"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Chantada baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Salvaterra de Miño baixo a advocación de santa Mariña.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Chantada. Pertenceu a un mosteiro de monxas beneditinas do que só se ten noticias da súa anexión a San Paio de Antealtares (s XV). De estilo románico, segundo diversas inscricións foi remodelada en 1121. Ten planta rectangular con ábsida semicircular, con tramo recto e bóveda de canón e arco faixón. A nave cóbrese con madeira. No interior destacan as pinturas murais da cabeceira (s XVI) con imaxes da Anunciación, a Resurrección e o Xuízo Final. Foi declarada BIC en 1950.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á pesca.
-
Barco de pesca.
-
-
PERSOEIRO
Escultor andaluz. De influencia italiana, traballou na catedral de Granada e fixo parte do retablo de Ogíjares. En Sevilla interveu na antesala capitular da catedral, e fixo Julio César e Hércules (1574) da Alameda, así como o deseño da fonte de Mercurio (1576), nos xardíns do Alcázar.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Artista plástico. Licenciado en Belas Artes, na especialidade de gravado, caracterizase polo seu costumismo onírico e infantil, inscrito nunha escenografía festiva que aglutinou seres humanos, artefactos voadores, animais domésticos ou especies vexetais. Inspirouse en estilos tan variados como o graffiti, o cómic, o deseño gráfico e a figuración libre da década de 1980. Destaca La fortaleza (1996), Bodegón e iglesia (1997) e La catedral de Santiago (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pequena mancha hemorráxica, de dimensións que varían desde o tamaño da cabeza dun alfinete ata o dunha lentella, e que, de xeito característico, non desaparece baixo a presión do dedo.
-
-
Relativo ou pertencente á petequia.
-
Que ten petequias.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pequena vela triangular, máis pequena ca o foque, que se iza en proa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento poético que se basea na imitación da lírica de Petrarca, practicamente reducida ao seu Canzoniere, no mundo occidental, especialmente románico, dos ss XIV-XVIII. É un manierismo que bebe das frases, imaxes e versos amorosos de Petrarca, esaxerando o seu preciosismo, as reiteracións e as sutilezas. En Italia ten tres momentos: un primeiro petrarquismo (ss XIV-XV) en que destacou, sobre todo, Serafino Aquilano; un segundo petrarquismo (s XVI), que volveu ao verdadeiro Petrarca e, por obra de Bembo, elevouno á categoría de modelo de poesía (bembismo); e un terceiro petrarquismo da Arcadia, difundido a través dos quiñentistas, especialmente Di Costanzo, que persistiu ata o s XIX, e que se manifestou na obra de Foscolo, Leopardi e Carduci. Fóra de Italia o petrarquismo baseouse en plaxios e paráfrases dos poetas do s XV.
-
-
Relativo ou pertencente ao petrarquismo.
-
Seguidor do petrarquismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
petroquímica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
petroquímico.
-
-
Conxunto de técnicas empregadas no tratamento do petróleo que comprenden tanto as operacións de refinamento como as da petroquímica.
-
Conxunto de técnicas que teñen por obxecto a obtención de produtos químicos por síntese de produtos derivados do petróleo. Pódense clasificar en dous grandes grupos: procesos de obtención de produtos básicos de síntese e procesos de fabricación de derivados dos produtos básicos anteriores. No primeiro grupo distínguense a obtención do hidróxeno e do gas de síntese, a fabricación de olefinas, de acetileno, de aromáticos e de hidrocarburos de catro carbonos. Para a obtención do hidróxeno e do gas de síntese pártese do gas natural en EE UU e da nafta en Europa e Xapón. Os procesos empregados son os de reforming con vapor de auga e o de oxidación parcial. Para a obtención das olefinas pártese do etano ou do propano (ou ben dunha mestura de ambos os dous) en EE UU, e das naftas en Europa e Xapón. O proceso de obtención é o cracking térmico con vapor de auga nun forno tubular de paso único, a 800°C e en fase gasosa. A reacción é fortemente endotérmica e dilúese a carga en vapor...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á petroquímica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aixada de tres ou catro dentes planos.
-
PERSOEIRO
Actor cinematográfico. Coñecido como Michel Picoli, debutou en 1955 con French Cancan de Jean Renoir; pero foi a partir de Dillinger é morto (1968) cando destacou no cine europeo. Traballou con importantes directores como L. Buñuel (La voie lacteé, 1969), C. Sautet (Mado, 1976) ou J. L. Godard (Passion, 1982). En 1980 foi premiado en Cannes por Salto nel vuoto de M. Bellochino.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Espazo natural protexido de 24.719 ha, declarado Parque Nacional en 1995 ao incluírse dentro do antigo Parque Nacional das Montañas de Covadonga. É un sistema montañoso situado na parte central da Cordilleira Cantábrica, que se estende por Asturias, Cantabria e Castela e León. A súa morfoloxía actual débese ao modelado glaciario e cárstico sobre zonas calcarias que propiciaron unha erosión diferencial. A súa paisaxe presenta montañas de grande altura (Peña Cerredo, 2.648 m), presididas por impresionantes agullas e afiadas arestas, con profundas gorxas de augas cristalinas, que dan paso a frondosos vales cubertos de bosques. Respecto á flora, hai prados e bosques de carballos (Quercus), abeleiras (Corylus avellana), amieiros (Alnus), salgueiros (Salix), freixos (Fraxinus), pradairos (Acer), teixos (Taxus baccata), faias (Fagus) e castiñeiros (Castanea sativa), entre outros, así como numerosos fentos. En canto...
-
PERSOEIRO
Xurista e montañeiro, marqués de Villaviciosa de Asturias. Primeiro medallista olímpico español, obtivo a medalla de prata en tiro na II Olimpíada (París 1900). Impulsor do Parque Nacional de Covadonga, foi o primeiro en escalar o Naranjo de Bulnes, con Gregorio Pérez (1904). Escribiu El Naranjo de Bulnes. Peña Santa (1919) e Política al alcance de todos (1919).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nobre e político, oitavo conde de Benavente. Herdou o título do seu irmán Luis de Herrera y Enríquez, ambos os dous fillos de Antonio Pimentel y de Velasco-Herrera. En 1580, ao morrer Enrique I de Portugal, penetrou en territorio portugués con 16.000 homes para asegurar o triunfo de Filipe II, e apoderouse de Bragança. Foi lugartenente de València (1598-1602) e vicerrei de Nápoles (1603-1610).
VER O DETALLE DO TERMO