago de Compostela. Pertenceu, entre outros, ao círculo artístico de Camilo Díaz, Francisco Asorey e Xosé Aldrey. Entallador e labrador da pedra, colaborou no taller de Asorey e no de Magariños. En Santiago de Compostela destaca o conxunto escultórico que decora un capitel da rúa do Vilar, cunha figura sedente do apóstolo Santiago entre o Mestre Mateo e a raíña peregrina Isabel de Portugal. Durante os anos vinte colaborou con Antonio Palacios en diferentes construcións, como as do Palacio de Correos y Comunicaciones e o Círculo de Bellas Artes, ambos os dous en Madrid, cidade na que residiu algúns anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de cavar.

    2. Terra que é capaz de cavar unha persoa nun día.

    3. Medida agraria que se emprega nas áreas vitivinícolas e que equivale á cantidade de terreo que unha persoa pode cavar nun día.

    4. Primeiro labor que se lle fai á terra para convertela en terreo cutivable. A ampliación de superficie cultivada obedece a diversos factores: crecemento demográfico, obras de infraestrutura, novas tecnoloxías agrícolas, exencións fiscais, etc. En Galicia, a conquista de novos terreos rematou practicamente no s XVIII cando se cavou un terzo da terra cultivada por primeira vez. A ampliación de terras de labor estivo dificultada fundamentalmente polo accidentado do relevo e polo sistema de propiedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e xesuíta. Discípulo de Galileo, foi catedrático de Astronomía en Boloña e introduciu os logaritmos en Italia. Da súa obra destaca Geometria indivisibilium continuorum nova quadam ratione promota (Nova xeometría dos indivisibles continuos con algún cálculo resolto, 1635) e Exercitationes geometricae sex (Seis exercicios xeométricos, 1647), estudo no que estableceu a teoría dos indivisibles e expuxo o seu gran descubrimento: a conexión que existe entre a diferenciación e a integración.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cargo ou dignidade de censor na antiga Roma e período de duración no posto dos dous maxistrados que se ocupaban da realización do censo e da vixilancia dos costumes.

      1. Exame crítico do contido de obras literarias, informativas, artísticas ou doutras formas de difusión do pensamento que asegura que se respectan determinados límites establecidos de orde moral, política ou relixiosa. A censura é previa á publicación, exhibición ou divulgación, e se é obrigatoria representa unha limitación fundamental da liberdade de expresión. Coa Constitución española de 1978 quedou abolida toda maneira de censura e os autores quedaron suxeitos á responsabilidade ordinaria polos seus propios actos.

      2. Autoridade, tribunal ou organismo encargado de examinar obras sometidas a censura.

      1. Acción de reprender os demais pola súa conduta ou polas súas obras.

      2. Condenación pública dunha doctrina teolóxica pronunciada pola Igrexa ou un corpo eclesiástico.

      3. Pena disciplinaria imposta pola Igrexa contra individuos que son plenamente responsables das súas faltas e que desenvolven unha conduta considerada como escandalosa con respecto aos preceptos relixiosos. As tres principais formas de censura son: a excomuñón, a suspensión e a prohibición.

    2. Ditame ou xuízo emitido polo censor.

    3. Mecanismo de control do aparello psíquico que, segundo a psicanálise freudiana, selecciona os desexos inconscientes para impedir que algúns accedan á consciencia, se non están baixo unha forma substitutiva ou deformada que disimule o seu contido, como acontece nos soños.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pode ser censurado.

    2.   Que é digno de censura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen censura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Examinar o censor unha doutrina, un escrito, un libro, un espectáculo, etc, para emitir sobre el un xuízo e, en determinados casos, suprimir pasaxes consideradas improcedentes ou prohibir a súa difusión ou exhibición.

    2. Reprender ou reprobar a alguén pola súa conduta e obras.

    3. Reprobar ou condenar algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación creada en 1911 por un grupo de obreiros ferroláns, empregados da construción naval, que tiña como finalidade a mellora social mediante un incremento gradual do nivel cultural. Nesta institución destacaron diversos persoeiros republicanos, como Santiago de La Iglesia ou Federico Barinaga, e coñecidos dirixentes socialistas, como os fundadores Emilio Ceniza e Saturnino Hermida; o deputado nas Cortes constituíntes da República, Afonso Quintana; e o seu último presidente, Antonio García. Con 600 traballadores asociados na Segunda República organizou conferencias, excursións, certames e, sobre todo, destaca a súa biblioteca, que chegou a ter consideración de “pública”, provista con máis de cinco mil volumes. Co golpe militar de xullo de 1936 interrompeuse o seu labor, clausurouse o local e expropiouse a biblioteca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de cepillar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cultivo dos cereais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción que rodea un lugar. OBS: Non posúe o significado de ‘pechadura’ ou ‘pecho’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pausa obrigatoria no interior dun verso. Na poesía grega e latina, de ritmo cuantitativo, a pausa segue a terminación dunha palabra dentro dun pé. Habitualmente, sitúase no medio do verso e sepárao en dúas partes chamadas hemistiquios. A estabilidade da cesura detrás dunha sílaba fixa para cada tipo de verso aparece na poesía latina cristiá medieval, onde a pausa está sempre nos versos dun número parello de sílabas en posición medial. Nas linguas románicas de ritmo non cuantitativo senón acentual en versos isosilábicos (sílabas tónicas e átonas) preséntase, sobre todo, no eneasílabo, no decasílabo, no hendecasílabo e no alexandrino. A cesura chámase masculina se vai despois de sílaba tónica e feminina, despois de sílaba átona. Se separa dous pés dentro do verso chámase diérese.

    2. Pausa entre frases musicais marcada, en xeral, por un silencio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Betanzos, situado na provincia da Coruña no O da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N cos concellos de Abegondo (comarca da Coruña) e Oza dos Ríos, óao S co de Mesía (comarca de Ordes), ao L cos de Curtis e Oza dos Ríos, e ao O cos de Mesía e Abegondo. Abrangue unha superficie de 79,7 km 2 cunha poboación de 2.323 (2007), distribuídos nas parroquias de Borrifáns, Bragade, Carres, Cutián, Dordaño, Figueredo, Filgueira de Barranca, Filgueira de Traba, Loureda (175), Mandaio, Paderne, Probaos e Trasanquelos. A capital municipal é a aldea de Cesuras, na parroquia de Dordaño, situada a 43° 10’ de latitude N e 8° 11’ 40’’ de lonxitude O, 38 km ao SL da Coruña e 53 km ao NL de Santiago de Compostela. Está adscrito ao partido xudicial de Betanzos e á arquidiocese de Santiago.
    Xeografía física
    O territorio municipal de Cesuras está baixo o dominio climático oceánico húmido, nunha área de transición entre o do litoral atlántico...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción ou efecto de chamuscar ou chamuscarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de chapodar.

    2. Aguzamento das estacas que se empregan para soster as vides.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de chapuzar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, de topografía accidentada pola Sierra de la Loma de Chiclana (1.679 h [1996]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción ou efecto de choer ou choerse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Realizou estudios en París e en 1957 instalouse en Xerusalén. É autor de diversos ensaios onde trata o mundo xudeu: Histoire du judaïsme (Historia do xudaísmo, 1957), La pensée juive (O pensamento xudeu, 1965) e Retour aux racines (Volta ás raíces, 1981). Realizou a tradución da Biblia en vinte e seis volumes (1974-1977).

    VER O DETALLE DO TERMO