"AND" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3994.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sergej Aleksejev.
-
PERSOEIRO
Pintor e gravador. Autodidacta, recibiu a influencia do impresionismo e do realismo e creou unha obra chea de simbolismos e de visións fantásticas. Da súa obra destaca L’apprenti sorcier (1959).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro de India, situado entre Patna e Rājgīr, centro dunha universidade budista fundada por Kumaragupta I. Posúe unha biblioteca monumental, ampliada constantemente coas achegas de manuscritos feitos como un traballo universitario. Coa chegada da corrente relixiosa budista tántrica, no s XIII, caeu en decadencia.
-
PERSOEIRO
Filósofo, poeta e crítico literario armenio. Demócrata revolucionario e profesor de armenio en Moscova, foi preso e deportado. Dos seus traballos de ensaio descatan Reč ob arm’anskoj slovesnosti (Discurso sobre filosofía armenia, 1854) e Sos e Varditer (1860).
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión da África sudoccidental, que está dividida polo río Orange, entre a Little Namaqualand, ao NO da República Sudafricana e a Great Namaqualand, ao S de Namibia. Habitada polos namas, a economía baséase na gandaría e na explotación de importantes xacementos mineiros.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista portugués. Poeta do Novo Cancioneiro, foi o precursor do neorrealismo portugués con Terra (1941). Iniciou a súa carreira en 1938 con Relevos e As sete partidas do mundo. Preocupado polos problemas da sociedade, da súa produción destacan Fogo na noite escura (1943), Retalhos da vida de um médico (1949 e 1963), Casa da Malta (1945), O trigo e o joio (1954), Domingo à tarde (1961), O rio triste (1982) e Sentados na relva (1986).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Individuo masculino, nas edogoniais, que se orixina por unha andróspora, que consta de moi poucas células e está fixado na parede dun oogonio.
-
-
CIDADES
Cidade do estado de Mahārā ṣ h ṭ ra, India, situada nas ribeiras do Godāvari (274.626 h [1991]). É un centro comercial, e ten industrias de fío, de algodón, de tecidos e confección. Conserva o famoso templo de Sikh.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos nandi e á súa lingua.
-
Individuo do pobo nandi.
-
Pobo da África oriental, de raza nilótica. Habitan a beira do lago Vic22toria, nos estados de Kenya e Tanzania. A súa cultura é basicamente gandeira, aínda que comezan a sedentarizarse e a practicar o cultivo da terra.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de mamíferos carnívoros da familia dos vivérridos. A este xénero pertence a especie N. binotata, de ata 1,10 m de lonxitude, incluída a cola, que é case tan longa como a cabeza e corpo xuntos, e máis escura que o resto do corpo. Ten unha coloración variable, entre grisácea e marrón, e a miúdo posúe dúas manchas cremosas entre os ombreiros. Teñen patas e orellas curtas, estas últimas redondeadas. Habita en África, desde Guiné-Bissau ata o S de Sudán e desde o S ao N de Angola e L de Zimbabwe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Esteroide anabólico de estrutura semellante á da testosterona, que se subministra cando un quere incrementar o peso e o desenvolvemento.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Camporramiro (Chantada). O seu cumio acada os 630 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo de EE UU que se encarga de coordinar, dirixir e impulsar os programas civís de investigación aeroespacial e responsable da administración dos fondos que lle son destinados. A NASA foi legalmente creada en 1958, co impulso da American Rocket Society e da National Academy of Sciences, e ten a súa sede en Washington. As investigacións céntranse no voo espacial tripulado (lanzadeira espacial, estacións espaciais), na ciencia espacial (física e astronomía, exploración planetaria e lunar, foguetes lanzadores), nas aplicacións espaciais (meteoroloxía, física do Sol e dos océanos, telecomunicacións), na tecnoloxía aeronaútica, espacial e nuclear, e outras. Como traballos notables destacan o programa Apolo e os programas EOS e da Estación Espacial Internacional.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Principal organismo federal estadounidense para a investigación científica en física, química, metalurxia e enxeñaría. Fundouse en 1901 para supervisar os métodos e os patróns de medir empregados no país e para investigar. Consta de catro centros principais: o Laboratorio Nacional de Medidas, o Laboratorio Nacional de Enxeñaría, o Instituto para as Ciencias da computación e a tecnoloxía e o Centro para a ciencia dos materiais, repartidos nas instalacións de Gaithersburg (Maryland) e Boulder (Colorado).
-
PERSOEIRO
Político e escritor. Coñecido como Naugerius, foi cronista oficial da República de Venecia (1516), e foi enviado por esta como embaixador ante o Emperador Carlos V (1525-1526) e posteriormente ante Francisco I de Francia (1528). Escribiu as súas impresións da viaxe en Viaggio fatto in Spagna ed in Francia (1563).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Catedrático musical e director de coro. Foi director da Coral Universitaria de Madrid e presidente da Comisión de Arte Centro Gallego de Madrid. Autor da tradución de óperas ao galego, das que destacan La seva padrona, Bastián ed Bastiana, Il maestro di música e La represa, foi nomeado Socio de Honor de la Coral Mercedaria de Madrid.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso dominicano. Foi prefecto das misións dominicanas en China (1664) e atacou as teorías rituais dos misioneiros xesuítas. Foi arcebispo de Santo Domingo (1682) e escribiu Tratados históricos, políticos, étnicos y religiosos (1676) e Controversias antiguas y modernas (1679).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Coñecido como o Mudo, estudou en Italia e criouno Filipe II. Traballou no Real Monasterio de San Lorenzo de El Escorial onde realizou Martirio de san Jaime (1571), Nacimiento de Cristo (1575) e Entierro de san Lorenzo (1579).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Texto anónimo escrito en latín entre os ss IX-X. Durante a Idade Media circularon numerosas versións, das que destacan as de Benedeit (1200), catro redactadas en Italia (ss XIII-XIV) e dúas conservadas na Biblioteca Nacional de Lisboa. Vinculado coa tradición céltica, narra a viaxe de sete anos de duración de San Brandán, un monxe irlandés que viviu entre os ss V e VI, na procura do paraíso.