Xián, san ?

Xián, san ?

Hospitaleiro. Un cervo profetizoulle que mataría os seus propios pais e, para evitar o fatal destino, fuxiu da casa, pero a súa muller recibiunos anos máis tarde e deixoulles o seu leito para descansar. Ao regresar e ver alí a parella, pensou que a súa muller o traizoaba e deulles morte. Para enmendar o erro fixo penitencia e construíu un hospital ao servizo dos peregrinos. Iconograficamente representouse vestido de cabaleiro, cunha espada na man e, xeralmente, cun falcón. A súa festividade celébrase o 7 de xaneiro.