"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Monarca lendario e sacerdote cristián nestoriano que a tradición europea da Idade Media, desde 1145, situaba nun país imaxinario e opulento de Asia. As súas terras foron identificadas durante o s XIV con Abisinia e el co rei de Etiopia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que procede do hebreo Yohanan ou Yehohanan, composto por Yoh ou Yah abreviatura de Yahweh ‘Deus’ e hanan ‘misericordia’, co significado de ‘Deus é misericordioso’. Pasou ao grego como Ioánnes e ao latín como Iohannes e Ioannes. Deu orixe aos apelidos Eáns, Seoane, Seivane e Sanxuás. Presenta a variante Xan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Heroína francesa. Coñecida como a doncela de Orléans, naceu nunha familia acomodada de campesiños e durante a súa infancia viu como o seu país era invadido por tropas inglesas e borgoñonas. Cando estas asediaron Orléans e o delfín Carlos se refuxiou en Chinon, presentouse alí e este confioulle unha forza armada coa que conseguiu vencer os ingleses e levantou o sitio de Orléans en maio de 1429. Dirixiu un ataque infrutuoso contra París e o 24 de maio de 1430 foi capturada polos borgoñóns. Entregada aos ingleses, foi sometida a un tribunal eclesiástico acusada de bruxaría. Declarada culpable de herexía, foi condenada á fogueira e queimada. Foi rehabilitada solemnemente en 1456, considerada mártir e símbolo da unidade dos franceses. Canonizada en 1920 e proclamada patroa de Francia, a súa festividade celébrase o 30 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Princesa de Portugal, filla do Emperador Carlos V. En 1552 casárona co seu primo irmán o príncipe herdeiro Xoán de Portugal, fillo de Xoán III. Viúva desde 1554, regresou a Castela e foi nomeada lugartenente xeral das coroas de Aragón e Castela durante a ausencia do seu pai e do seu irmán Filipe (1554-1559).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Portugal, filla de Enrique IV de Castela e Xoana de Portugal. O partido nobiliario considerábaa filla de Beltrán de la Cueva e o seu pai declarouna ilexítima en 1468. Non obstante, lexitimouna en 1470 e declarouna herdeira. Ao morrer este, casou con Afonso V de Portugal (1474) e comezou unha guerra civil en Castela entre os seus partidarios e os de Isabel. Derrotado Afonso V en 1476, foi recluída nun convento de Coimbra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Inglaterra (10-19 de xullo de 1553), sobriña neta de Enrique VIII. De nome Jane Grey, casou con Lord Guilford Dudley e foi designada herdeira por Eduardo VI por instigación do seu sogro, o duque de Northumberland. Aínda que recoñecida como raíña polo Consello Real tras a morte do monarca, o pobo proclamou a María, neta de Enrique VIII, raíña de Inglaterra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixiosa, filla de Ricardo de Lestonnac e de Xoana Eyquem de Montaigne, e sobriña do humanista Montaigne. Despois dunha curta experiencia no císter de Toulouse, traballou a prol das mulleres. Cun grupo de compañeiras e coa axuda dos xesuítas Xoán de Bordes e Francisco Raymond, fundou a orde da Compañía de María a Nosa Señora en Bordeos, aprobada polo Papa Paulo V en 1607. A súa intención era aplicar á educación das mulleres os postulados que Montaigne defendía para a educación dos homes: a educación do home íntegro, a instrución en todo o que se refire ao espírito e á recta dirección do entendemento e dos costumes. Tamén recibiu a influencia das escolas calvinistas da época e, sobre todo, da Compañía de Xesús, a través do seu sistema pedagóxico, a Ratio Studiorum. A súa festividade celébrase o 15 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Castela e León, filla de Eduardo I e Leonor de Aragón. Foi a segunda muller de Enrique IV de Castela. A súa filla, Xoana de Castela, foi recoñecida polas cortes (1462) herdeira lexítima, mentres que os nobres atribuían a súa paternidade a Beltrán de la Cueva. Tomou partido pola súa filla e foi recluída no castelo de Alaejos en 1467, de onde fuxiu ao ano seguinte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Navarra e Aragón. Casárona co Rei Xoán I de Navarra (Xoán II de Aragón). Xunto co seu fillastro Carlos de Aragón, príncipe de Viana, foi nomeada gobernadora xeral de Navarra (1451). Interviu na sinatura da Concordia de Vilafranca del Penedès (1461) que recoñecía a primoxenitura do seu fillastro Carlos. Ao morrer, este foi titora do seu fillo Fernando. Durante a guerra que mantivo contra Xoán II mantivo misións diplomáticas ante Luís XI de Francia (1462) e Enrique IV de Castela (1466). En 1465 nomeárona lugartenente xeral de Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Castela e León (1504-1516; titular 1516-1555) e titular de Aragón (Xoana I; 1516-1555) e de Nápoles-Sicilia (Xoana III; 1516-1555), duquesa de Bramante e condesa de Flandres, filla dos Reis Católicos. En 1495 concertouse o seu matrimonio co arquiduque Filipe de Austria, herdeiro do Emperador Maximiliano I e de María de Borgoña, e casou por poderes en Valladolid (1496) e en persoa en Lilla. Ao morrer a súa nai (1504) foi aclamada como raíña de Castela e foi xurada, co seu home, nas cortes de Toro, onde o seu pai declarou a súa incapacidade para gobernar. Pola Concordia de Salamanca (1505) acordouse que reinasen Xoana, Filipe e Fernando o Católico, e pola Concordia de Villafáfila (1506) declarouse a súa incapacidade para gobernar e quedou como único rei Filipe. Morto seu pai (1516), herdou as coroas de Castela-León, Aragón e Nápoles-Sicilia, aínda que o goberno efectivo pasou ao seu fillo Carlos de Gante (Carlos I).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Nápoles e condesa de Provenza (1343-1381), filla de Carlos de Nápoles, duque de Calabria, e María Valois. Sucedeu o seu avó Roberto I. Co seu segundo home, Luís de Anjou, tratou de conquistar Sicilia pero renunciou á illa en 1372. Casou con Xaime de Mallorca e implicado este na guerra de Castela e preso por Enrique de Trastámara rescatouno (1370). Ocupado o reino por Carlos de Durazzo, conde de Gravina, este prendeuna e fixo asasinala.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Navarra, condesa de Champaña e de Brie (1273-1304) e raíña de Francia, filla de Enrique I de Navarra e Branca de Artois. A súa nai foi a súa rexente ata 1284, ano en que casou co futuro rei de Francia Filipe IV (Filipe I de Navarra).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Señora de Bizkaia, raíña de Castela e León, filla do infante Xoán Manuel e de Branca de la Cerda e de Lara. Casou con Enrique de Trastámara e, por orde deste, fuxiu a Francia. Deixou os seus señoríos (1371) ao seu fillo Xoán (Xoán I de Castela).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Nápoles (1414-1435), filla de Carlos III e Margarida de Durazzo. Sucedeu o seu irmán Ladislau I. Casou con Xaime II de Borbón, conde da Marca, que eliminou os seus adversarios, outorgou cargos a franceses e tivo a raíña case prisioneira. Liberada polos patricios napolitanos, o Papa Martiño V declarou en 1420 como o seu herdeiro a Luís de Anjou. Apoiou sucesivamente como o seu herdeiro a Luís de Anjou e a Afonso V de Aragón, e ao morrer o primeiro en 1434 nomeou como sucesor ao seu irmán Renato, duque de Lorena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Navarra (1328-1349), filla do Rei Luís X de Francia e Margarida de Borgoña. Perdeu os condados de Champaña e de Brie I, que pasaron a Filipe VI de Francia. En 1317 casou co conde de Evreux, futuro Filipe III de Navarra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Navarra (1555-1572) e condesa de Foix, de Bigorra e de Armagnac, vizcondesa de Bearn. En 1548 casou co duque de Vendôme (Antonio I de Navarra).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xoana II de Bizkaia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe lendaria, suponse que accedeu ao papado no s IX, entre san León IV e Benedito III, e que se deu a coñecer a partir do s XIII a través de Jean de Mailly, Etienne de Bourbon e, sobre todo, Martiño Polonio, con diferentes versións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Inglaterra. Foi a terceira muller de Enrique VIII. Morreu ao dar a luz o futuro Eduardo VI.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Deformación por desviación da primeira falanxe do dedo polgar do pé cara ao exterior con rotación en valgo e do primeiro metatarsiano cara ao interior.

    2. Vela que vai sobre a gabia nos grandes veleiros.

    VER O DETALLE DO TERMO