"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Festas romanas dedicadas a Vulcano, en conmemoración do aniversario da fundación dos seus templos (23 de agosto), preto do lugar de Vulcanale e do circo Flaminio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao tipo de erupción volcánica de carácter explosivo e esporádico e aos volcáns en que se produce.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno xeolóxico que consiste na erupción de material rochoso fundido (magma) na superficie da Terra. Deuse practicamente en todos os lugares da superficie e distribúese preferentemente nas zonas activas tectonicamente, que coinciden cos cintos sísmicos, que á súa vez se corresponden coas zonas oroxénicas e cos rifts. Os volcáns, a escala global, sitúanse preferentemente en zonas de subdución, principalmente nos arcos de illas e os cintos oroxénicos que rodean o Pacífico. O vulcanismo relacionado con límites de placas diverxentes sitúase principalmente nas dorsais centrooceánicas, pero tamén en rifts continentais. Máis raramente se dan volcáns en zonas de fallas transformantes. Tamén existe o denominado vulcanismo intraplaca, que orixina volcáns illados que son interpretados como orixinados por un punto quente; o mellor exemplo atópase nas illas Hawai. Cómpre ter en conta que o vulcanismo submarino pode ser o máis importante en canto ao volume, debido a que só se detectan...
-
VER O DETALLE DO TERMO
rocha volcánica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratamento ao que se somete o caucho para mellorar as súas propiedades. O caucho bruto faise quebradizo co frío e brando e pegañento coa calor, polo que coa vulcanización se lle confire a insolubilidade en disolventes orgánicos, unha gran resistencia á tracción e á abrasión e a conservación da súa elasticidade, independentemente da temperatura. Efectúase engadindo xofre e tratando a mestura en autoclaves a temperaturas da orde de 140°C.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Someter caucho natural ou sintético a vulcanización.
-
ILLAS
Illa do mar Tirreno, a máis meridional das illas Eolias, situada a menos de 20 km da costa norte de Sicilia, separada da illa de Lipari (ao N) por un canal de 750 m de largo (21 km2). Ao NO, no monte Saraceno (480 m), ábrese o gran cráter do volcán Vulcano ou Fossa Grande, aínda activo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Divindade latina asimilada ao deus grego Hefesto, fillo de Xúpiter e de Xuno e home de Venus. Foi venerado sobre todo como deus do lume e da elaboración de metais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa fundada en Vigo en 1919 baixo a dirección de Enrique Lorenzo. Naceu como fabricante e reparador de caldeiras de vapor para embarcións pesqueiras e para a industria conserveira. En 1931 comezou a fabricación de locomotoras para RENFE e na década de 1940 os primeiros traballos de construción naval. O primeiro buque realizado con casco de aceiro botouse en 1948. En 1986 pasou a mans de Fernando Santodomingo. En 1993 foi o primeiro estaleiro privado en obter o certificado de calidade ISO 9001 emitido por Det Norske Veritas. O sector das caldeiras, que se ampliou a todo tipo de caldeiras e combustibles tanto para a industria naval e terrestre como para calefaccións domésticas, está centralizado na filial Vulcano-Sadeca SA.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Especialista en volcáns e en vulcanismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da xeofísica que estuda os fenómenos volcánicos. Comprende o estudo do conxunto de procesos da xeración dos magmas e a súa evolución durante o ascenso cara á superficie, as rochas volcánicas, os gases volcánicos que saen á superficie a través de fendas ou as fontes termais.
-
PERSOEIRO
Médico. Especializado en fisioloxía e farmacoloxía do sistema nervioso, describiu un tipo de atrofia muscular progresiva, denominada síndrome ou signo de Vulpian.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
č (Odessa 28.11.1883 - Nova York 22.11.1954) Político ucraíno. Foi fiscal xeral da URSS (1931-1938) e acusador principal dos procesos de Moscova. Participou na creación dos réximes comunistas nos Balcáns. Delegado na ONU (1946-1949 e 1953-1954), sostivo con dureza a política stalinista de expansións e tensión con EE UU.
-
PERSOEIRO
Gran duque de Lituania (1392-1430). Loitou contra os moscovitas e contra os tártaros. Xunto cos polacos, derrotou os cabaleiros teutónicos na Batalla de Grünwald-Tannenberg (1410) e ocupou Samoxitia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ecuación de estado introducida por J. D. van der Waals (1873). Foi a primeira que procurou explicar as desviacións dos comportamentos dos gases respecto á idealidade. Ten a forma
FORMULA
a
(P + Symbol >⎯ )(V - b) = RT,
V2
sendo a e b dúas constantes introducidas para ter en conta respectivamente as forzas de van der Waals e o seu volume. -
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación xenérica das forzas, diferentes das que conducen ao enlace químico, existentes entre átomos, entre moléculas ou entre ambos. Mentres o enlace químico ten enerxías da orde do electronvolt, as forzas de van der Waals teñen asociadas enerxías da orde dos 10-3 eV. Postuladas por J. D. van der Waals (1873), permitiron un estudo sistemático das propiedades físicas dos líquidos e dos gases. A súa existencia orixina as desviación do comportamento dos gases reais respecto do dos gases perfectos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Leiden 23.11.1837 - Amsterdam 9.3.1923) Físico neerlandés. Estudou os gases, a termodinámica e a teoría cinética, campo en que perfeccionou as teorías existentes. Estudou a capilaridade, a continuidade dos líquidos e os gases, a disociación electrolítica ou as forzas atómicas. A súa ecuación de estado, pola que recibiu o Premio Nobel de Física (1910), mellora a dos gases perfectos.
-
CAPITAIS
Capital da rexión Central, Sudán, á beira do Nilo (218.714 h [1993]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Amsterdam 2.2.1903 Zúric 12.1.1996) Matemático. Foi un dos pioneiros da xeometría alxébrica (Moderne Algebra, 1931).
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Bayreuth 5.1.1917 - Múnic 17.10.1966) Director de escena e produtor alemán, neto de Richard Wagner. Revolucionou a escenografía operística. Dirixiu o Festival de Bayreuth desde 1951 co seu irmán Wolfgang.