"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

    1. Deporte de oposición con balón disputado entre dous equipos de 11 xogadores cada un que teñen como obxectivo introducir o balón na meta defendida polo equipo contrario, para o cal se axudan fundamentalmente dos pés, cos que desprazan e guían o balón.
      Regulamentación
      O terreo de xogo é de forma rectangular, delimitado por liñas denominadas de banda, ao longo, e de gol, ao largo. As súas dimensións son variables. O terreo de xogo divídese en dúas metades iguais. A meta sitúase sobre un segmento da liña de gol delimitado por unha portería. Un dos xogadores do equipo debe actuar como porteiro; a este permíteselle empregar as mans para interceptar o balón en accións defensivas no interior da súa área de portería. Unha área do porteiro e unha área de penalti delimitan espacios nos que o porteiro goza deste privilexio. As infraccións ás regras de xogo sobre o contrario que cometan os xogadores na súa propia área de penalti sanciónanse cun lanzamento desde un punto situado...

    2. Disciplina deportiva baseada no xogo do rugby. Walter Camp, xogador da Yale University redactou as primeras regras da nova disciplina en 1876. Os equipos compóñense de 11 xogadores sobre o terreo de xogo.

    3. Disciplina deportiva émula do fútbol que se disputa nun terreo de xogo de dimensións idénticas a un campo de balonmán, de 40 m de longo por 20 m de largo, normalmente en recintos cubertos. Para adaptarse ás dimensións e características do terreo de xogo tamén se modifican as especificacións do balón, máis pequeno e pesado, e da portería (de 3m de longo por 2 de alto). Tamén difire o calzado dos xogadores, pois ao desenvolverse o xogo sobre unha superficie homoxénea de pavimento artificial, non se precisa o uso de tacos para obter adherencia, como no fútbol. Ten a súa orixe en Uruguay. A gran superficie requerida para o acondicionamento dun terreo de xogo de fútbol non podía ser asumida polos centros escolares, pero, malia todo, o profesor Juan Carlos Ceriani observou que os rapaces xogaban á pelota de xeito similar nos patios dos que dispuñan e mesmo nas rúas e prazas. Ceriani elaborou unha regulamentación baseada noutros deportes: reduciu as dimensións do terreo de xogo e das porterías...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Club deportivo fundado en Barcelona o 29.11.1899. Viste camiseta de raias azuis e granate e pantalón azul. O seu equipo de fútbol, campión da Copa de Europa na tempada 1991-1992, posúe ademais 4 títulos da Recopa de Europa, 3 da Copa de Feiras (trofeo que adquiriu en propiedade), 16 campionatos da liga española e 24 da Copa de España. Creado en 1942, o seu equipo de balonmán, campión de Europa en 6 ocasións (1990-1991, 1995-1996, 1996-1997, 1997-1998, 1998-1999 e 1999-2000), gañou tamén 5 títulos da Recopa de Europa, 4 da Supercopa de Europa, 18 da liga española, 13 da Copa de España e 5 da Copa Asobal. O equipo de hóckey a patíns, tamén creado en 1942, proclamouse campión da Copa de Europa en 14 edicións, campión da Recopa de Europa nunha e posúe ademais 10 títulos da Supercopa de Europa, 15 ligas españolas, 13 Copas de España e 2 Copas Intercontinentais. A sección de baloncesto, fundada en 1926, foi campioa do Mundial de Clubs FIBA na tempada 1984-1985; ademais logrou o título da Recopa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista deportiva editada en Vigo a partir de 1978 por Jaime Cros. Subtitulouse “Anuario del fútbol gallego” e incluíu datos sobre a federación rexional, unha relación dos árbitros adscritos ao colexio rexional, calendarios dos encontros, a historia dos clubs que militan nas diversas categorías e as xuntas directivas e xogadores que conforman cada un dos equipos galegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. (

    2. Que ou quen é afeccionado ao fútbol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Molécula composta por 60 átomos de carbono, C60, que constitúe unha terceira forma de carbono cristalizado. O seu nome débese á súa forma esférica, con doce pentágonos e vinte hexágonos, como un balón de fútbol. Sintetizouse no laboratorio seguindo as propostas de H. W. Kroto, R. F. Curl e R. E. Smalley. A síntese do futboleno e as moléculas semellantes poden presentar propiedades moi interesantes, entre as que destacan as ópticas e as eléctricas; poden permitir a fabricación de elementos semicondutores, e apúntase a posibilidade de que sexan supercondutores. O futboleno fluorado C60F60 pode ser un bo lubricante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Xogo que se practica nunha táboa que representa un campo de fútbol; consiste en accionar, grazas a unhas barras transversais, unhas figuriñas de xogador de maneira que golpeen unha bóla procurando introducila na portería.

    2. Aparato co que se practica este xogo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xogador de fútbol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao futbol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Club deportivo portugués. Fundado no Porto o 28 de setembro de 1893, o seu uniforme consta de pantalón azul e camiseta de raias verticais azuis e brancas. O equipo de fútbol proclamouse campión da Copa de Europa na tempada 1986-1987, o que lle permitiu disputar a Supercopa de Europa e a Copa Intercontinental subseguintes, que tamén gañou. Obtivo ademais 18 títulos da liga portuguesa, 11 da Taça de Portugal, 4 campionatos nacionais e 12 supertaças de Portugal. O equipo de hóckey a patíns tamén foi campión de Europa, nas tempadas 1985-1986 e 1989-1990, ademais de vencedor da Recopa de Europa noutras dúas oportunidades (1981-1982 e 1982-1983) e da Supercopa de Europa na tempada 1986-1987. Mantén seccións de baloncesto, balonmán, halterofilia, karate, natación e ximnasia; historicamente tamén acolleu no seu seo disciplinas como atletismo, boxeo, ciclismo, tenis e water-polo. Dende 1995 o club emprendeu un proceso de expansión e diversificación das súas actividades que o levou a crear o Grupo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Naum Neemia Pevsner.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado de África ecuatorial que limita ao O co Océano Atlántico, ao NO con Guinea Ecuatorial, o N con Camerún e ao L e S coa República do Congo (267.667 km2; 1.226.000 h [2000]). Esténdense entre os 2° N 4° S de latitude e os 9° 14° de lonxitude L. A capital é Libreville.
    Xeografía física

    Relevo, hidrografía e climatoloxía
    Na parte occidental existe unha franxa costeira de terras baixas, xeralmente de pouca anchura. Cara ao interior unha ampla meseta esténdese polo L, N e S de Gabón. Os Montes de Cristal, situados ao N, acadan unha altura aproximada de 914 m. A máxima altitude está no monte Iboundji (1.575 m), no macizo de Chaillu, no centro do país. O río máis importante é o Ogooué, que desemboca no Océano Atlántico e é navegable ata Ndjolé. O clima é cálido e húmido. A temperatura varía moi pouco ao longo do ano, cunha temperatura media diaria de 26,7°C. A estación seca ten lugar de maio a setembro e de decembro a xaneiro, mentres...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gran rexión de Gabón formada polas provincias de Estuaire e de Ogooué Marítimo (43.630 km2; 561.100 h [1993]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Gabón ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Gabón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro e físico nacionalizado británico. Fixo numerosos estudios sobre óptica e electricidade, pero o seu principal logro foi a invención da técnica fotográfica coñecida como holografía. É autor de The Electron Microscope (1945), Inventing the Future (1963) e The Mature Society (1972). En 1971 recibiu o Premio Nobel de Física polo descubremento e o desenvolvemento do método holográfico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Botswana (183.487 h [1997]). Está situada ao SL do país, á beira do río Ngotwane, afluente do Limpopo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Begonte baixo a advocación de san Xiao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en San Xulián de Gaibor (Begonte). Ten planta en forma de L con dúas alturas. Na fachada principal engadíronse outros corpos. Conserva dous escudos ás beiras do balcón coas armas dos Lanzós, Baamonde e Saavedra, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Influído polos retratos de A. Van Dyck e paisaxista por vocación, adaptou o retrato á paisaxe, que deixou de ser un simple fondo e converteuse nunha parte importante dentro da pintura, en total compenetración coa personaxe retratada. Das etapas da súa produción, a de Bath (1759-1777) e a de Londres (1774-1788), a segunda presenta unha pincelada máis solta, premonitora do impresionismo. Foi autor tamén das fancy pitures, obras feitas para el, onde a súa arte se expresa con maior liberdade. As súas paisaxes, entre as que destaca O bebedoiro (1777), anuncian a paisaxe de Constable e Turner. Entre os retratos cómpre salientar Mr e Mrs Andrews (1750?), Mary, condesa de Howe (1765) e O neno azul (1779?). Foi membro da Royal Academy.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Perfil dun elemento arquitectónico, edificio ou obxecto. Aplícado á columna, tamén se denomina éntase.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Perfil exterior máximo que se pode dar ao contorno do vehículo para que poida pasar polos túneles e por outras instalacións fixas da vía. Estes han de quedar tamén por fóra dun perfil mínimo chamado gálibo de obstáculos.

    2. Arco en forma de U invertido ou outro dispositivo que marca o gálibo para atravesar un túnel ou unha ponte.

    3. Molde empregado polos carpinteiros de ribeira para contornear as cadernas ou outras pezas dunha embarcación.

    4. Bo aspecto dunha columna polas súas acertadas proporcións.

    VER O DETALLE DO TERMO