"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de santa María que dá nome ao concello de Ribadeo, onde se localiza a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello pertencencente á comarca da Mariña Oriental, situado no NL da provincia de Lugo e da Comunidade Autónoma de Galicia. A súa posición xeográfica é 43° 32’ 17’’ de latitude N e 7° 02’ 21’’ de lonxitude O. Limita ao N co Mar Cantábrico, ao S con Trabada (comarca da Mariña Oriental), ao L coa ría de Ribadeo e Asturias, e ao O con Barreiros (comarca da Mariña Oriental). Abrangue unha superficie de 108,9 km2, en que acolle unha poboación de 9.764 h (2007) distribuída entre as parroquias de Arante, Cedofeita, Couxela, Covelas, A Devesa, Ove, Piñeira, Ribadeo, Rinlo, Santalla de Vilausende, Vilaframil e Vilaselán. A súa capital é a vila de Ribadeo, localizada a 90 km da capital provincial. Está adscrito á diocese de Lugo e ao partido xudicial de Mondoñedo.
    Xeografía física
    O relevo de Ribadeo pódese dividir en tres unidades, a Rasa Cantábrica, os relevos residuais e as marxes da ría de Ribadeo. A Rasa Cantábrica, que ocupa a franxa setentrional, é unha...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Ribadeo a partir de abril de 1934. Cesou a finais de 1935. Fundado e dirixido por Etelvino Méndez, incluíu información local, deportiva e colaboracións literarias de Dionisio Gamallo Fierros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título que ostentaron tres liñaxes diferentes. A primeira concesión fíxoa o Rei Enrique II en 1369 ao cabaleiro Pierre de Villaines , que chegara a Castela para axudar ao monarca no seu enfrontamento con Pedro I o Cruel. Daquela as armas do condado foron as da súa liñaxe: en campo de prata tres leóns de sable, armados e lampasados de goles, e engadiu un franco cuartel coas armas de Castela e León. Cando retornou a Francia, vendeu o condado ao condestable Ruy López Dávalos (?-València 1428), que tiña como armas as da súa liñaxe: de azur un castelo de ouro e bordura de goles e prata. O condestable foi privado de Enrique III e apoiou ao seu fillo Xoán II ata que caeu en desgraza. Morreu sen descendencia e o rei concedeu o título en 1431 ao condestable Rodrigo de Villandrando (?-1448) que estivo moi vinculado ás loitas da época e boa parte da súa vida transcorreu en Francia. O seu fillo Pedro de Villadrando y Zúñiga herdou os seus...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Porto situado na ría de Ribadeo, no límite con Asturias. Posúe instalacións pesqueiras, comerciais e náutico-deportivas, estas na dársena de Porcillán, onde se atopa o Club Náutico. Conta con pantaláns, amarres, combustible, auga, electricidade, efectos navais, rampla de varada, talleres, guindastres e prazas de atraque en pantaláns flotantes. O porto pesqueiro, cunha frota non excesivamente grande pero destacada na pesca de baixura, contou en épocas anteriores con moita maior actividade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ría situada no NL da provincia de Lugo, no N da Comunidade Autónoma de Galicia. Disponse de N a S cunha lonxitude duns 10 km de longo e 800 m de anchura media. A súa orixe é de caracter mixto, cosecuencia dunha falla con dirección N-S sobre a que o río Eo escavou o seu val. A configuración actual da ría responde a unha serie de procesos de escavación e recheo do val. É unha importante paraxe de repouso migratorio e invernación das aves acuáticas europeas. Ten a denominación RAMSAR e forma parte do LIC Río Eo (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Ribadeo. Realizada en cachotaría e cantaría granítica, é unha reconstrución do antigo convento franciscano do s XIII. Consta de nave central cuberta de bóveda de nervios, capela maior, dúas capelas absidiais e outras laterais. No seu interior destacan os arcos románicos polos que se accede á antiga sala capitular desde o claustro. Na fachada principal salienta a porta gótica do s XIV con columnas e capiteis con decoración vexetal e unha gran fiestra tamén decorada. No centro da fachada sitúase unha torre-campanario gótica, e no lado esquerdo unha portada gótica semellante á principal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador inglés da literatura. Logo de formarse no King’s College de Londres, en 1953 realizou unha tese de doutoramento sobre Bécquer. Profesor en diversas universidades británicas, especializouse en B. Pérez Galdós e publicou, entre outras obras, Niebla y soledad: aspectos de Unamuno y Machado (1971), History and Fition in Galdós’s Narratives (1993) e Conflits and conciliations: the evolution of Galdós’s Fortuna y Jacinta (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Ribadeo a partir do 3 de xaneiro de 1881 que cesou o 30 de xaneiro de 1971. Subtitulouse “Periódico semanal de intereses generales, noticias y anuncios” e “Periódico de información galaico-asturiana. Decano de la prensa provincial”, a partir de 1894. Sucesor de El Eo, o seu fundador, propietario e director durante a primeira época foi Xosé Mª Páez Cancio. Tras o seu falecemento, en 1916, dirixiuno Antonio Pérez, quen foi substituído por Xosé Mª Puebla a partir de 1921. Incluíu noticias locais, traballos históricos sobre o contorno e colaboracións de destacados personaxes da vila, ademais de artigos dos seus correspondentes en Bos Aires e La Habana. En 1894 comezou unha segunda época e, a partir da Guerra Civil, tivo que adaptarse ás novas circunstancias políticas, polo que eliminou as colaboracións en galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nucleósido formado por unha ribosa e unha base nitroxenada que cando se une a un ou a varios grupos fosfatos se transforma en ribonucleótido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nucleótido que está formado por unha base nitroxenada, unha molécula de ribosa e un ou varios grupos fosfatos.

    2. Nome xenérico que reciben os ácidos inosínico e guanílico e os seus sales sódicos, que se utilizan como aditivos alimentarios en calidade de reforzantes do aroma e o sabor de certas conservas e sobre todo de moitos produtos cárnicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psicólogo francés. Considerado o iniciador da psicoloxía positivista e experimental francesa, centrouse no estudo da psicoloxía patolóxica. Das súas obras destacan Les maladies de la mémoire (1881), Les maladies de la volonté (1883), Les maladies de la personnalité (1885) e Essais sur la passion (1907).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Inglaterra (1189-1199) e duque de Aquitania (1168-1199), fillo e sucesor de Enrique II de Inglaterra e de Leonor de Aquitania. Tan pronto ocupou o trono, preparou (1189-1190) a terceira cruzada a Terra Santa, da que foi o heroe: conquistou Chipre, contribuíu á conquista de San Xoán de Acre (13.7.1191) e derrotou a Saladino I. De volta a Inglaterra, naufragou nas costas de Dalmacia e foi apresado polo duque Leopoldo de Austria, que o entregou ao Emperador Enrique VI, quen o obrigou a pagar un elevado rescate. En 1194 volveu a Inglaterra. Derrotou a Filipe II de Francia (1198), que invadira Normandie, e en loita contra os rebeldes do condado de Limoges foi ferido en Châlus. Casado con Berenguela de Navarra, morreu sen sucesión e herdou a súa coroa o seu irmán Xoán Sen Terra (Xoán I de Inglaterra).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico estadounidense. Traballou en electroquímica e termodinámica química, e ideou un tipo de calorímetro adiabático. En 1914 recibiu o Premio Nobel de Química por determinar numerosos pesos atómicos de elementos e confirmar a existencia de diferentes isótopos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Misioneiro e sinólogo italiano. Xesuíta (1571), enviárono a Goa e en 1582 a Macao. Estudou o chinés e chegou ata Pequín (1601). Con hábito de bonzo introduciu en China a cultura científica occidental, libros de filosofía e teoloxía e inaugurou unha forma de cristianismo adaptado á cultura chinesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás riciáceas.

    2. Planta da familia das riciáceas.

    3. Familia de hepáticas talosas, da orde das marchantiais, que se caracterizan pola presenza de moitas cámaras aeríferas, a ausencia de elaterios e por ter os anteridios, os arquegonios e os esporogonios afundidos no talo. Danse nas terras húmidas e na auga, e son máis abundantes no hemisferio austral.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás rickettsiáceas.

    2. Bacteria da familia das rickettsiáceas.

    3. Familia, da orde das rickettsiais, que comprende bacterias parasitas intracelulares dos artrópodos e os vertebrados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto alemán. Reconstruíu o antigo castelo de Aschaffenburgo, complexa construción renacentista que envolve un patio central e introduciu certas solucións de orixe francesa que anuncian o barroco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teorema que caracteriza os espazos vectoriais topolóxicos de dimensión finita mediante a existencia dun contorno de orixe precompacta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teorema cuxo espazo 2 de funcións de cadrado integrable respecto a unha medida m (f: ÙDC, ∫ Y f Y2d m < ∞) é un espazo completo. É un resultado básico na análise de Fourier.

    VER O DETALLE DO TERMO