"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
-
Acción e efecto de interpretar.
-
Arte de entender ou declarar o contido ou sentido dun escrito, un discurso ou unha obra de arte, que presenta un sentido escuro ou que ofrece dúbidas. Denomínase hermenéutica á interpretación dos textos filosóficos e eséxese á interpretación bíblica.
-
Arte e técnica de representar ou encarnar un personaxe dunha obra escénica, cinematográfica, radiofónica ou televisiva. Desde o s XVII existen traballos teóricos destinados á formación do actor, dos que destaca Paradoxe sur le comédien de Diderot. Durante o s XIX xurdiu unha nova concepción máis total da misión do actor. Cómpre mencionar nesta liña a A. Antoine, A. M. Lugné-Poe e, sobre todo, K. Stanislavskij, que baseou o seu método na identificación total do actor co personaxe. B. Brecht defendeu que o actor debía ter unha postura crítica fronte ao seu personaxe. Entre os modernos figura como máis destacado J. Grotowski.
-
Acción de interpretar o sentido das normas xurídicas na súa aplicación a un caso concreto. Denomínase auténtica cando a efectúa o mesmo lexislador, doutrinal cando se fundamenta na opinión de xuriconsultos e xudicial cando se basea na xurisprudencia dos tribunais.
-
-
-
-
Acción e efecto de interrogar.
-
Figura retórica que consiste en enunciar unha afirmación interrogativamente, cunha intención enfática.
-
-
Signo de puntuación (...?) que se emprega para sinalar unha pregunta.
-
-
-
Acción e efecto de interromper ou interromperse.
-
Suspensión da execución dunha secuencia que queda substituída automáticamente e obrigatoriamente por outra secuencia independente e fixa.
-
-
-
Lugar onde se cruzan dúas ou máis cousas de estrutura lineal, especialmente vías ou camiños.
-
-
Acción e efecto de intersecarse.
-
Conxunto formado por elementos que pertencen ao tempo a dous conxuntos ou máis. A intersección de dous conxuntos, A e B, é denotada por A 3 B, que se le A intersección B. En xeometría fálase de intersección entre curvas e superficies.
-
Operación de atopar o conxunto intersección.
-
-
Sistema para determinar as coordenadas dun punto inaccesible no terreo que consiste en dirixir cara ao punto un certo número de visuais desde puntos de coordenadas coñecidas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización xurdida da fusión de ING e CTG, denominada INTG desde 1981. A división dentro da esquerda nacionalista tivo como consecuencia a escisión, en 1985, do sector procedente da Central de Traballadores Galegos (CTG) e da Confederación Sindical Galega (CSG), que constituíu a CXTG-IN (Confederación Xeral de Traballadores Galegos-Intersindical Nacional). Trala coalición electoral coa CXTG en 1990 baixo o nome de Converxencia Intersindical Galega, a reunificación ratificouse en 1993 coa constitución da Confederación Intersindical Galega (CIG).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización sindical creada en 1977 pola unión do Sindicato Obreiro Galego (SOG) e os sindicatos integrados na ANPG (UTEG, UTSG, UTBG, SGTM). En 1980 fusionouse coa Central de Traballadores Galegos (CTG), utilizando as siglas ING-CTG ata 1981, ano en que adoptaron o nome de Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG).
-
-
Acción de intervir.
-
Oficina do interventor.
-
Asistencia dunha persoa nomeada por un xuíz para controlar as actividades dunha parte en determinados procedementos.
-
Acción de intervir un ou varios estados nos asuntos internos doutro.
-
Aceptación ou pagamento dunha letra de cambio para unha persoa que actúa por conta do librador ou de calquera outro obrigado.
-
Órgano da suspensión de pagamentos que supervisa e fiscaliza a actividade do suspenso.
-
-
Medida de cautela que adopta a administración para evitar a libre circulación no mercado de determinados artigos suxeitos a inspección e control.
-
Medida administrativa adoptada polo goberno ou pola autoridade gobernativa que consiste en asumir o control e a dirección dun establecemento industrial, nos supostos que autoriza a lei ou unha resolución xudicial, porque convén ao interese xeral.
-
-
operación.
-
-
-
Política de inxerencia nos asuntos doutros estados.
-
Tendencia do estado a intervir en asuntos deixados, noutros casos, á iniciativa privada.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao intervencionismo.
-
Que ou quen é partidario do intervencionismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enunciado autónomo, sen ningunha función oracional ou frástica que, ou ben se presenta illado ou ben se insire ao inicio, ao final ou en medio doutro enunciado, mais en calquera caso con total independencia (Ai, que risa; Ale!; Pero ti dixeches que non o coñecías, ou?). As interxeccións profírense entre pausas e cunha entoación marcada, distinta á do resto da elocución, trazos que as aproximan aos vocativos e á modalidade exclamativa. Por iso adoitan escribirse entre signos que marcan esa pausa (coma, punto e coma ou punto) ou esa entoación (puntos suspensivos, signos de exlamación ou repetición dalgún grafema). A diferenza de entoación permite atribuírlles significados diferentes, xa que por si mesmas non expresan ningún significado léxico concreto. Así, por exemplo, unha mesma forma ah! pode significar ‘alegría’ ou ‘sorpresa’ ou ai!, ‘sorpresa’ ou ‘dor’. As interxeccións tamén poden expresar un significado ou outro dependendo do xesto que as acompañe na elocución: “uf” cunha axitación...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pena do dereito romano que consiste en non poder testificar nin recorrer ao testemuño doutro que se lle impuña a aqueles que, despois de prestar testemuño, negaban posteriormente os feitos declarados.
-
-
Acción de intimar.
-
-
Notificación ou declaración dunha orde ou dun mandamento.
-
intimación a comparecencia
Requirimento e citación dunha persoa para que compareza en xuízo.
-
intimación de pagamento
Requirimento formal dirixido a un debedor para que cumpra a súa obriga, coa advertencia de que se procederá, se non a cumpre, a satisfacela polos trámites legais.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de intimidar ou intimidarse.
-
-
Acción e efecto de intitular ou intitularse.
-
Fórmula do documento na que se expresa o nome do autor.
-
-
-
Acción e efecto de intoxicar ou intoxicarse.
-
Enfermidade provocada pola acción de substancias tóxicas sobre o organismo. Entre os diferentes tipos de intoxicación cómpre destacar a intoxicación alimentaria, producida pola inxestión de alimentos tóxicos, en mal estado ou ben contaminados por certas bacterias, a intoxicación endóxena (autointoxicación), a intoxicación esóxena, producida por velenos externos ao organismo, e a intoxicación profesional, producida polas materias manipuladas en determinadas industrias. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción inflamatoria local que aparece no punto da pel onde se aplicou unha inxección intradérmica cunha cantidade mínima de toxina, antíxeno, medicamento ou calquera outra substancia. Permite estudar o grao de receptividade ou de inmunidade dun suxeito.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se produce logo de que se deposite unha capa e, antes de que sedimente, a seguinte.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entrada de calquera substancia na corrente sanguínea.
-
-
Acción de introducir ou introducirse.
-
-
Aplícase ao que se escribe ou se di ao comezo dun libro ou dun discurso, antes de entrar en materia.
-
Tratado preliminar.
-
-
Obra ou curso que inicia o coñecemento ou o estudo dunha disciplina ou ciencia.
-
-
Fragmento musical, xeralmente lento, situado ao inicio de sinfonías, oberturas, ballets ou que precede a un movemento máis rápido. Existe en moitas sinfonías de Haydn.
-
Breve preludio que precede a algunhas óperas.
-
-