"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Carro grande provisto de toldo e tirado por unha ou máis cabalerías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Documento que incorpora, xunto aos dereitos civís e políticos clásicos e aos dereitos de cidadanía europea, un conxunto de leis sociais e económicas que forman parte indivisible da dignidade da persoa nas sociedades democráticas. Ocupa un baleiro existente na Comunidade Europea, carente ata ese momento dunha declaración de dereitos propia e aplicable ás institucións e órganos comunitarios e aos estados membros. Esta Carta que proporciona un contido real á condición de cidadán, foi redactada por unha convención constituída por representantes de tres institucións: 16 deputados europeos, 30 parlamentarios das cámaras dos estados membros, 15 representantes dos xefes de estado e de goberno dos estados membros e un comisario, baixo a presidencia do ex-mandatario alemán Roman Herzog. O método empregado na súa elaboración foi o debate público e a busca de consenso, coa participación das ONG e dos sindicatos. Composta por 54 artigos, consagra o principio de indivisibilidade dos dereitos e presenta...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Diñeiro cuñado en metal ou en papel cun valor determinado polos responsables bancarios que se emprega para os intercambios comerciais. OBS: Emprégase normalmente en plural.

    2. Moeda feita primeiro de billón e despois de cobre, cuñada en Castela desde o s XV ata o XIX, cun valor de catro marabedís.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na composición de palabras co significado de ‘mapa xeográfico ou carta’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Confeccionar e trazar mapas ou cartas xeográficas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Arte e ciencia que ten por obxecto a concepción, redacción e realización de mapas, ademais da súa utilización. Comprende o conxunto de estudios e operacións científicas, artísticas e técnicas que, a partir da observación directa ou da explotación dunha documentación, interveñen na confección de mapas, planos e outras formas de expresión cartográfica, como os diagramas, os cartogramas, os cartodiagramas ou as representacións tridimensionais, como os mapas en relevo, etc. O obxectivo final da cartografía debe ser o mapa como unha representación xeométrica plana, simplificada e convencional, de toda ou parte da superficie terrestre, cunha relación de similitude proporcionada, é dicir, a escala.
    O proceso cartográfico

    O proceso de elaboración do material cartográfico consta basicamente de tres etapas: obtención de datos, debuxo do mapa e reprodución. O desenvolvemento paralelo dos procedementos empregados nas tres etapas de produción cartográfica conduciu á cartografía...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á cartografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se dedica a confeccionar mapas ou cartas xeográficas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mapa de formas esquemáticas e estilizadas no que se dá preferencia á información estatística, presentada a miúdo en forma de diagramas e formas xeométricas simples, coa superficie proporcional ao que se quere representar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cartón delgado, liso e duro que se emprega para a realización de traballos manuais e para a elaboración de tarxetas, diplomas, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Práctica baseada na interpretación do azar por medio das cartas de xogo e que consiste no prognóstico, emitido polo adiviño, dos feitos futuros concernentes a unha persoa. Empréganse as cartas ordinarias ou as simbólicas, chamadas do tarot. No primeiro caso, o adiviño identifica o consultor cunha figura do xogo tendo en conta a súa idade, o sexo e outras características persoais, e extrae, por un procedemento variable, as cartas que dan soporte á predición.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á cartomancia.

    2. Que ou quen practica a cartomancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da cartografía que se ocupa da medición das distancias sobre os mapas coa axuda dunha escala.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Material ríxido, máis groso có papel ordinario, que se obtén da pasta de papel ou do prensado de follas de papel húmidas, sobrepostas unhas sobre outras. Sométese a tratamentos diversos segundo o uso ao que vaia destinado; así, existe o cartón embreado (impermeable), o cartón de amianto (illante térmico e eléctrico), etc.

    2. Recipiente feito de cartón que serve para conter distintos produtos.

      1. Obxecto plano de forma rectangular feito en cartolina ou en plástico onde figuran os datos da persoa á que pertence.

      2. cartón de crédito

        Tarxeta provista dunha banda magnética que serve para efectuar operacións financeiras sen necesidade de posuír cartos en efectivo, que emite unha entidade financeira a nome dunha persoa.

      3. cartón de visita

        Cartón pequeno onde figura o nome, o enderezo, o teléfono, a profesión, ou outros datos e que se usa como sinal de visita ou para indicar a residencia.

      1. Anaco de papel ou cartolina que os árbitros ou xuíces de diversas disciplinas deportivas, especialmente en deportes de oposición por equipos, empregan para comunicar determinadas sancións disciplinarias.

      2. cartón amarelo

        Indicativo da amoestación disciplinaria contra un xogador ou técnico por incorrer nalgún tipo de conduta antirregulamentaria ou antideportiva. Emprégase en determinadas disciplinas deportivas como o fútbol, o balonmán, etc.

      3. cartón azul

        Tarxeta que indica no fútbol sala unha sanción de dous minutos coa que se sanciona a un xogador que cometeu algunha infracción.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manufactura de obxectos ou obras de cartón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Encadernación que se fai con tapas de cartón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar situado dentro dunha biblioteca onde se gardan ou coleccionan mapas.

    2. Moble especialmente habilitado para gardar mapas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa encargada dunha cartoteca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Ames que pertenceu á familia paterna de Rosalía de Castro, onde residiu ata os 12 anos. No curso dunha excursión cultural dun grupo de universitarios de Santiago de Compostela, celebrada o 12 de outubro de 1923, naceu a idea de fundar o Seminario de Estudos Galegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e escritor. Estudiou ciencias exactas e dereito en Santiago de Compostela e Madrid. En 1935 ingresou por oposición na Maxistratura, na categoría de fiscal. Tras pasar polas audiencias de Oviedo e Pontevedra, trasladouse a Barcelona, cidade onde desempeñou o cargo de avogado fiscal e na que residiu ata a súa morte. Foi presidente da Federación de Sociedades Rexionais e Provinciais e do Centro Galego de Barcelona dende a década dos cincuenta ata os setenta, cargo que lle permitiría levar a cabo un gran labor difusor da cultura galega en Catalunya.   Foi director da revista Alborada e colaborou con asiduidade en diversas publicacións. Ademais da edición de varios libros de temática xurídica, iniciou a súa actividade literaria co sainete en verso Amor e eleuciós (1930), ao que seguiron os seus poemarios Orballo ispido (1954), O ronsel do meu silenzo (1955), Canta de lonxe o corazón do tempo (1969) e a antoloxía poética Vendima (1982)....

    VER O DETALLE DO TERMO