"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Proceso fonolóxico de palatalización dun fonema, que se converte en iode. Por exemplo, en latín VĪNĔA > vinia > viña; VĔTŬLU > vet’lu > vec’lu > vello.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de iodurar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Proceso de ruptura dos enlaces electrónicos nos átomos, que producen a formación de parellas de ións de cargas opostas. Os principais mecanismos de ionización son a colisión dos átomos ou moléculas con outros átomos ou ións, a interacción con algún tipo de radiación e a achega de calor.

    2. Constante do equilibrio da reacción de ionización dun ácido (K a ) ou dunha base de Brönsted (K b ) no disolvente.

    3. Enerxía necesaria para que un electrón ligado a un átomo ou a unha molécula poida escapar do sistema ao que pertence. Mídese en eV.

    4. Ionización dun átomo ou dunha molécula dun gas ou dun vapor producida cando unha partícula incide coa enerxía suficiente e lle fai liberar un electrón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial fundada en Vigo por Bieito Ledo Cabido en 1985. Ao longo da súa traxectoria exerceu a función de xerente Xelasio Suárez Santiso e desempeñaron o cargo de director literario Modesto Hermida (1985-1990), Antón Mascato (1991-1998) e Xosé A. Perozo (1998-2003). Comezou a súa andaina publicando dicionarios normativos en galego, para logo converterse nunha editorial con máis de catrocentos títulos repartidos en varias coleccións: Narrativa, onde se inclúen algúns títulos de autores galegos como Álvaro Cunqueiro, Francisco Fernández del Riego, Alfredo Conde, Xosé Mª Álvarez Blázquez, Xosé A. Perozo, Marilar Aleixandre e Tucho Calvo, ademais de traducións de autores estranxeiros, como Roald Dahl, Robert Musil ou Joseph Conrad; O Parrulo, dirixida aos primeiros lectores; Nabarquela e Elefante Contacontos, para o mundo infantil e xuvenil; Clásicos Universais, dirixida por Anxos Vázquez Rodríguez, en que se editan traducións de autores como Edgar A. Poe, Rudyard Kipling, F. Scott...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de irisar.

    2. iridescencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Congregación relixiosa fundada en Reims (1682) por Jean-Baptiste de La Salle. Foi aprobada en 1725, suprimida en 1792 e restaurada definitivamente en 1802. Dedicada sobre todo ao ensino primario, secundario, técnico e profesional, estendeuse por numerosos países de Europa e América. Introduciuse no Estado español en 1878 e con poucos meses de diferenza fundaron casas en Madrid e Barcelona.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen carece de razón

    2. Que non é conforme aos principios da razón.

      1. Aplícase á expresión que contén radicais.

      2. Relativo ou pertencente aos números irracionais.

      3. número irracional

        Número real que non pertence ao conxunto dos números racionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de irracional.

    2. Cousa falta de racionalidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de tendencias de pensamento diversas. Propugnan ben a irracionalidade do real, ben que o suxeito da fe non está ao alcance da razón ou ben a negativa dun coñecemento conceptual a favor doutra potencia congnoscitiva, como o sentimento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao irracionalismo.

    2. Seguidor do irracionalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Exposición dun corpo á acción das radiacións ionizantes. Para medila empréganse diferentes unidades, como o gray, o röntgen, o rad e o rem. A cantidade ou dose de irradiación (dose absorbida) á que é sometido o corpo humano por termo medio en calquera punto da Terra é de 100 milirems ao ano, cantidade que aumenta coa altitude.

      2. Tratamento de esterilización dos alimentos. Utilízanse radiacións ionizantes (raios gamma e electróns acelerados) para evitar alteracións dos alimentos. A doses baixas, inhibe a xerminación, retarda a maduración e exerce un efecto insecticida; a doses medianas redúcese a poboación microbiana e o número de axentes patóxenos non esporados e melloran as propiedades tecnolóxicas dos alimentos; e a doses altas, elimina os virus e produce unha esterilización comercial completa. A irradiación, non obstante, pode producir alteracións secundarias no produto alimentario ou no envase. En novembro do 1980, un comité internacional definiu a inocuidade do tratamento de irradiación dos alimentos nas doses indicadas. No Estado español a irradiación de alimentos soamente é autorizada (1986) para inhibir a xerminación.

      3. Aplicación de certos raios como forma terapéutica ou diagnóstica.

    1. Disposición anatómica de nervios ou vasos que saen dun centro común.

      1. Fenómeno semántico polo que o nome dun obxecto pasa a denominar a outros obxectos que teñen algún trazo común co primeiro. Así raíz pode referirse a unha planta, a unha palabra ou, por exemplo, a un número.

      2. irradiación sinonímica

        derivación sinonímica.

    2. Dispersión dun impulso nervioso ou dunha dor fóra da súa vía ordinaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Falta de resolución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de irrigar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de irritar ou irritarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción ou efecto de irrogar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a un campo vectorial ou rotacional que é nulo en todo o seu dominio de definición.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de irromper.

    2. Invasión dunha masa de aire frío de orixe polar despois do paso dunha familia de ciclóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que pode vir do nome grego isaios ‘igualdade’ ou do nome latino Isacius, forma antiga de Isaac. Houbo un santo Isacio, bispo e mártir, que se celebra o 21 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación sen ánimo de lucro constituída en Vigo en 1987. Presidida por Xaime Isla Couto, os seus fins son a colaboración coa Fundación Penzol na dotación dunha biblioteca interdisciplinar de ciencias humanas e sociais, a creación dun Instituto Galego de Estudios Comunitarios, e prestar axuda nas tarefas de inculcación dos valores cristiáns na sociedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de islamizar.

    VER O DETALLE DO TERMO