"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Formado con Mascagni, destacou pronto como operista con Conchita (1911) e Francesca da Rimini (1914), vinculadas ao movemento verista. Apartouse gradualmente do verismo con Giulietta e Romeo (1922) e I cavalieri di Ekebù (1925).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Pedrafita do Cebreiro baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento musical de corda que soa ao darlle voltas a unha manivela e tocando o teclado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tocar a zanfona.

    2. Ocupar o tempo nunha actividade de pouco proveito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Insecto de talle grande da orde dos himenópteros.

    2. Nome dado ao macho da abella doméstica Apis mellifica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Non traballar nin facer nada útil ou proveitoso. SIN: tangonear.

    2. Moverse dun lado a outro sen rumbo. SIN: tangonear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome éuscaro de Sangüesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘bailar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do ostān homónimo, Irán, situada no val aberto da rexión homónima (286.295 h [1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ostān de Irán (21.841 km 2 ; 930.776 h [estim 2001]). A capital é Zanjân

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado asinado o 10 de febreiro de 1878 en Zanjón (Camagüey, Cuba) entre os insurrectos cubanos e o capitán xeneral de Cuba, A. Martínez de Campos. Outorgaba aos nacionalistas un indulto, unha certa autonomía administrativa e a posibilidade de enviar deputados ás Cortes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa grega situada no Mar Xónico ao S de Cefalonia (401 km2; 30.000 h). Xunto cos dous illotes situados ao S, constitúen un nomós das Illas Xónicas (406 km2; 32.557 h [1991]). A capital é Zante (9.767 h [1981]). De clima mediterráneo, danse a miúdo fenómenos sísmicos. É rica en cultivo de vides, oliveiras, cítricos, figueiras e outros cultivos pero o recurso económico principal é o turismo, que se concentra sobre todo na capital, nunha ladeira dun outeiro dominado por un castelo veneciano. Fundada por Zante, un heroe lendario fillo de Dardanoi, no s V a C estivo baixo a órbita de Atenas. Posesión macedonia (217 a C) e romana (191 a C), foi conquistada polos bizantinos no s XII, pasou aos Orsini e a Venecia, que a conservou ata 1797. Foi incorporada definitivamente a Grecia en 1863.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Produtor cinematográfico estadounidense. En 1933 fundou, con J. M. Schenk, a 20th Century, que despois se fusionou coa Fox. Produciu, entre outros filmes, The Grapes of Wrath (1940) e How Green Was My Valley (1941), de John Ford; Viva Zapata! (1952), de E. Kazan; e The Longest Day (1962), de K. Annakin, A. Marton e B. Wicki.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto, deseñador e urbanista. Membro do CIAM e redactor en xefe de Casabella (1947-1949), deseñou a máquina de coser Borletti (1956), o aparato de televisión Doney Brion Vega (1962), a radio e o teléfono Siemens (1966) e a butaca Fourline. Realizou estudos teóricos para a industrialización da construción e sobre novos materiais, que se reflectiron na fábrica de cerámica e o complexo para os traballadores de Palermo (1956) e na fábrica Olivetti de São Paulo (1957-1958).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Dirixiu curtametraxes e diversos filmes, como Struktura krysztalu (A estrutura do cristal, 1969), Iluminacja (Iluminación, 1972), Bilans kwartalny (Balance matrimonial, 1974), Wege in der Nacht (Camiños na noite, 1979), Die Unerreichbare (Os inabarcables, 1982), Le pouvoir du mal (1985) e Persona non grata (2005).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rego longo, fondo e estreito que se fai nun terreo para poñer cimentos, levantar un valado, soterrar unha canalización, etc.

      1. Canle a cada lado dun camiño ou estrada para recoller a auga da chuvia.

      2. Suco que se fai no medio dos fosos secos dunha fortificación que serve para escoar a auga.

      1. Rego longo e fondo que se fai na terra para plantar ou sementar algo.

      2. Cada unha das fileiras de cepas que conforman unha viña.

    2. Muro de terra e pedras co que se cerra unha propiedade.

    3. Vela que se larga no primeiro mastro, a continuación do pau macho.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade e porto da illa de Zanzíbar, Tanzania, situada na parte central da costa occidental da illa (206.292 h [2002]). A súa cidade de pedra foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do Océano Índico situada entre a plataforma continental de África, a 35 km da costa de Tangañika, da que está separada polo canal de Zanzíbar (1.660 km 2; 622.459 h [2002]). Pertence a Tanzania. A capital é Zanzíbar. É unha illa chá, constituída no sector occidental por un baixo coralino cuaternario, mentres que o sector oriental está formado por unha estrutura xeolóxica semellante á chaira litoral de Tangañika. O clima é tropical húmido. A poboación vive da agricultura. Islamizada a partir do s X, os portugueses ocupárona (1503) e convertérona nunha das súas bases principais ata que foron expulsados no s XVII. A mediados do s XVIII o sultanato de Omán restableceu os antigos lazos interrompidos polos portugueses. Converteuse en centro mercantil (escravos, marfil, tecidos, armas, ferramenta) de toda África oriental, así como nun importante produtor de especias. O sultán Bargash (1870-1888) abriu Zanzíbar á influencia británica, e esta conseguiu a clausura...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Shandong, China, situada ao SO das montañas do Shandong, ao L do Gran Canal (380.846 h [1990]). É unha das zonas máis ricas en carbón de China oriental.

    VER O DETALLE DO TERMO