"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

      1. Anuncio ou exposición ordenada, oral ou escrita, dos obxectivos, intencións ou partes de algo que se vai realizar ou desenvolver.

      2. Proxecto e realización dunha empresa específica dunha certa envergadura determinando o espazo, o tempo e os recursos. Un programa de investigación oceanográfica.

      3. Exposición dos propósitos políticos dunha persoa, un grupo ou un partido político.

      1. Relación ordenada das distintas partes dun acto ou espectáculo.

      2. Escrito ou impreso explicativo dun acto ou espectáculo.

      1. Elenco dos espectáculos e emisións de radio ou televisión, que se presentan nun momento ou período determinado ou en relación a unha iniciativa determinada.

      2. Cada unha das unidades temáticas independentes que emite unha cadea de radio ou televisión.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estratexia global de acción que ten por finalidade desenvolver políticas e estratexias pertinentes para a transición cara ao modelo de desenvolvemento sostible tal como se estableceu na Conferencia das Nacións Unidas para o Medio Ambiente e o Desenvolvemento de Rio de Janeiro en 1992. Formula as medidas para a cooperación internacional, a consevación e xestión dos recursos para o desenvolvemento e o fortalecemento do papel dos grupos principais implicados, ademais de ofrecer directrices sobre os medios de execución, asignación de recursos financeiros, científicos ou tecnolóxicos. Estableceu catro seccións: as dimensións sociais e económicas (cooperación internacional para acelerar o desenvolvemento sostible dos países pobres), conservación e xestión dos recursos (biodiversidade, bosque e atmosfera), fortalecemento dos grupos principais (mulleres, nenos, indíxenas, agricultores, sindicatos, comunidade científica) e medios de execución (recursos de financiamento, xurídicos internacionais)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa promovido polas Nacións Unidas desde 1965 para mellorar as condicións de vida do ser humano, tanto no relativo ao medio natural como ao medio humano. Desde 1990 publica anualmente o Informe sobre o Desenvolvemento Humano que clasifica os países segundo o Índice de Desenvolvemento Humano (IDH). Ten a súa sede en Nova York.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa das Nacións Unidas xurdido da Conferencia de Estocolmo (1972) e creado coa finalidade de velar polo equilibrio ecolóxico dos océanos, a prevención da erosión dos solos, a mellora das augas e a calidade da vida rural e urbana. Ten a súa sede en Nairobi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada na Coruña a partir de 1978. Subtitulada “Información de Hostelería y espectáculos de La Coruña”, estivo dirixida por J. A. Gaciño Barral. Foi unha guía comercial e publicitaria da Coruña con crónicas de política local. Suspendida durante case un ano, reapareceu en xullo de 1979.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa da UNESCO que ten por finalidade o desenvolvemento, no marco das ciencias naturais e sociais, dunha base racional para a utilización e a salvagarda dos recursos da biosfera e para a mellora das relacións entre o ser humano e o medio, estudando non só o impacto humano no medio senón tamén as repercusións ambientais sobre a poboación humana. Foi promovido en 1970, durante a XVI Conferencia Xeral da UNESCO.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa rexional da Unión Europea, con vixencia entre 1986 e 1992, destinado a modernizar as economías das rexións mediterráneas, afectadas pola competencia de España e Portugal na ampliación a doce estados da UE.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Iniciativa da Unión Europea levada a cabo por un programa que ten como obxectivo reforzar a cooperación interrexional e transfronteiriza entre os seus estados membros e mellorar a eficacia das políticas e dos instrumentos de desenvolvemento rexional, grazas ao intercambio de información e experiencias a grande escala. Tratou de desenvolver e dinamizar as zonas rurais, baseouse na conquista das actividades agrarias, a potenciación dos recursos do patrimonio natural, histórico, arquitectónico e cultural e a diversificación das actividades socioeconómicas dentro dun marco de colaboración e cooperación. Financiouse co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa creado en 1961 pola ONU para colaborar nas necesidades urxentes de alimentos motivadas por catástrofes naturais ou para proporcionar axuda a países en desenvolvemento. Ten a súa sede en Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de programar.

    2. Preparación e establecemento dun programa.

      1. Conxunto de programas que ocupan todo o tempo de emisión dunha canle de radio ou televisión.

      2. programación enlatada

        Programación e publicidade gravada con anterioridade á emisión.

    3. Ordenación operativa dun conxunto sistemático de contidos de aprendizaxe, obxectivos educativos e actividades didácticas.

    4. Realización dun programa informático.

    5. Conxunto de técnicas de racionalización da actividade económica que teñen por obxecto a determinación de medidas e periodificación que hai que aplicar en certos medios para a consecución dun obxectivo prefixado. Esta programación pode efectuala unha empresa privada ou un organismo estatal, dependendo do obxectivo e do alcance que vaian ter os seus resultados.

    6. Conxunto de procedementos matemáticos que se empregan para resolver problemas de óptimos condicionados, é dicir, aqueles que consisten en maximizar ou minimizar unha función numérica con diversas variables suxeitas a certas limitacións. Comprende a programación lineal, a cadrática e a dinámica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen programa ou realiza unha programación.

      1. Persoa que realiza un programa informático.

      2. Aparato que executa as operacións correspondentes a un programa determinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elaborar ou establecer un programa.

    2. Dar as ordes necesarias a un aparato para que realice un programa.

    3. Elaborar un programa informático.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente a un programa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ir cara a adiante de xeito continuo.

    2. Ir a mellor algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de progresar.

      1. Sucesión de números a 1 ,a 2 ,a 3 ,...,a n , chamados termos, en que cada un deles está relacionado co anterior segundo unha lei simple. Se cada termo é superior ao anterior, a progresión denomínase ascendente (ou crecente), e se é inferior, descendente (ou decrecente).

      2. progresión aritmética

        Progresión en que cada termo, a k , é igual ao anterior a k-1 , máis unha cantidade constante d que se denomina diferenza ou razón da progresión: a k =a k-1 +d. Un termo calquera, a n, pode ser calculado directamente mediante a fórmula a n =a 1 +(n-1)d.

      3. progresión xeométrica

        Progresión en que cada termo, a k , é igual ao anterior, a k-1 , multiplicado por unha cantidade constante r que se denomina razón da progresión: a k =a k-1 r. Un termo calquera, a n , pode ser calculado directamente mediante a fórmula a n =a 1 r (n-1) .

      4. progresión harmónica

        Progresión en que cada termo, a k, é o inverso do termo correspondente dunha progresión aritmética, b k : a k =1/b k .

    2. Sucesión simétrica de sons musicais segundo unha lei ou fórmula determinada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tendencia que defende unhas ideas ou programas sociais e políticos avanzados, non estancados no pasado, que corresponden á convicción de que a sociedade camiña de forma progresiva cara a unha perfección cada vez maior.

    2. Doutrina e tendencia que integran relixiosamente a loita pola reforma das estruturas sociais, políticas e económicas, baseándose na necesidade de poñer en contacto a fe e a vida no mundo actual. Destaca a Union des Chrétiens Progressistes (UPC), fundada en Francia en 1945. Pódese considerar como un antecedente do fenómeno da secularización.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao progresismo.

    2. Seguidor do progresismo.

    3. Membro do Partido Progresista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación política fundada en 1998 en Vigo por M. Soto Ferreiro e Agustín Arca Fernández, e que máis tarde se fusionou con outros partidos para crear Progresistas Vigueses-Democracia Progresista Galega. Autodefiníronse como unha opción política galeguista, nacionalista, democrática e progresista. Presentáronse ás eleccións locais de Vigo en 1999 e 2003, en que acadaron dous concelleiros. En 2004 os seus membros integráronse no Partido Galeguista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade do que se desenvolve con continuidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que avanza ou se desenvolve de maneira gradual.

    2. Aplícase ao sistema de impostos que tende a aumentar a medida que a base impoñible tamén aumenta. Oponse ao sistema regresivo.

    3. Aplícase á transformación ou cambio de estado en que o sistema absorbe calor.

    4. Aplícase á variedade do aspecto verbal que presenta a acción verbal nun desenvolvemento crecente ou decrecente.

    VER O DETALLE DO TERMO