"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primeiro libro de lectura, composto por frases e períodos curtos, que se emprega para exercitar na lectura os principiantes. Usábase de modo xeneralizado nas escolas primarias e mantivo a súa presenza ata mediados do s XX. Os seus textos facían referencia ao libro de máximas morais, de Dionisio Catón, Distica Catonis (Dísticos de Catón). Con esta estrutura e sentido moralizante, aínda que con diversos contidos, empregouse ao longo da Idade Media e tivo unha parcial renovación, como consecuencia do humanismo, a partir do s XVI. Existen varios catóns editados en Galicia, o último deles en galego, escrito por Xosé R. Fernández-Oxea en 1936, aínda que non se publicou ata 1969 (Catón galego); este exemplar converteuse no primeiro libro de texto en galego para uso escolar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa moi severa ou austera.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primeiro xornal editado en Galicia que saíu do prelo o 1 de maio de 1800 na cidade de Santiago de Compostela. Comparando a data de publicación de El Catón Compostelano coa dos primeiros periódicos españois, obsérvase o enorme baleiro no que estivo sumida a prensa galega durante unha boa parte do s XVIII. Este xornal, fundado por Francisco de Valle Inclán, nace nunha época na que era difícil sacar á luz “papeis públicos”, debido á censura previa que existía. De feito, os “autores de papeles periódicos” tiñan a obriga de presentalos asinados por si mesmos ao xuíz de imprenta, e este era o encargado de outorgar ou rexeitar a licenza de impresión se, previamente, o ditame do censor fora favorable. A aparición deste decano dos xornais galegos foi o decisivo punto de arranque para novas publicacións periódicas, pero non dunha maneira inmediata, xa que non volvería aparecer ningún outro no período que vai de 1800 a 1808. O tipo de periodismo que se fixo coa entrada das tropas napoleónicas...
-
PERSOEIRO
Escritor, orador e político romano. Chamado o Vello ou o Censor, era membro dunha familia plebea. Participou na Segunda Guerra Púnica (217 a C) e fixo carreira política en Roma axudado por Lucio Valerio Flaco. Comezou como cuestor en Sicilia no 204 a C con Publio Cornelio Escipión o Africano. Elixido edil no 199 a C, reinstaurou os xogos plebeos. No 198 a C foi pretor en Sardeña, onde adquiriu popularidade pola súa sobriedade e xustiza no desempeño do cargo, feito que lle axudou a acadar o consulado no 195 a C. Durante este mandato trasladouse a Hispania para sufocar un levantamento indíxena. Participou tamén como tribuno militar na expedición contra Antíoco no ano 191 a C. No ano 184 a C foi elixido censor e aplicou unha política na que cargou con impostos o luxo e realizou importantes obras públicas na cidade. Combateu a política liberal e filohelénica dos Escipións en defensa das tradicionais virtudes romanas (aforro, austeridade e xustiza), virtudes que practicou...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político romano. Chamado o Uticense, era bisneto de Catón o Vello. Comezou a súa carreira pública como tribuno militar en Macedonia, no ano 72 a C, onde coñeceu as doutrinas filosóficas estoicas. Ao seu retorno a Roma, exerceu de cuestor atacando os colaboradores do tirano Sila. Elixido tribuno no ano 62 a C, compartiu o cargo con Cicerón e Catulo, e loitou no Senado contra as ambicións de César, Craso e Pompeio. Durante o consulado de César foi encarcerado, pero a presión popular liberouno. No ano 54 a C accedeu ao cargo de cuestor, desde o que tentou corrixir a situación de corrupción e desorde imperante. Cando se desencadeou a guerra civil púxose de parte de Pompeio, ao que seguiu ata á súa morte. Logo marchou en axuda de Escipión. Suicidouse despois da derrota de Thaos. Foi considerado como un exemplo para os estoicos. Dos seus escritos, consérvase unha carta a Cicerón.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da óptica que estudia a reflexión da luz.
-
-
Relativo ou pertencente á catóptrica.
-
Que se produce por reflexión da luz.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arte de adiviñar por medio de espellos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Recoñecemento do corpo humano con aparatos catóptricos.
-
-
Número equivalente a dez máis catro.
-
Que ocupa o lugar número catorce nunha serie. OBS: Nesta acepción adquire valor de ordinal e, polo tanto, equivale a décimo cuarto.
-
Representación gráfica dese número. OBS: Na numeración arábiga represéntase por 14 e na romana por XIV.
-
Cousa designada co número catorce.
-
Décimo cuarta hora despois das doce da noite, isto é, as dúas do mediodía. OBS: Xeralmente vai precedido do artigo determinado as.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Data da proclamación da Segunda República española, despois do éxito republicano das eleccións municipais do 12 de abril de 1931. En Madrid a xornada foi intensa en negociacións diplomáticas, que remataron coa marcha do rei. Tiñan como obxectivo evitar actitudes de resistencia e conseguir un cambio de poderes sen violencia. O comité republicano converteuse en goberno provisional e estivo presidido por Niceto Alcalá Zamora. Nas principais vilas galegas, o pobo manifestouse portando a bandeira republicana e tomando os concellos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Data da festa nacional francesa. Instaurada en 1880 durante a Terceira República en memoria do día en que os cidadáns de París tomaron a Bastilla, feito que marcou o inicio da Revolución francesa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Propostas de paz, anunciadas o 8 de xaneiro de 1918 polo presidente dos EE UU Woodrow Wilson perante o Congreso. Tiñan como obxectivo establecer as bases dunha paz xusta e duradeira despois da Primeira Guerra Mundial. Sinteticamente, os catorce puntos pedían: a renuncia á diplomacia secreta mediante a firma de convenios abertos entre os países, que debían acadarse publicamente; a liberdade de navegación fóra das augas territoriais; a supresión das barreiras comerciais internacionais e o establecemento dun réxime de igualdade nas relacións comerciais das nacións defensoras da paz; unha redución do armamento ao mínimo necesario para a seguridade interior de cada estado; a solución das reivindicacións coloniais atendendo tamén á poboación colonial; a evacuación por parte de Alemaña do territorio ruso con garantía de autonomía; a restauración de Bélxica; a evacuación de Francia e a devolución da Alsacia e Lorena; o reaxuste da fronteira italiana seguindo liñas de nacionalidade claramente recoñecibles;...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das catorce partes nas que se divide unha unidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ocupa o número catorce nunha serie. OBS: Nesta acepción adquire valor de ordinal e, polo tanto, equivale a décimo cuarto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Período que comprende o s XV. OBS: Adoita escribirse en maiúscula.
-
-
Catro veces cen.
-
Que nunha serie ocupa o lugar catrocentos. OBS: Nesta acepción adquire valor de ordinal e, polo tanto, equivale a cuadricentésimo.
-
Representación gráfica dese número. OBS: Na numeración arábiga represéntase por 400 e na romana por CD.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das catrocentas partes nas que se divide unha unidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Christopher St John Sprigg.
-
GALICIA
Artista plástico, fillo de Ventura Caulonga. Estudiou belas artes na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela, baixo a dirección de Asorey; coñeceu a escola de pintura de Tito Vázquez e completou a súa formación con Roberto González del Blanco. Dende 1956 residiu en Madrid onde asistiu ás clases do Círculo de Bellas Artes. Traballou no taller do gravador Dimitri Papageorgius. Cultivou o debuxo, o gravado e a escultura e, sobre todo, a pintura ao óleo. Interesado polos primitivos renacentistas, a pintura flamenga e as últimas vangardas, buscou a plasmación da realidade e dos soños do home. Realizou traballos de restauración na catedral de Friburgo e as escenas dos baixorrelevos que decoran os bancos da Plaza Mayor de Madrid. As súas creacións están en diversos museos galegos, nacionais e internacionais.
VER O DETALLE DO TERMO