"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Rei de España (1975), fillo de Xoán de Borbón e Battenberg e María de las Mercedes de Borbón e Orléans. Cando o seu pai se converteu en xefe da casa real española (1940), foi príncipe de Asturias e asumiu todos os demais títulos do herdeiro da coroa. En 1948 chegou a España, onde fixo estudos humanísticos e militares. En 1962 casou coa princesa Sofía de Grecia e en 1969 o xeneral Franco deulle o título de príncipe de España e designouno sucesor seu en calidade de rei. Á morte de Franco, foi proclamado rei o 22 de novembro de 1975. Na súa primeira mensaxe expresou as ideas básicas do seu reinado: restablecer a democracia e ser o rei de todos os españois. En 1977 recibiu do seu pai os dereitos dinásticos e a xefatura da Casa Real Española. Desde 1976 favoreceu a democratización do España e mellorou a imaxe exterior do estado, en especial a súa integración nas comunidades europeas e nas relacións con Latinoamérica. O 27 de decembro de 1978 sancionou a Constitución. A súa firmeza na defensa...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arcebispo, pai e doutor da Igrexa. Formouse na escola de Libanio xunto a san Basilio o Grande, estudou teoloxía con Diódoro bispo de Tarso e destacou pola súa elocuencia. Ordenado sacerdote (376), foi diácono (381) e presbítero de Antioquía (386), desenvolvendo unha intensa actividade pastoral, consagrada fundamentalmente á predicación. En 398 foi consagrado arcebispo e patriarca de Constantinopla, pero as súas predicacións provocaron a inimizade da Emperatriz Eudoxia e doutros bispos e, tras o Sínodo de Quene (403), foi deposto e desterrado a Bitinia. A indignación popular forzou o seu retorno, pero Eudoxia conseguiu que fose novamente exiliado a Ponto (404). A partir do s VI recibiu o alcume de Crisóstomo (Boca de Ouro) pola súa elocuencia. As súas obras están formadas por predicacións esexéticas, sermóns de circunstancias, homilías litúrxicas entre as que destacan as catequeses bautismais, e tratados. A súa festividade celébrase o 13 de novembro en Oriente e o 13 de...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Fontiveros, Ávila 24.6.1542 - Úbeda, Jaén 14.12.1951) Escritor e doutor místico da Igrexa. De nome Juan de Yepes Álvarez, toda a súa vida estivo baseada no coñecemento da filosofía da Sagrada Escritura e da patrística. Representante do cume da escola ascético-mística castelá, escribiu poesías e varios tratados que son comentarios a algunhas destas composicións: Subida al Monte Carmelo e Noche oscura, comentan o poema “En una noche oscura”; Llama de amor viva, comenta “Oh llama de amor viva!”, e Cántico espiritual, a do mesmo título. En Subida al Monte Carmelo trata da purgación do sentido, do entendemento, da memoria e da vontade, e en Noche oscura da purgación espiritual e sensorial. Cántico espiritual ten catro partes, que corresponden á vía purgativa, á vía iluminada e ao estado beatífico. O autor, para expresar aquilo que é inexpresable, é dicir, a experiencia mística, serviuse de fontes bíblicas,...
-
PERSOEIRO
Predicador, teólogo e derradeiro pai da Igrexa. Monxe no mosteiro de San Sabas, preto de Xerusalén, combateu a iconoclastia. Entre as súas obras destaca Fonte de coñecemento, suma teolóxica en que expuña a fe ortodoxa, xunto cunhas nocións da Dialéctica de Aristóteles e a descrición das principais herexías. A súa festividade celébrase o 4 de decembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xoán II de Navarra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xoán de Austria.
-
PERSOEIRO
Asceta, predicador e escritor. Estudou filosofía e teoloxía na Universidad de Alcalá. Ordenado sacerdote, foi mestre espiritual de san Xoán de Deus. Das súas obras destacan o tratado Audi, filia, vide (1560) e o Epistolario espiritual para todos os estados (1578). A súa festividade celébrase o 8 de marzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico e historiador. De orixe goda, viviu durante 17 anos en Constantinopla e logo volveu á Península. Escribiu unha Crónica na que relata, seguindo unha estrita orde cronolóxica, o período dos últimos reis suevos desde Mirón ata a conquista do Reino Suevo de Galicia por parte de Leovixildo (585).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xoán de Borbón e Battenberg.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Lisboa 1647 - Oriur 1693) Mártir. Educado na corte de Xoán IV, ingresou nos xesuítas en 1662. Partiu como misioneiro a India (1673), onde morreu decapitado. A súa festividade celébrase o 4 de febreiro.
-
PERSOEIRO
Franciscano e inquisidor. Reprimiu a herexía husita en Alemaña, Bohemia e Hungría, e perseguiu duramente os xudeus de Europa Central. Predicou a cruzada contra os turcos e conseguiu a liberación de Belgrado (1456). A súa festividade celébrase o 25 de outubro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fillo primoxénito dos Reis Católicos. Foi xurado herdeiro da Coroa de Castela nas Cortes de Toledo (1480) e da de Aragón (1481) nas Cortes de Barcelona e Calatayud. Casou en 1497 coa arquiduquesa Margarida de Austria, filla do Emperador Maximiliano I e á súa morte abriuse unha crise sucesoria.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Montemor-o-Novo, Portugal 1495 - Granada 1520) Soldado e relixioso. Aconsellado por san Xoán de Ávila e protexido polo bispo de Granada, dedicouse ao coidado dos doentes mentais e dos necesitados. Fundou un hospital e, tras a súa morte, os seus seguidores constituíron a congregación relixiosa de Hospitalarios de San Xoán de Deus. A súa festividade celébrase o 8 de marzo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Gante 1340 - Londres 1399) Conde de Richmond (1342) e duque de Lancaster (1362-1399), fillo de Eduardo III e Filipa de Hainaut. Coñecido como Carlos de Gante, acompañou o seu irmán, Eduardo de Inglaterra, o Príncipe Negro, na expedición a Castela. Viúvo da súa primeira muller, Branca de Lancaster, casou en 1371 con Constanza de Castela e reclamou a coroa castelá.
-
PERSOEIRO
Eclesiástico e alto funcionario real. Tonsurado en 1534, en 1544 pasou a Salamanca, onde cursou canons, artes e teoloxía ata 1561. Subdiácono e probablemente xa sacerdote en 1557, foi elixido bispo de Badajoz en 1562. En 1568 o Papa Pío V outorgoulle o título de patriarca de Antioquía e ascendeu a arcebispo de València (1568). Desde 1602 converteuse nun dos máis firmes avogados da expulsión dos mouriscos. A súa festividade celébrase o 6 de xaneiro
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Chartres. Secretario do arcebispo de Canterbury, escribiu Polycraticus, unha crítica de costumes, Metalogicon (1159) e Entheticus, crítica dos falsos filósofos, unha Historia pontificalis e as biografías de santo Anselmo e san Thomas Becket. O arcebispo galego Pedro Helías foi un dos seus instrutores de retórica en Chartres.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xoán I de Bizkaia.
-
PERSOEIRO
Compilador grego. É autor dunha antoloxía de escritores gregos, desde Homero aos neoplatónicos, dividida por temas en catro libros.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Betsaida, Galilea s I - Éfeso? s I) Apóstolo, fillo de Zebedeo e irmán de Santiago o Maior. Pescador, xunto ao seu irmán seguiu a Xesús e acompañouno ata a súa morte. Segundo Tertuliano, sobreviviu en Roma ao tormento da caldeira de aceite fervendo e retirouse á illa de Patmos, onde tivo as visións da Apocalipse. Pasou os seus últimos anos en Éfeso onde puido escribir o Evanxeo que se lle atribúe. Segundo a lenda un anxo avisouno da súa morte e os seus discípulos non atoparon o seu corpo no sepulcro e concluíron que subira ao ceo. En Occidente represéntase como un mozo imberbe e en Oriente como un vello calvo, de barba branca. Leva como atributos a aguia, a copa envelenada, a caldeira de aceite e a palma do paraíso. Represéntase só, con Xesús e os apóstolos ou coa Virxe María ao pé da cruz. A súa festividade celébrase o 27 de decembro.
-
PERSOEIRO
Filósofo. Coñecido como Xoán de Alexandría, foi un dos representantes da escola de Alexandría. A súa especulación orientouse cara á conciliación do cristianismo e o neoplatonismo. Escribiu diversos comentarios de Aristóteles.
VER O DETALLE DO TERMO