"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
-
Relativo ou pertencente aos prosobranquios.
-
Molusco da subclase dos prosobranquios.
-
Subclase de moluscos gasterópodos, constituída polos caracois mariños máis comúns. Caracterízanse por ter unha cuncha xeralmente enrolada en espiral e cun opérculo. A maioría son mariños, litorais ou bentónicos. Algunhas especies teñen interese comercial pola súa carne ou ben pola nácara.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
prosénquima.
-
PERSOEIRO
Escritor. Os seus textos estiveron marcados pola controversia semipelaxiana e a defensa da doutrina de santo Agostiño. Escribiu De gratia et libero arbitrio, contra Casiano, e Pro Augustino responsiones ad capitula obiectorum vicentiarum. Foi secretario do Papa León I. A súa festividade celébrase o 25 de xuño.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos protobranquios.
-
Molusco da subclase dos protobranquios.
-
Subclase de moluscos bivalvos coas branquias con forma de peite, só encargadas das funcións respiratorias, polo que a captura do alimento se efectúa por medio dos tactos labiais. Tamén se denominan taxodontes, porque a charneira da cuncha ten dentes máis ou menos numerosos e similares, e dimiarios, por posuír case sempre dous músculos adutores.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Falso tecido de tipo plectenquimático formado por células redondeadas ou poliédricas concrescentes. Está ben desenvolvido nos esclerocios.
-
-
Relativo ou pertencente aos pseudosuquios.
-
Réptil da suborde dos pseudosuquios.
-
Suborde de réptiles tecodontes que apareceu no Triásico. Eran carnívoros, de medidas pequenas, con extremidades posteriores bastante máis longas ca as anteriores, coas que eran capaces de correr. Pode que algunha das súas especies dese orixe a unha liña evolutiva que estaría entre os antepasados das aves, dos crocodilos e dos réptiles voadores.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘alma’, ‘psique’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo usado polos psicólogos e psicanalistas modernos, no lugar das palabras alma ou espírito, que se refire á totalidade organizada dos procesos conscientes e inconscientes, e á actividade intencional do home.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Personificación mitolóxica da alma, representada como doncela dunha fermosura extraordinaria e que, segundo Apuleio, casou con Eros, co que se adoita representar artisticamente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa especializada en psiquiatría.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que ten por obxecto o estudo, a diagnose e o tratamento das desordes e as enfermidades mentais, e dos problemas de adaptación da personalidade. Desenvolveuse historicamente no marco da medicina. O estudo da patoloxía psíquica comezou propiamente no s XVI, coas achegas dos médicos renacentistas Paracelso e F. Patter, pero a constitución da correspondente especialidade non chegou ata finais do s XVIII, con W. Cullen, V. Chiarugi, J. Daquin, J. G. Langermann e Ph. Pinel. No s XIX houbo unha extraordinaria floración da psiquiatría no mundo xermánico; cómpre destacar a W. Griesinger, P. J. Moebius, que distinguiu psicoses endóxenas e esóxenas; e E. Kräpelin. En canto á psiquiatría francesa, destacan P. de Vinay, V. Magnan, B. A. Morel e P. Janet. Sucesivas achegas no campo psiquiátrico foron, entre outras, as da terapia hipnótica, as das técnicas da psicanálise e as dos máis modernos descubrimentos farmacolóxicos, así como a aplicación doutros métodos terapéuticos, como por...
-
-
Relativo ou pertencente á psiquiatría.
-
Hospital destinado á atención de afeccións psiquiátricas. OBS: Tamén recibe o nome de hospital psiquiátrico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á alma, á psique ou ao psiquismo.
-
-
Relativo ou pertencente aos psíquidos.
-
Insecto da familia dos psíquidos.
-
Familia de insectos, da orde dos lepidópteros, á que pertencen bolboretas pequenas cun dimorfismo sexual acentuado, que culmina nas numerosas especies que teñen femias ápteras e incluso algunhas ápodas. Son de voo diúrno ou crepuscular, con moitas escamas transformadas en pelos de cores apagadas. Do milleiro de especies coñecidas, en Europa habitan unhas 150.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto dos trazos característicos da psique dun individuo.
-
-
Relativo ou pertencente aos pterobranquios.
-
Hemicordados da clase dos pterobranquios.
-
Clase de hemicordados, de dimensións reducidas, que son mariños, sedentarios, filtradores e coloniais ou pseudocoloniais. Pertence a esta clase a orde dos rabdopléuridos.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos pterostiquinos.
-
Insecto da subfamilia dos pterostiquinos.
-
Subfamilia de insectos coleópteros, da familia dos carábidos, integrada por preto dunhas 5.000 especies, cosmopolitas e de medidas e formas moi diversas. Destacan os xéneros Percus, Abax, Pterostichus, Amara e Zabrus. A especie Zabrus tenebroides parasita os cereais, e algunhas do xénero Amara parasitan cereais, crucíferas e compostas, e ocasionan grandes estragos.
-
-
PERSOEIRO
Político romano. Como primeiro ditador plebeo, obtivo reivindicacións importantes para este grupo social. Foi pretor (337 a C), censor (332 a C) e cónsul (339, 327 e 320 a C) e fixo sancionar algunhas leis, as leges Publiliae, que concederon importantes vantaxes á plebe.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Profesor de debuxo, en 1960 instalouse en Mondoñedo. Traballa o ferro, a madeira e o bronce. Pertenceu a diversos grupos artísticos e foi un dos fundadores do Grupo Artístico e Cultural O Feitizo. Realizou o Monumento aos caídos de Lugo (1962) e diversos monumentos espallados pola provincia de Lugo, ademais de imaxes relixiosas como San Cristovo e San Xoán Bautista de Santa María de Burela.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado na serra de La Sagra e delimitado ao N polas comunidades de Castela-A Mancha e Murcia (2.549 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura, na gandaría e nas industrias alimentarias como a elaboración de fariña.
VER O DETALLE DO TERMO