"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Mártir. Mamerto, bispo de Vienne, enterrou a súa cabeza xunto aos restos de san Ferreol. Iconograficamente representouse vestido como un militar romano. A súa festividade celébrase o 28 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Toledo 642? - 690) Arcebispo de Toledo (680-690). Xudeu converso, presidiu os concilios de Toledo XII ao XV. Escribiu Prognosticon futuri saeculi e Historia rebellionis Pauli contra Wambam. A súa festividade celébrase o 8 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Circunscrición administrativa de China, inferior á provincia, que reúne, en xeral, de 200.000 a 500.000 habitantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hospitaleiro. Un cervo profetizoulle que mataría os seus propios pais e, para evitar o fatal destino, fuxiu da casa, pero a súa muller recibiunos anos máis tarde e deixoulles o seu leito para descansar. Ao regresar e ver alí a parella, pensou que a súa muller o traizoaba e deulles morte. Para enmendar o erro fixo penitencia e construíu un hospital ao servizo dos peregrinos. Iconograficamente representouse vestido de cabaleiro, cunha espada na man e, xeralmente, cun falcón. A súa festividade celébrase o 7 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que procede do latín Iulianus, un cognome derivado do xentilicio Iulius, da gens Iulia. Algúns topónimos galegos Xián/Xiá teñen orixe nun nome xermánico, presente no medievo galego nas formas Egila, Egilanus, Egeo, co significado de ‘puñal’. Presenta as variantes Xiao, Xillao, Xullán, Xulián/Xuliana, Xuiao/Xuiá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Era secretamente cristiá, polo que se negou a casar cun prefecto romano, Eleusius. Encarcerada e torturada, o demo tentouna na prisión pero ela atouno coas súas propias cadeas e botouno ás latrinas. Metida nunha caldeira de aceite fervendo fixo que o aceite se volvese auga morna. Finalmente foi decapitada. Iconograficamente representouse vestida cunha túnica, sostendo un flaxelo nunha man e co demo encadeado aos seus pés. A súa festividade celébrase o 19 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña dos Países Baixos (1948-1980), filla da Raíña Guillermina dos Países Baixos e do duque Enrique de Mecklenburg-Schwerin. Casou co príncipe Bernardo de Lippe--Biesterfeld e en 1980 abdicou na súa filla (Beatriz I dos Países Baixos).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador chinés (1851-1861). Durante o seu mandato tivo lugar a Rebelión dos Taiping e a Guerra Anglo--franco-chinesa, que rematou en 1861. Sucedeuno Tongzhi, fillo da concubina e Emperatriz Tz’u-hsi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río do S de China (700 km). Nace ao N do zizhiqu de Guangxi Zhuang, ao NL de Guilin, e penetra, ao N, no sheng de Hunan e desemboca no lago Dongting.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Hubei, China, na rexión do Centro-sur (410.407 h [1990]). Situada na confluencia do Han Shui e o Bai He, creouse en 1950 pola unión de Fancheng (centro comercial e porto fluvial) e Xiangyang (centro administrativo, político e cultural).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Altiplano do N de Laos situado ao L de Louangphrabang, ao NO da cordilleira annamita. Ten uns 60 km de lonxitude por uns 50 de ancho, con relevos tabulares formados por camadas de calcaria e gres. As altitudes máximas superan os 2.000 m. Presenta unha grande erosión fluvial, producida polos afluentes do Mekong. O núcleo principal é Xiangkhoang.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Laos (15.880 km2; 201.200 h [1995]). A capital é Phônsavan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Hunan, China, na rexión do Centro sur (441.968 h [1990]). Está situada á beira do Xiang, ao S de Changsha.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Hunan, China, situada a 80 km ao S de Wuhan, na chaira do Iang-Tsé (136.811 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Hunan, China, situada ao NO de Wuhan, á beira do río Huan, afluente do Iang-Tsé (166.280 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Xibutí ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Xibutí.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora chinesa. Coñecida como Bing Xin, nas súas obras poéticas revela unha sensibilidade próxima á poesía clásica Han e Song. Nas novelas trata o tema da muller chinesa liberada nun mundo hostil.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é moi grande. OBS: Nesta acepción non ten variación de xénero. 

    2. Que supera en tamaño o prototipo da súa especie. OBS: Nesta acepción non ten variación de xénero.

      1. Ser mitolóxico de enorme tamaño, orixinario das lendas gregas.

      2. Persoa de estatura moi superior á normal.

    3. Persoa excepcional ou sobresaínte nalgún aspecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é moi grande ou extraordinario.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dimensión considerablemente superior á normal dunha célula, dun orgánulo celular, dun individuo ou dunha determinada variedade ou raza.

    2. Trastorno que é debido a unha excesiva produción pola hipófise da hormona do crecemento desde a infancia, que provoca un crecemento esaxerado dos ósos longos e tamén dos tecidos brandos e das vísceras do organismo.

    VER O DETALLE DO TERMO