Xián/Xiana
Xián/Xiana
[ONOM]
Antropónimo que procede do latín Iulianus, un cognome derivado do xentilicio Iulius, da gens Iulia. Algúns topónimos galegos Xián/Xiá teñen orixe nun nome xermánico, presente no medievo galego nas formas Egila, Egilanus, Egeo, co significado de ‘puñal’. Presenta as variantes Xiao, Xillao, Xullán, Xulián/Xuliana, Xuiao/Xuiá.