"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

    1. Acción de ir para adiante.

      1. Proceso ascendente e positivo, mediante o que un ser, unha acción ou a humanidade en xeral pasa dun estado, forma ou grao a outro superior. Implica unha connotación claramente valorativa e cualitativa, ademais de cuantitativa.

      2. Proceso de transformación da humanidade en xeral cara a unha situación que se supón sempre mellor e que pode ser definida ou non de xeito anticipado. Foi unha idea desenvolvida por intelectuais entusiasmados cos primeiros descubrimentos científicos e que confiaban nas capacidades ilimitadas da razón humana. Comezou a crerse que a humanidade progresaría indefinidamente, e que cada un dos estadios sucesivos ía ser mellor ca o precedente. A idea de progreso está moi ligada ao desenvolvemento económico, á modernización e á civilización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Guatemala (1.922 km2; 143.197 h [estim 2000]). A súa capital é El Progreso (4.300 h [1981]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Ferrol a partir de marzo de 1899. Voceiro do PSOE nesa cidade, veu continuar o labor dos xornais socialistas El Obrero e La Voz del Obrero, desaparecidos naquel intre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en Pontevedra a partir do 10 de agosto de 1865. Cesou o 16 de outubro de 1866. Subtitulado “Periódico científico y literario”, editouse nos obradoiros de Antúnez e Compañía. De tendencia liberal avanzada, ocupouse da literatura, ciencia, intereses materiais, morais e sociais. En xaneiro de 1866 sufriu unha suspensión dun mes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Lugo a partir do 1 de marzo de 1867. Cesou o 5 de febreiro de 1868. Editada por Pedro Pujol, a partir do nº6 editouno Enríquez Villamarín. Dirixido por Heliodoro Cid, incluíu artigos doutrinais e crónicas locais. Tivo unha segunda época a partir do 1 de outubro de 1868, cun carácter político e cunha tendencia unionista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DIARIOS

    Diario fundado por Alejandro Lerroux en Barcelona o 29 de xuño de 1906. Anticlerical e obreirista, sufriu o boicot de Solidaridad Obrera impulsado polos anarquistas en 1908. Contribuíu á exacerbada campaña contra a Guerra de Marrocos, que favoreceu o estalido da Semana Tráxica. A partir de 1910 cambiou o seu anterior ton obreirista e en 1933 titulouse Renovación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en Pontevedra a partir do 6 de outubro de 1907. Cesou non antes de 1937. Subtitulouse orixinalmente “Semanario independente”. Fundado e dirixido por Isidro Buceta, definiuse como católico para, a partir de 1912, subtitularse “Diario independente” e facerse eco das opinións do Partido Liberal, seguindo as teses de U. Montero Ríos. A partir de 1916, Buceta foi substituído por Benigno Barros, quen iniciou unha dura campaña contra os riestristas, coincidindo coas disputas entre estes e os monteristas. Mantivo simpatías coas tendencias moderadas do movemento agrarista e, desde 1921, funcionou como voceiro do Partido Reformista de Pontevedra. Na súa última etapa foi dirixido por Roberto Blanco Torres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DIARIOS

    Diario publicado en Lugo a partir do 17 de agosto de 1908. Tivo, entre outros subtítulos, “Diario Liberal”, “Diario político y de información” ou “Diario de información”. Fundado por Purificación de Cora y Mas Villafuerte e Fernando Pardo Suárez, o seu primeiro director foi Xosé Gayoso Castro; ocuparon este cargo sucesivamente os seus fundadores, diversos membros da familia Cora, como Antonio de Cora y Sabater, Purificación de Cora Sabater e José de Cora Paradela, ademais de reputados xornalistas, como Xosé Trapero Pardo, Pedro de Llano López, Fernando Salgado e Lois Caeiro. Desde o seu inicial compromiso co Partido Liberal e cunha marcada tendencia monterista, o xornal foi evolucionando cara a un compromiso coa información local, o que o converteu no periódico líder en Lugo e un dos máis importantes da provincia. Desde as primeiras edicións, Antonio de Cora creou o personaxe xornalístico de Pelúdez, un dos símbolos do xornal, que aparece polas festas do San Froilán. Tras varios cambios...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo empresarial de medios de comunicación constituído a partir da década de 1990 e que ten como empresa matriz o xornal El Progreso. Presidido por Blanca García Montenegro, as primeiras empresas do grupo foron Produtora TV El Progreso e El Progreso-Artes Gráficas (1992), á que se lle uniu, en 1996, a televisión local Lugovisión. En novembro de 1998 o grupo adquiriu a outra televisión local da provincia, Televisión de Lugo, e, coa fusión de ambas, creou Telelugo, que en 2001 se incorporou a Localia, do Grupo PRISA. O 10 de xaneiro de 1997 creouse LugoPress, a filial para producións audiovisuais. O grupo complétase co semanario La Comarca del Eo, que se publica en Ribadeo desde 1919 e o Diario de Pontevedra, que entrou o 25 de xuño de 1999. A sociedade, que tamén participa na Axencia Galega de Noticias (AGN), constituída en 1986, converteuse en accionista do Grupo R en 1998.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? 1380? - Lipany 1434) Caudillo checo. Comandante dos exércitos taboritas en Bohemia, causou a desfeita do legado papal Cesarini en Domažlice (1431). Bo diplomático, foi xefe da embaixada bohemia no Concilio de Basilea (1433), comandante dos exércitos husitas en Bohemia e acabou rebelándose contra o sector máis moderado destes. Vencérono na Batalla de Lipany as forzas husitas e católicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grao empregado para medir a cantidade de alcohol que hai nunha mestura de alcohol e auga. Cómpre distinguir o estadounidense do británico. Unha mestura de alcohol e auga ten un grao proof spirit estadounidense cando o 50% do volume é de alcohol, e ten 1 grao proof spirit británico se, a 11°C, o alcohol pesa 12/13 veces un volume igual de auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Descrición dos trazos físicos ou do aspecto exterior dunha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gráfico das fraccións proteicas do soro sanguíneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Obra literaria atribuída por erro de tradición ou por falsificación a quen non é o autor verdadeiro.

    2. Libro non canónico do Antigo Testamento, de acordo coa nomenclatura protestante, e que corresponde, para os católicos, ao apócrifo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase a unha obra ou escritura atribuída falsamente a quen non é o autor.

    2. Persoa que falsifica unha escritura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Punxeiro (Viana do Bolo). Coñecida como a casa dos Escarpizos, ten planta rectangular e dúas alturas, con patios interiores. Os muros son de lousa lucida. Ten unha capela barroca de cantaría no centro da fachada principal, fundada en 1726 por orde de Rodrigo Noboa Pimentel Sarmiento, e un portal con tres arcos que servía de paso da vivenda ao coro da capela. Ten pombal e fonte nas súas proximidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de danzas formado en Ourense en 1994 e dirixido por J. A. Viñas Mira. Constituído por 38 compoñentes, basean os seus espectáculos na cultura tradicional e popular galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático estadounidense. Formouse na Harvard University, e creou a denominada teoría alxébrica K, que, por medio de cálculos xeométricos e topolóxicos, axudou a resolver importantes problemas alxebraicos. Recibiu a Medalla Fields (1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade de traballo que se emprega no sistema técnico e que equivale ao traballo necesario para levantar un quilogramo a un metro de altura: 1kgm = 1kp ·1m.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Unidade de masa no S I, do que é unha das sete unidades básicas. É a masa do prototipo internacional do quilogramo, construído en platino iridiado, e que é conservado na Bureau International des Poids et Mesures de Sèvres (Francia).

    2. quilopond.

    VER O DETALLE DO TERMO