"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Escultura de madeira da Grecia arcaica en forma de columniña ou de viga, que só expresa plasticamente a cabeza e os brazos. Representa probablemente un primeiro estadio de antropomorfización dos primitivos ídolos en forma cilíndrica. Dos xóana antigos coñécense unicamente os encontrados en Palma di Montechiaro (Sicilia). Hai, en cambio, numerosos exemplos de estatuas que as imitan como a Artemisa de Delos, as terracotas cretenses de Latón e as estatuíñas de bronce laminado de Dreros, tamén en Creta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe bíblico. Casou con santa Ana e foi pai da Virxe María e avó de Xesús. Represéntase vestido cunha túnica de rabino con barba longa e leva unha cesta con dúas pombas, ofrenda ritual no templo de Xerusalén. A súa festividade celébrase o 26 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe bíblico. Sobre un fondo de dualismo ben-mal, encarna a paciencia do xusto. Iavé permitiu que o demo o tentase e perdeu os bens, a familia e a saúde. Aturou as calamidades sen perder a súa confianza en Iavé, que ten piedade del e concédelle o cento por un. Na iconografía cristiá aparece como prefigurador da paixón de Cristo e da persecución da Igrexa e, en segundo lugar, como exemplo de virtude e de paciencia, representado nas escenas máis evocadoras da súa historia. A súa festividade celébrase o 10 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Parroquia do concello de Pobra do caramiñal, a. baixo a advocación de Santa maría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parroquia do concello da Pobra do Caramiñal baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilalba baixo a advocación de san Sal­vador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Palestina (350 km). Nace en Hermōn, na confluencia das fronteiras de Israel, Líbano e Siria, e atravesa o lago de Xenesaret ou Tiberíades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado de Asia occidental que limita ao N con Siria, ao L con Iraq, ao SL con Arabia Saudí, ao S co golfo de ‘Aqaba e ao O con Israel (88.946 km2; 5.100.981 h [2004]). A súa capital é ‘Ammān.
    Xeografía
    Xordania é un país de fronteiras artificiais, cun porto no Mar Vermello. O relevo é xeralmente tabular sobre rochas sedimentarias, materiais volcánicos e cristalinos. O único río importante é o Xordán, que comparte con Israel e Palestina. O clima é moi árido e a vexetación predominante é a matogueira e a estepa. O estado xordano gozou dun equilibrio agrícola satisfactorio entre 1949 e 1967. Desde entón, coa ocupación por parte de Israel de Cisxordania, o sector máis fértil, a agricultura e a economía do país resentíronse. A superficie cultivable é moi pequena e a propiedade está moi dividida. Nos lugares máis húmidos pódense cultivar hortalizas, plátanos e cítricos, e no resto oliveiras, cereais e viñas. A gandaría, desenvolta...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Xordania ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Xordania.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xesuíta. Sacerdote, dedicouse ao ensino e realizou visitas a pobres e encarcerados. Coa expulsión dos xesuítas trasladouse a Italia, onde traballou pola restauración da orde. A súa festividade celébrase o 24 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Monxe e teólogo ruso. De nome Xoán Sanin, fundou un mosteiro en Volokolamsk, preto de Moscova, en 1479. Defendeu a posesión de bens por parte dos mosteiros para fomentar a cultura, mentres que a pobreza tiña que ser individual, e a orixe divina do poder civil e propugnou unha Igrexa poderosa e aliada co tsar. Foi canonizado pola Igrexa Rusa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico. Fundou os institutos dos Fillos da Sagrada Familia (1870-1871) e das Fillas da Santa Casa de Nazaré (1894), dedicados ao ensino en Europa e América. Foi canonizado por Xoán Paulo II en 2004.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • José María Escrivá de Balaguer y Albás.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (363-364). Xeneral do exército de Iliria, foi proclamado emperador á morte de Xuliano o Apóstata. Puxo fin á guerra cos persas despois de asinar un tratado de paz con Sapor II, polo que perdeu os territorios de Mesopotamia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Xove baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Hebei (China), na rexión do Norte (140.000 h [1975]). Situada á esquerda do alto Yongding, a 40 km ao SL de Zhangjiakou, é un centro industrial e mineiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador chinés (712-756). De nome Li Long-ji, coñeceuse tamén como Minghuang (emperador iluminado). Retomou a política de expansión a través da Asia Central e conquistou Mongolia, o Sinkiang e o Tíbet. A alianza entre os turcos e os árabes (751) significou, non obstante, a derrota do exército chinés e a decadencia da dinastía tang. A rebelión de An Lushan (755) fíxoo abdicar nun dos seus fillos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro beneditino situado en Narón. Puido ser fundado no s VIII en tempos de Vermudo I e restaurado por Ramiro I no s IX. Estivo baixo a protección real entre 1090 e 1121, e converteuse nun priorado de Cluny. Pertenceu a sé episcopal de Mondoñedo, agás entre 1110 e 1122 que pertenceu á de Santiago. A época de maior esplendor foi a do s XII, cando recibiu privilexos e doazóns de Fernando II e do conde de Traba. A decadencia iniciouse a finais do s XII e comezos do s XIII. A igrexa é románica e ten planta basilical con tres naves e tres ábsidas semicirculares coas súas capelas. A nave ten cuberta de madeira e as ábsidas, bóveda de medio canón rematadas en cuarto de esfera. Nas ábsidas destacan as ventás semicirculares. A fachada principal está reconstruída.

    VER O DETALLE DO TERMO